Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 15 de febreiro de 2022 Páx. 11242

III. Outras disposicións

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 8 de febreiro de 2022 pola que se convocan cursos de formación continua para o persoal das agrupacións de voluntarios/as de protección civil da Comunidade Autónoma de Galicia.

O artigo 43 da Lei 5/2007, do 7 de maio, de emerxencias de Galicia, establece que o persoal do sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia estará formado tanto por persoal de carácter profesional de servizos que realicen algunha actividade relacionada coa xestión de riscos e de emerxencias como por persoal voluntario de entidades ou organizacións públicas ou privadas sen ánimo de lucro que teñan como fin a protección das persoas, dos bens e do ambiente en situacións de xestión de riscos e de emerxencias. Segundo o artigo 44 da citada lei, este persoal organizarase en grupos operativos.

Mediante a Resolución do 2 de agosto de 2010 publicouse o Plan territorial de emerxencias de Galicia (Platerga) onde se establece a estrutura de dirección e coordinación e as unidades organizativas para facer fronte dun xeito coordinado ás emerxencias que poidan producirse en Galicia derivadas de riscos naturais, tecnolóxicos ou antrópicos.

Aprobado o programa anual de actividades para o ano 2022 da Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp) conforme o establecido no artigo 46 da Lei 5/2007, do 7 de maio, de emerxencias de Galicia, e na Lei 1/2007, do 15 de xaneiro, da Agasp anúnciase a convocatoria dos cursos de formación continua dirixidos o persoal das agrupacións de voluntarios/as de protección civil da Comunidade Autónoma de Galicia, correspondentes ao primeiro semestre do ano 2022, cuxas bases e características se especifican no anexo desta resolución.

A Estrada, 8 de febreiro de 2022

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

ANEXO I

Bases

Primeira. Actividades formativas

Denominación

Modalidade

Edicións

Horas lectivas

Prazas

Datas

Accidentes na estrada

En liña

2

34

40

1ª Edición

Do 20 de abril ao 27 de maio

2ª Edición

Do 4 de maio ao 10 de xuño

Actuación inicial coas vítimas de violencia de xénero

En liña

1

20

40

Do 16 de marzo ao 8 de abril

Apoio psicolóxico básico e manexo do estrés en situacións críticas de emerxencia e catástrofe

Presencial

2

16

24

1ª Edición

Do 9 ao 10 de marzo

2ª Edición

Do 16 ao 17 de marzo

Atención á diversidade: a comunidade xorda e a lingua de signos

Transmisión en directo (streaming)

1

20

30

Do 25 ao 29 de abril

Atención ao cidadán

Transmisión en directo (streaming)/Presencial

2

12

24

1ª Edición

Do 25 ao 27 de maio

2ª Edición

Do 15 ao 17 de xuño

Busca de persoas desaparecidas no medio rural con equipos caninos e outros medios

Presencial

2

20

24

1ª Edición

Do 11 ao 13 de maio

2ª Edición

Do 18 ao 20 de maio

Busca de persoas desaparecidas

En liña

2

20

40

1ª Edición

Do 9 de marzo ao 1 de abril

2ª Edición

Do 30 de marzo ao 22 de abril

Colaboración do voluntariado de Protección Civil en dispositivos ante grandes concentracións humanas

En liña

2

20

40

1ª Edición

Do 11 de maio ao 3 de xuño

2ª Edición

Do 1 de xuño ao 29 de xuño

Comunicacións en emerxencias

Presencial

2

12

20

1ª Edición

Do 9 ao 10 de marzo

2ª Edición

Do 4 ao 5 de maio

Condución de vehículos todo terreo

Presencial

2

20

20

1ª Edición

Do 6 ao 8 de abril

2ª Edición

Do 27 ao 29 de abril

Condución de vehículos todo terreo en asfalto

Semipresencial

2

12

12

1ª Edición

Do 10 ao 18 maio

2ª Edición

Do 11 ao 19 de maio

Coordinación en incendios forestais de situación 2

En liña

2

20

40

1ª Edición

Do 16 de marzo ao 8 de abril

2ª Edición

Do 13 de abril ao 6 de maio

Coordinación operativa en plans de emerxencia

Presencial

2

8

24

1ª Edición

13 de abril

2ª Edición

20 de abril

Curso básico de primeiros auxilios

Semipresencial

1

20

24

Do 18 de maio ao 2 de xuño

Inglés básico para a asistencia á cidadanía

Transmisión en directo (streaming)

1

20

30

Do 4 de abril ao 8 de abril

Manexo básico do mapa, o compás e o GPS

Semipresencial

2

12

24

1ª Edición

Do 15 ao 16 de xuño

2ª Edición

Do 22 ao 23 de xuño

Navegación e rescate en vehículos 4x4

Presencial

2

16

12

1ª Edición

Do 22 ao 23 de marzo

2ª Edición

Do 24 ao 25 de marzo

Prevención e loita contra incendios urbanos e forestais

En liña

2

40

40

1ª Edición

Do 23 de marzo ao 5 de maio

2ª Edición

Do 13 de abril ao 26 de maio

Procedemento e responsabilidade dos voluntarios e voluntarias de protección civil na regulación do tráfico

En liña

2

16

40

1ª Edición

Do 25 de maio ao 14 de xuño

2ª Edición

Do 8 ao 29 de xuño

Rescate en lugares de difícil acceso (nivel I)

Presencial

2

24

24

1ª Edición

Do 8 ao 10 de xuño

2ª Edición

Do 28 ao 30 de xuño

Situación de emerxencia con persoas con discapacidade

Presencial

2

8

24

1ª Edición

22 de xuño

2ª Edición

29 de xuño

Segunda. Contido das actividades formativas

O contido das diferentes actividades formativas convocadas pola presente resolución pode consultarse na páxina web da Academia Galega de Seguridade Pública (http://agasp.xunta.gal) na epígrafe «Formación de colectivos».

Terceira. Destinatarios/as

Persoal voluntario de agrupacións de voluntarios de protección civil (AVPC) dos concellos de Galicia.

Este persoal forma parte do Sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia (artigos 43 e 44 da Lei 5/2007, do 7 de maio, de emerxencias de Galicia).

Cuarta. Requisitos de participación dos/das solicitantes

1. Requisitos xerais:

a) Ter superado o curso básico de protección civil.

b) Estar como voluntario/a activo/a na correspondente AVPC.

A Agrupación/asociación de Voluntarios de Protección Civil a que pertenza o solicitante deberá estar inscrita regulamentariamente no Rexistro de Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil da Comunidade Autónoma de Galicia.

2. Requisitos físicos/psíquicos: os/as solicitantes deberán acreditar que non padecen enfermidade nin están afectados por limitación física ou psíquica incompatible coa realización das accións formativas ou co desempeño das funcións correspondentes ao curso a que se opta, mediante declaración que se efectuará xunto coa solicitude de matrícula no curso, e será obriga de cada alumno/a poñer en coñecemento da Agasp calquera alteración relacionada con ela.

3. Os requirimentos técnicos para usar a web dos cursos da Agasp (baseada nunha ferramenta de aprendizaxe electrónica ou e-learning) son de nivel básico:

Aspectos recomendables para o PC:

• A configuración mínima dun PC doméstico (en xeral, calquera con menos de cinco anos) é suficiente.

• Preferentemente conexión á internet de banda larga e un antivirus actualizado.

• Navegador: Mozilla Firefox 2 (recomendado), Internet Explorer 6.0 ou superior ou Google Chrome.

• Ter JavaScript e cookies activadas no navegador.

• Para ver os documentos en PDF, necesítase ter instalado Acrobat Reader.

• Para o desenvolvemento dos cursos na modalidade transmisión en directo (streaming) é necesario dispoñer de cámara web e micrófono.

4. Non está permitida a realización de cursos relacionados na presente convocatoria que teñan simultaneidade nalgunha das súas datas. Cando o alumnado teña coñecemento de que foi seleccionado para un curso que teña coincidencia de datas con outro no cal xa foi seleccionado, debe renunciar a un deles.

Quinta. Desenvolvemento da actividade

1. Na modalidade en liña.

a) A través da plataforma de formación da Agasp.

b) Datas: as edicións realizaranse segundo se especifica na base primeira desta convocatoria.

c) Horario: segundo disposición e necesidade do alumnado. Axustarase ao calendario establecido no propio curso.

d) O alumnado deberá acceder ao curso dentro dos primeiros dous días hábiles (excluídos sábados, domingos e festivos) a partir da data de inicio.

e) As persoas que non accedan ao curso no prazo indicado serán dados de baixa nel, sen prexuízo de que poidan ser penalizados coa non admisión en cursos da Agasp durante o prazo de seis (6) meses.

f) Desenvolvemento: o alumnado participante deberá realizar a través da plataforma de formación da Agasp, e de acordo cun calendario de presentación, as actividades incluídas no curso, que son:

i. Visualización dos contidos.

ii. Superación dos cuestionarios.

iii. Cumprimento das tarefas segundo as exixencias indicadas.

g) O/a alumno/a que non realice algunha desas actividades no prazo establecido será sancionado/a coa baixa no curso, sen prexuízo de que poida ser penalizado/a coa non admisión en cursos da Agasp durante o prazo de seis (6) meses.

2. Na modalidade presencial.

a) Lugar e data: realizarase presencialmente nas instalacións da Agasp nas datas establecidas no calendario do curso, sen prexuízo de que algunhas actividades formativas concretas ou módulos destas se poidan facer fóra das súas instalacións.

b) Uniformidade: é obrigatorio asistir ao curso co uniforme de traballo. As persoas que incumpran esta norma poderán ser dadas de baixa na actividade.

3. Modalidade transmisión en directo (streaming).

a) A través da plataforma de formación da Agasp.

b) Datas: as edicións realizaranse segundo se especifican na base primeira desta convocatoria.

c) Horario: o alumnado deberá estar conectado á plataforma de formación da Agasp para acceder ás clases en liña en directo no horario que se especifica na ficha de cada acción formativa concreta publicada na páxina web da Agasp http://agasp.xunta.gal

d) As persoas que non accedan ao curso no prazo indicado serán dados de baixa nel, sen prexuízo de que poidan ser penalizados coa non admisión en cursos da Agasp durante o prazo de seis (6) meses.

e) Desenvolvemento: o alumnado participante deberá realizar a través da plataforma de formación da Agasp, e de acordo cun calendario de presentación, as actividades incluídas no curso.

f) O/a alumno/a que non realice algunha desas actividades no prazo establecido será sancionado/a coa baixa no curso, sen prexuízo de que poida ser penalizado/a coa non admisión en cursos da Agasp durante o prazo de seis (6) meses.

En todas as modalidades o alumnado deberá superar unha proba final.

Sexta. Solicitudes

a) O persoal que desexe participar nos cursos convocados nesta resolución deberá cubrir o formulario de matrícula telemática dispoñible na páxina web da Agasp (http://agasp.xunta.gal); non se admitirá ningunha outra forma ou modelo de solicitude.

É preciso que todas as persoas que desexen participar en cursos da Agasp manteñan actualizados os seus datos persoais, especialmente a conta de correo electrónico e o teléfono móbil, co obxecto de posibles comunicacións. No suposto de non seren correctos ou exactos tales datos, a Agasp non é responsable dos posibles prexuízos causados aos interesados.

b) As persoas que non sexan usuarias da páxina web da Agasp deberán previamente darse de alta nela, para o que é necesario facilitar unha conta persoal de correo electrónico.

c) En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información poderán dirixirse á Agasp a través dos números de teléfono 886 20 61 37, 886 20 61 38 e 886 20 61 39 ou do enderezo de correo electrónico formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal, que adoptará as medidas necesarias para facilitar a presentación de solicitudes.

d) A falsidade ou ocultación de datos esenciais para a selección das persoas aspirantes dará lugar á exclusión automática do curso solicitado, así como á imposibilidade de participar en ningún outro curso durante o prazo dun ano computado desde o momento en que se detecte o feito.

e) Serán excluídas automaticamente aquelas solicitudes que non teñan cubertos correctamente todos os datos para realizar a selección do alumnado, non se axusten ao modelo normalizado ou sexan presentadas fóra de prazo.

f) Se as solicitudes para participar nun curso non superan o 50 % das prazas convocadas, a Agasp reserva para si a facultade de anular a actividade formativa.

Sétima. Prazo de inscrición

O prazo de inscrición será de dez (10) días naturais a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

No caso de que non haxa un suficiente número de solicitantes que reúnan os requisitos do curso, poderá completarse o alumnado asignado a este mediante a apertura dun novo prazo público de presentación de solicitudes na páxina web da Agasp, coa antelación posible en función da data do curso e para que teña lugar unha adecuada selección das persoas candidatas.

Oitava. Criterios xerais de selección

Os criterios xerais de selección son os que a continuación se relacionan e na orde indicada, sen prexuízo de que algúns cursos requiran criterios específicos, os cales se indicarán na ficha de cada acción formativa concreta publicada na páxina web da Agasp http://agasp.xunta.gal

1º. De acordo co artigo 50 do Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade, en cada edición do curso reservarase un cincuenta por cento das prazas para mulleres que reúnan os requisitos exixidos na convocatoria.

2º. Se despois de aplicar os criterios anteriores hai empate, terán preferencia as persoas con menos cursos feitos na Agasp nos últimos dous anos, e se o empate persiste terán preferencia as persoas que cronoloxicamente solicitasen a realización dos cursos con anterioridade.

Cando no proceso de selección non se complete a reserva do punto primeiro, a dita reserva, de existir suficiente número de solicitantes, completarase co resto de solicitudes.

Os solicitantes que realizasen anteriormente o curso nos últimos catro anos só poderán ser seleccionados para realizalo no suposto de existiren vacantes. De non existiren vacantes, poderán figurar na lista de reserva despois dos solicitantes que non tivesen o curso.

Novena. Admisión

A Agasp publicará na súa páxina web http://agasp.xunta.gal unha relación das persoas seleccionadas para participar en cada curso, así como un número adecuado de reservas, de acordo co disposto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

O alumnado seleccionado será informado da súa selección a través do correo electrónico e tamén, para quen facilite un número de teléfono móbil, a través de mensaxe telefónica.

O alumnado seleccionado só poderá renunciar ao curso por causas de forza maior suficientemente xustificadas.

A renuncia deberase comunicar por escrito á Agasp, por correo electrónico ao enderezo formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal, e cunha antelación mínima de tres días hábiles ao inicio do curso, co fin de poder cubrir a vacante. De non comunicar a renuncia, a persoa seleccionada será penalizada coa non admisión en cursos da Agasp durante o prazo de (6) meses.

A Agasp reserva para si o dereito de solicitar todos aqueles datos que considere necesarios para a adecuada realización da selección.

Décima. Dereitos e deberes do alumnado participante

Durante o desenvolvemento da actividade ao alumnado seralle de aplicación, en canto aos dereitos e deberes, o previsto no Regulamento de réxime interior da Agasp.

Décimo primeira. Faltas de asistencia

O regulamento de réxime interior da Agasp regula no seu artigo 16 as faltas de asistencia nos cursos:

1. A realización das actividades comprendidas no programa do curso é obrigatoria, a non realización destas deberá xustificarse debidamente e penalizaranse disciplinariamente en caso contrario.

2. A/o alumna/o que, por enfermidade ou algunha outra causa xustificada, perda máis do 10 % do curso será declarado non apto e poderá incorporarse ao curso seguinte ou cando a causa determinante llo permita.

Décimo segunda. Certificado de aproveitamento

Ao finalizar a actividade entregarase un certificado de aproveitamento a aquelas persoas que acrediten a súa participación continuada e superen as partes obrigatorias e a proba final do curso.

Décimo terceira. Facultades da Agasp

A Agasp poderá modificar sen necesidade de nova publicación o desenvolvemento normal da actividade para adaptala ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

A Agasp tamén poderá, sen necesidade de nova publicación, suprimir o curso, cambiar as datas de celebración, ampliar novas edicións ou prazas deste, ou suspendelo, cando así veña exixido por circunstancias que afecten a súa organización ou docencia, especificamente, poderase suprimir o curso cando o alumnado admitido antes da data de inicio non supere o 50 % das prazas convocadas.

Así mesmo, facúltase o director xeral para ditar resolución sen necesidade de nova publicación para interpretar, se for o caso, o desenvolvemento da convocatoria ou docencia.