Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 16 de febreiro de 2022 Páx. 11640

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello das Somozas

ANUNCIO da convocatoria do proceso selectivo para a provisión dunha praza de administrativo/a (funcionario/a de carreira), mediante promoción interna, correspondente á oferta de emprego público de 2021.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 15, do 24 de xaneiro de 2022, publicaronse íntegramente as bases que rexerán a convocatoria para prover:

Unha praza de administrativo/a, pertencente á escala de Administración xeral, subescala administrativa, mediante o sistema de concurso-oposición, en quenda de promoción interna.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nas propias bases.

As Somozas, 25 de xaneiro de 2022

Juan Alonso Tembrás
Alcalde