Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 16 de febreiro de 2022 Páx. 11600

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 11 de febreiro de 2022, da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda e Administración Pública, pola que se anuncia o procedemento para a compra, por concurso, dun inmoble no concello de Santiago de Compostela con destino a Centro de Orientación, Emprendemento, Acompañamento e Innovación.

1. Entidade adxudicadora.

Xunta de Galicia, Consellería de Facenda e Administración Pública.

Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio.

2. Obxecto do contrato.

Tipo de contrato: compravenda.

Descrición do obxecto: local comercial en planta baixa (segundo características e localización conforme o prego de condicións) no concello de Santiago de Compostela, de entre 500 e 800 m² construídos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Concurso público, tramitado mediante o procedemento de urxencia.

4. Orzamento base da licitación.

Importe total: 800.000 € (máis impostos).

5. Obtención de documentación e información.

Subdirección Xeral do Patrimonio. Consellería de Facenda e Administración Pública.

Rúa Pastoriza, 8, 15781 Santiago de Compostela.

Teléfono: 981 54 41 51.

Web: https://www.conselleriadefacenda.es/a-conselleria/transparencia/contratacion-patrimonial/concursos/compras

Correo electrónico: ax.patrimonial.facenda@xunta.gal

6. Presentación das ofertas.

Data límite de presentación: 15 días naturais seguintes ao da publicación do presente anuncio.

Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de condicións.

Lugar de presentación: rexistro xeral da Xunta de Galicia ou calquera dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

7. Apertura das ofertas.

Data: 14 de marzo de 2022.

Hora: 10.00 horas.

Lugar: sala de xuntas da Consellería de Facenda e Administración Pública en San Caetano, s/n, Santiago de Compostela.

8. Gastos do anuncio.

Serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 11 de febreiro de 2022

Jorge Atán Castro
Secretario xeral técnico e do Patrimonio da Consellería
de Facenda e Administración Pública