Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 9 de febreiro de 2022 Páx. 9878

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 31 de decembro de 2021, conxunta da Consellería de Cultura, Educación e Universidade e da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas e outras accións de fomento nas universidades do Sistema universitario de Galicia, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2022 (códigos de procedemento ED431C, IN607A, ED431B, IN607B, ED431F e IN607D).

Advertido un erro na citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 22, do 2 de febreiro de 2021, procédese a realizar a seguinte corrección:

Na páxina 6831, onde di: «Persoal contratado nos Programas Beatriz Galindo, ..., Intalent ou no Programa de captación de talento investigador de excelencia da Uvigo. Poderá ostentar a condición de coordinador/a, agás no caso dos programas Juan de la Cierva e Marie Curie», debe dicir: «Persoal contratado nos programas Beatriz Galindo, ..., Intalent, Programa de captación de talento investigador de excelencia da Uvigo, Programa piloto da Universidade de Santiago de Compostela para a contratación de persoal investigador distinguido. Poderá ter a condición de coordinador/a, agás no caso dos programas Juan de la Cierva e Marie Curie».