Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 11 de febreiro de 2022 Páx. 10815

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 2 de febreiro de 2022 pola que se modifica a composición da comisión de funcionarización que desenvolverá os procesos de funcionarización convocados ao abeiro do establecido no Decreto 165/2019, do 26 de decembro, polo que se establece o procedemento para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira polo persoal laboral fixo do Convenio colectivo único do persoal laboral da Xunta de Galicia, mediante o seu cambio de vínculo xurídico.

A Resolución do 17 de xullo de 2020 (DOG núm. 152, do 30 de xullo) regula o funcionamento e establece a composición da comisión de funcionarización que desenvolverá os procesos de funcionarización convocados ao abeiro do establecido no Decreto 165/2019, do 26 de decembro, polo que se establece o procedemento para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira polo persoal laboral fixo do Convenio colectivo único do persoal laboral da Xunta de Galicia, mediante o seu cambio de vínculo xurídico.

Á vista das circunstancias que concorren nalgúns membros da comisión de funcionarización, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Deixar sen efecto o nomeamento de Alba Flavia Nieto Suárez como secretaria titular da comisión de funcionarización para os procesos que teñen como obxecto o ingreso no corpo superior e facultativo superior, subgrupo A1, e nomear no seu lugar como secretaria titular a Mª Dolores Carballal Paradela, persoal funcionario de carreira do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (subgrupo A1).

Segundo. Deixar sen efecto o nomeamento de Pablo Leis Mol como secretario suplente da comisión de funcionarización para os procesos que teñen como obxecto o ingreso no corpo superior e facultativo superior, subgrupo A1, e nomear no seu lugar como secretaria suplente a Alba Flavia Nieto Suárez, funcionaria de carreira do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (subgrupo A1).

Terceiro. Deixar sen efecto o nomeamento de Luis Miguel Vázquez Carreira como vogal titular da comisión de funcionarización para os procesos que teñen como obxecto o ingreso no corpo superior e facultativo superior, subgrupo A1, e nomear no seu lugar como vogal titular a Pablo Leis Mol, funcionario de carreira do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala superior de finanzas (subgrupo A1).

Cuarto. Deixar sen efecto o nomeamento de María Isabel Vázquez Rodríguez como secretaria titular da comisión de funcionarización para os procesos que teñen como obxecto o ingreso nos corpos de xestión e facultativo de grao medio, subgrupo A2; técnico de carácter facultativo, grupo B; administrativo e axudante de carácter facultativo, subgrupo C1; auxiliar e auxiliar de carácter técnico, subgrupo C2; e agrupación profesional de persoal funcionario, e nomear no seu lugar como secretaria titular a Mª Dolores Carballal Paradela, persoal funcionario de carreira do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (subgrupo A1).

Quinto. Deixar sen efecto o nomeamento de Víctor Manuel Tubío Villar como vogal suplente da comisión de funcionarización para os procesos que teñen como obxecto o ingreso nos corpos de xestión e facultativo de grao medio, subgrupo A2; técnico de carácter facultativo, grupo B; administrativo e axudante de carácter facultativo, subgrupo C1; auxiliar e auxiliar de carácter técnico, subgrupo C2; e agrupación profesional de persoal funcionario, e nomear no seu lugar como vogal suplente a Luis Miguel Vázquez Carreira, persoal funcionario de carreira do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (subgrupo A1).

Sexto. A modificación realízase para todos procedementos de funcionarización convocados e pendentes de finalización, e para todos aqueles que se convoquen con posterioridade.

Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 2022

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública