Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 9 de febreiro de 2022 Páx. 9879

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 1 de febreiro de 2022, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Emprego e Igualdade, pola que se dá publicidade dunha encomenda de xestión ao medio propio Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) para apoio técnico á representación autonómica de Galicia no Consello de Emprego, Política Social, Sanidade e Consumidores da UE (EPSCO).

De conformidade co previsto no artigo 9 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, e no artigo 8 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, dáse publicidade á Resolución do 30 de decembro de 2021, da Consellería de Emprego e Igualdade, pola que se encomenda á empresa Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) tarefas de apoio técnico á representación autonómica de Galicia no Consello de Emprego, Política Social, Sanidade e Consumidores da UE (EPSCO), coas seguintes características:

– Actividade: o encargo comprende o apoio técnico á representación autonómica no Consello de Empleo, Política Social, Sanidade e Consumidores da UE (EPSCO), durante o primeiro semestre de 2022 en que dita representación corresponde á Comunidade Autónoma de Galicia.

Para iso, levaranse a cabo as seguintes actividades: apoio ás reunións dos grupos de traballo preparatorios do Consello; recompilación, tradución e elaboración de resumos coa información relativa aos asuntos tratados nas reunións; apoio ás visitas de autoridades e outros axentes sociais da Comunidade Autónoma de Galicia; captación de información e documentación de interese para a súa difusión entre as comunidades autónomas; apoio á distribución da información e documentación aos departamentos das comunidades autónomas e ás oficinas das comunidades autónomas en Bruxelas.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: este encargo ten natureza intersubxectiva, ao ter a empresa Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) a consideración de medio propio instrumental da Administración segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro, e de conformidade co disposto no artigo 47 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: o prazo de execución é de seis (6) meses e comeza o 1 de xaneiro de 2022.

– Importe: o importe do encargo ascende á cantidade de sesenta e seis mil seiscentos noventa euros e vinte céntimos (66.690,20 €), con cargo ás aplicacións orzamentarias 11.01.321A.227.99, 11.02.313B.227.99 e 11.05.323A.227.99.

Santiago de Compostela, 1 de febreiro de 2022

José Ramón Pardo Cabarcos
Secretario xeral técnico da Consellería de Emprego e Igualdade