Advertidos erros na citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 22, do mércores 2 de febreiro de 2022, efectúanse as seguintes correccións:
Na páxina 6928, no artigo 10, onde di: «O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Para estes efectos, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se este último día é inhábil, entenderase prorrogado ata o primeiro día hábil seguinte. Se no mes de vencemento non hai día equivalente, entenderase que o prazo expira o último día do mes.», debe dicir: «As solicitudes de axudas presentaranse desde o día seguinte ao da data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia ata o 30 de setembro de 2022.».