Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 16 de febreiro de 2022 Páx. 11641

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilagarcía de Arousa

ANUNCIO da aprobación do cambio de uso da parcela sita na avenida da Mariña, número 21.

O Concello Pleno, en sesión que tivo lugar o 13 de xaneiro de 2022, acordou aprobar o cambio de uso da parcela sita na avenida da Mariña, número 21, con referencia catastral 9168009NH1196N0001RO (antiga Comandancia da Mariña), que pasa da cualificación actual «Outros equipamentos (OE)» a «Equipamentos sanitarios (ESA)», para os efectos de poder implantar un futuro centro de saúde.

De conformidade co establecido no artigo 82 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, publícase este acordo no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia.

Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da última publicación deste anuncio no DOG ou no BOP, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, sen prexuízo de calquera outro recurso ou acción que coiden oportuno.

Vilagarcía de Arousa, 17 de xaneiro de 2022

Alberto Varela Paz
Alcalde