Mediante a Resolución da Alcaldía, do 2 de febreiro de 2022, resolveuse nomear, conforme a proposta do tribunal de selección, como funcionaria de carreira do Concello de Brión para ocupar unha praza de técnico/a da Administración local, pertencente ao grupo A, subgrupo A2, encadrada na escala de Administración xeral, subescala técnica, a María Dolores Torrado Ares, DNI: ***7937**.
Brión, 2 de febreiro de 2022
Pablo Lago Sanmartín
Alcalde