Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 10 de febreiro de 2022 Páx. 10492

IV. Oposicións e concursos

Parlamento de Galicia

RESOLUCIÓN do 1 de febreiro de 2022 pola que se nomea como persoal funcionario de carreira do corpo administrativo a persoa aspirante que superou o proceso selectivo convocado polo Acordo do 10 de maio de 2021.

A Mesa do Parlamento de Galicia, na súa reunión do 24 de xaneiro de 2022 (Boletín Oficial do Parlamento de Galicia número 266, do 24 de xaneiro), acordou a resolución e aprobación do proceso selectivo para ingresar nunha praza do corpo administrativo do Parlamento de Galicia, por promoción interna mediante o sistema de concurso-oposición.

De acordo coas bases da convocatoria e no uso das facultades que me confire o Estatuto de persoal e o Regulamento de organización e funcionamento do Parlamento de Galicia,

RESOLVO:

Primeiro. Nomear persoal funcionario de carreira do corpo administrativo do Parlamento de Galicia, grupo C, a Marina López Gómez (DNI nº ***6719**).

Segundo. Para adquirir a condición de persoal funcionario de carreira do corpo administrativo do Parlamento de Galicia, a interesada deberá tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes, que comezará a computar a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia.

Terceiro. Publicar esta resolución no Diario Oficial de Galicia, no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia e na páxina web corporativa.

Cuarto. Notificarlle esta resolución á interesada, ao Servizo de Persoal e Réxime Interior e á Intervención e Asuntos Económicos.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor, potestativamente, recurso de reposición ante a Presidencia do Parlamento de Galicia no prazo dun (1) mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous (2) meses, contados desde o día seguinte ao da súa publicación, segundo a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 1 de febreiro de 2022

Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente do Parlamento de Galicia