Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 11 de febreiro de 2022 Páx. 10813

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 31 de xaneiro de 2022, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de estatísticos/as, convocado pola Orde do 22 de abril de 2019, pola que se dá publicidade de diversos acordos.

En sesión que tivo lugar o 31 de xaneiro de 2022, o tribunal nomeado pola Resolución do 7 de maio de 2021 (DOG núm. 91, do 18 de maio) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de estatísticos/as, convocado pola Orde do 22 de abril de 2019 (DOG núm. 80, do 26 de abril),

ACORDOU:

Primeiro. Publicar as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes que superaron o cuarto exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de estatísticos/as, no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal, así como a relación das que non acadaron os mínimos establecidos na base II.1.4 da convocatoria. As puntuacións acadadas constan no anexo I.

Segundo. De acordo co disposto na base II.2.8 da convocatoria, as persoas aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións, no prazo de dez (10) días hábiles contados dende o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. De conformidade co disposto na base III.13 da convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Cuarto. Segundo a base II.1.5 da convocatoria, están exentas de realizar o quinto exercicio, de coñecemento de galego, as persoas aspirantes que dentro do prazo sinalado acrediten que están en posesión do Celga 4 ou o equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia, de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (DOG núm. 146, do 30 de xullo), modificada pola Orde do 10 de febreiro de 2014 (DOG núm. 34, do 19 de febreiro).

Quinto. Visto o escrito do Servizo de Selección da Dirección Xeral de Función Pública do 1 de decembro de 2021, onde se comunica que todas as persoas aspirantes que superaron o terceiro exercicio acreditaron, de acordo co establecido nas bases da convocatoria, o nivel mínimo de coñecemento da lingua galega, decláranse todas as persoas aspirantes que superaron o cuarto exercicio exentas de realizar o quinto exercicio do proceso selectivo.

Santiago de Compostela, 31 de xaneiro de 2022

María Isabel del Río Viqueira
Presidenta do tribunal

ANEXO I

Cualificacións da cuarta proba do proceso selectivo

Estatísticos/as. Grupo A1

Nome e apelidos

DNI

Tema I

Tema II

Cualificación

Marta Piñeiro Peón

***5608**

46,08

44,75

90,83

Beatriz López del Olmo

***8585**

43,00

45,13

88,13

Montserrat Guerra Fernández

***6287**

38,50

44,50

83,00

Paula Piñeiro Guillén

***9439**

42,56

38,25

80,81

Álvaro Nieto Merino

***9633**

40,39

38,25

78,64

Ignacio Lado González

***2885**

36,50

37,00

73,50

María Martín Vila

***2767**

41,31

31,38

72,69

Jordán Soubrier Benavides

***6080**

27,25

22,75

50,00