Ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por non ser posible a notificación persoal aos interesados, notifícase ás persoas que no anexo se mencionan que resolvo publicar por este medio que se ditaron resolucións de cancelación das inscricións no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE).
Os expedientes relacionados atópanse á disposición dos interesados para que, se é o caso, poidan consultalos na citada Xefatura Territorial de Ourense, situada na avenida de La Habana, nº 79, 1º, 32004 Ourense.
Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada ante o director xeral de Xustiza, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta notificación. Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme para todos os efectos regulamentarios.
O que se notifica de acordo coa normativa indicada.
Ourense, 26 de xaneiro de 2022
Manuel Pardo Cid
Xefe territorial de Ourense
ANEXO
Nº de expediente |
NIF/equivalente |
OU-2011/00024 |
44453082Q |
OU-2011/00137 |
Y1883281D |
OU-2011/00137 |
76712902J |
OU-2017/00164 |
34965372J |