Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 15 de febreiro de 2022 Páx. 11377

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Baralla

ANUNCIO da modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento de Santo Estevo.

O Pleno do Concello de Baralla, na sesión ordinaria celebrada o 30 de setembro de 2020, adoptou o acordo de aprobación inicial da modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento do concello de Baralla: solo urbanizable de uso industrial SUB-2, en Santo Estevo.

De acordo co establecido no artigo 60 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, sométese ao trámite de información pública o mencionado acordo durante o prazo de dous meses para os efectos de que os interesados examinen o expediente e presenten as alegacións e reclamacións que consideren oportunas.

Suspéndese o outorgamento de licenzas naqueles ámbitos do territorio obxecto de planeamento cuxas novas determinacións supoñan a modificación da ordenación urbanística vixente. A duración da suspensión é de dous anos máximo contados desde a devandita aprobación e, en calquera caso, extinguirase coa aprobación definitiva da modificación do planeamento, tal e como se prevé na Lei 2/2016.

As áreas afectadas pola suspensión son as seguintes:

As determinacións previstas na presente modificación inciden unicamente no cambio de cualificación do solo, que pasa de ser rústico a urbanizable industrial con ordenación detallada no ámbito da parcela catastral 27036A078000870000EL e 27036A078002790000ET.

Baralla, 22 de novembro de 2021

Miguel González Piñeiro
Alcalde