Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 9 de febreiro de 2022 Páx. 10282

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arteixo

ANUNCIO de convocatoria de varias prazas.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 239, do 17 de decembro de 2021, publicáronse integramente as convocatorias e as bases que rexerán os procesos selectivos, polo sistema de concurso-oposición, para a cobertura en propiedade como persoal funcionario de carreira de tres (3) prazas de administrativo/a unha (1) praza restrinxida colectivo diversidade funcional e, como persoal laboral, de dúas (2) prazas de orientador/a laboral, unha (1) praza de mediador/a intercultural e trece (13) prazas de limpador/a.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 246, do 28 de decembro de 2021, publicáronse integramente as convocatorias e as bases que rexerán os procesos selectivos, polo sistema de concurso-oposición, para a cobertura en propiedade como persoal funcionario de carreira de dúas (2) prazas de arquitecto/a técnico/a-enxeñeiro/a edificación, unha (1) praza de enxeñeiro/a técnico/a industrial e unha (1) praza de oficial de policía local por promoción interna.

As instancias en que se solicita tomar parte nos procesos selectivos presentaranse na forma prevista nas mencionadas bases, no prazo de vinte días naturais contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios relacionados con estas prazas publicaranse no Boletín Oficial da provincia da Coruña e no taboleiro de edictos do Concello de Arteixo.

Arteixo, 3 de xaneiro de 2022

Carlos Calvelo Martínez
Alcalde presidente