Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 17 de febreiro de 2022 Páx. 11809

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Redes de Telecomunicación Galegas Retegal, S.A.

ANUNCIO polo que se resolve o proceso de selección para un posto de persoal directivo en Retegal.

Retegal é unha sociedade mercantil pública autonómica, pertencente ao sector público autonómico e adscrita, de conformidade co Decreto 252/2011, do 15 de decembro, á Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

Con data do 24 de xaneiro de 2022 o tribunal de selección nomeado para a cobertura do posto de Dirección Económica, Administrativa e de RRHH da Sociedade Redes de Telecomunicación Galegas Retegal, S.A., propuxo como candidato seleccionado a Álvaro Luis Rodríguez Losada.

O Consello de Administración, con data do 1 de febreiro de 2022, e con base no disposto no capítulo nove das bases reguladoras da convocatoria de selección, acordou nomear como director económico, administrativo e RRHH de Retegal a Álvaro Luis Rodríguez Losada.

Santiago de Compostela, 8 de febreiro de 2022

Mar Pereira Álvarez
Presidenta do Consello de Administración de Retegal