Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 10 de febreiro de 2022 Páx. 10522

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 13 de xaneiro de 2022, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se somete a información pública a documentación da revisión da autorización ambiental integrada da planta de envasado de leite UHT que Leche de Galicia, S.L. posúe no concello de Vilalba (Lugo) (expediente 2020-IPPC-M-38).

Para os efectos previstos no Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), faise público que por espazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposto o documento titulado:

– «Leche de Galicia, S.L. Revisión de autorización ambiental integrada. Outubro de 2021».

Para que calquera interesado poida consultalos e, de ser o caso, formular no citado prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere oportunas, os documentos estarán á disposición dos administrados, en horario de atención ao público, nas seguintes dependencias:

– Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación (rúa de San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela).

Ademais, poderán acceder a esta información na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda ((http://cmatv.xunta.gal>>medio ambiente e sostibilidade>> prevención e control de actividades>>autorización ambiental integrada>>proxectos en información pública).

Santiago de Compostela, 13 de xaneiro de 2022

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático

ANEXO

Memoria resumo

Clave do expediente: 2020-IPPC-M-38.

Peticionaria: Leche de Galicia, S.L.

NIF: B27126010.

Domicilio social: estrada de Meira, s/n, Sancovade.

Localización da instalación: estrada de Meira, s/n, Sancovade.

Actividade: fábrica de elaboración de leite UHT (enteiro, semidesnatado e desnatado), leites especiais e ecolóxico, englobada no anexo I del Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación; epígrafe 9.1.c).

Descrición das instalacións: a planta consta dun complexo principal de procesado de leite, zona de servizos auxiliares, tratamento de augas residuais e aparcadoiro.

Verteduras:

Existe unha rede separativa de augas residuais e augas pluviais limpas:

• As augas pluviais limpas son conducidas paralelamente ás residuais sen chegar a entrar no circuíto de depuración e incorpóranse nun predio sen depuración previa.

• As augas residuais de proceso, así como a auga resultante do lavado de camións, as augas residuais fecais e as augas residuais pluviais sucias son conducidas a un único colector á entrada da estación depuradora de augas residuais. O efluente depurado incorpórase ao río Fabilos.