Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 15 de febreiro de 2022 Páx. 11375

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arteixo

ANUNCIO de aprobación inicial do proxecto de expropiación forzosa (taxación conxunta) por razóns urbanísticas para a execución da obra de construción de beirarrúas na urbanización Monte Golf-límite concello da Coruña.

De conformidade co disposto no artigo 118 da Lei do solo de Galicia, comunícase que con data do 31 de xaneiro de 2022, mediante Resolución de Alcaldía número 235/2022, foi aprobado inicialmente proxecto de expropiación forzosa (taxación conxunta) por razóns urbanísticas para a execución do proxecto de obra denominado construción de beirarrúas urbanización Monte Golf-límite concello da Coruña.

Así mesmo, consonte a devandita resolución, procede someter a información pública por período dun mes o referido proxecto, mediante a inserción de anuncios no Diario Oficial de Galicia (DOG), e nun xornal de maior circulación da provincia, así como á notificación individualizada con traslado literal das follas de valoración e da proposta de fixación dos criterios de valoración a todos os que aparezan como titulares de bens e dereitos no expediente, para que poidan formular cantas alegacións e reclamacións consideren oportunas tanto con respecto ao expediente expropiatorio como a fixación do prezo xusto por idéntico prazo dun mes.

A relación de bens e dereitos afectados é a seguinte:

Nº parcela

Ref. catastral

Titular

Sup. afectada (m2)

1

15005A072006550000PX

Sociedad de Gestión de Activos Procedentes de la Reestructuración Bancaria, S.A.

723,18

Durante o devandito prazo as persoas interesadas poderán examinar o seu contido, nas dependencias municipais do Concello de Arteixo, sitas na Travesía de Arteixo, nº 249, 3º andar, en horario de luns a venres das 9.00 ás 14.00 horas, co fin de que poidan alegar e presentar os documentos e xustificacións que consideren pertinentes.

Ante a eventualidade de que poidan existir interesados descoñecidos neste procedemento, ignórese o lugar da notificación, ou ben tentada esta non se puido practicar, sirva a presente de notificación co alcance e a finalidade previstos no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administración públicas, sen prexuízo da preceptiva publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Arteixo, 1 de febreiro de 2022

O alcalde
P.D. (Decreto nº 1513/2021)
Luis Alberto Castro Calvete
Concelleiro delegado de Urbanismo e Patrimonio