Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 10 de febreiro de 2022 Páx. 10521

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 26 de xaneiro de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, de consignación do prezo xusto determinado polo Xurado de Expropiación de Galicia no expediente IN407A 2016/1238-1, no concello de Oleiros.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante o presente anuncio infórmase da consignación do prezo xusto determinado polo Xurado de Expropiación de Galicia, máis os xuros correspondentes, no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada anexo I recuamento LMT SAD-704, contorno do faro de Mera, no concello de Oleiros (expediente IN407A 2016/1238-1), correspondentes aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

A Coruña, 26 de xaneiro de 2022

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2016/1238-1.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: anexo I recuamento LMT SAD-704, contorno do faro de Mera.

Concello: Oleiros.

Predio

Titularidade proposta

Depósitos

Importes

5

Descoñecida

1740/2021

91/2022

253,19 €

0,72 €