Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 9 de febreiro de 2022 Páx. 10284

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO de aprobación da oferta de emprego público correspondente ao exercicio 2021.

En cumprimento do establecido no artigo 70.2 do texto refundido do Estatuto básico do empregado público, e no artigo 48.4 da Lei do emprego público de Galicia, faise público que a Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou, o 29 de decembro de 2021, a oferta de emprego público correspondente ao exercicio 2021 nos seguintes termos:

1º. Aprobar a oferta de emprego público correspondente ao exercicio 2021, na cal se inclúen as seguintes prazas de acceso libre:

2 Traballadores sociais. Escala de Administración especial, subescala técnica, clase media. Grupo A, subgrupo A2.

5 Operarios. Escala de Administración especial, subescala de servizos especiais. Clase: persoal de oficios. Agrupacións profesionais sen requisito de titulación.

2 Conserxes. Escala de Administración especial. Subescala de servizos especiais. Clase: prazas de cometidos especiais. Agrupacións profesionais sen requisito de titulación.

1 Médico/a da Unidade Asistencial de Drogodependencias. Escala de Administración especial, subescala técnica, clase superior. Grupo A, subgrupo A1.

1 Enxeñeiro/a técnico/a de obras públicas. Escala de Administración especial, subescala técnica, clase media. Grupo A, subgrupo A2.

2 Técnicos/as de Administración xeral. Escala da Administración xeral. Subescala técnica. Grupo A, subgrupo A1.

1 Educador/a social do Centro de Información Municipal da Muller. Escala de Administración especial, subescala técnica, clase media. Grupo A, subgrupo A2.

Con respecto á reserva de prazas para persoas con discapacidade, a reserva establécese nunha das prazas de conserxe. As bases do proceso selectivo poderán prever que, no caso de quedar deserta esta praza, se acumule á convocatoria xeral de prazas de acceso libre para a súa cobertura polos aspirantes desta quenda.

O proceso selectivo aplicable será, en todos os casos, o de concurso-oposición.

2º. Ordenar a publicación da oferta de emprego no Boletín Oficial da provincia, no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial del Estado.

O que se fai público advertindo que contra este acordo as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, ante a Xunta de Goberno, no prazo dun mes, ou ben, alternativamente, recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense. Non se poderán interpoñer ambos os recursos de xeito simultáneo. Os prazos indicados computaranse de data a data, a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer calquera outro recurso que consideren oportuno.

Ourense, 29 de decembro de 2021

Gonzalo Pérez Jácome
Alcalde