Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 17 de febreiro de 2022 Páx. 11807

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de aprobación definitiva da modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal no polígono POL O29 A Sardiñeira (expediente 631/2016/290).

O Pleno do Concello, na sesión que tivo lugar o 3 de febreiro de 2022, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«Primeiro. Aprobar definitivamente a modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal da Coruña, no polígono POL O29 A Sardiñeira. Documento para aprobación definitiva. Decembro 2021, redactada pola Oficina Técnica municipal.

Segundo. Realizar os trámites previstos nos artigos 82 e 88 da Lei 2/2016, do solo de Galicia, e artigos 199, 209 e 212 do Regulamento para o desenvolvemento da lei anterior, para a entrada en vigor do documento aprobado.

Terceiro. Notificarlles este acordo aos interesados na tramitación do expediente e ás áreas e servizos municipais».

De conformidade co disposto na Resolución ambiental do 28 de xaneiro de 2020, publicada no DOG núm. 31, do 14 de febreiro, non cabe esperar que se produzan efectos ambientais significativos derivados da modificación puntual, polo que non se establecen maiores medidas de seguimento que as incluídas no propio documento do PXOM vixente.

O contido íntegro da modificación puntual aprobada pódese consultar fisicamente nas dependencias da Área Municipal de Urbanismo; na sede electrónica deste concello, no enderezo electrónico https://www.coruna.gal/urbanismo, na epígrafe planeamento/planeamento vixente, ou ben, desde a mesma páxina web, a través do visor desenvolvemento do planeamento.

Contra este acordo, con carácter de disposición administrativa de carácter xeral, pódese interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (artigo 84.1 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e artigo 201.1 do seu regulamento), no prazo de dous meses que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de interpoñer calquera outro recurso que se entenda máis procedente e sexa conforme dereito.

A Coruña, 9 de febreiro de 2022

A alcaldesa
P.D (Decreto 3847, do 27.6.2019)
María Hernández García
Directora da Área de Urbanismo