De conformidade co establecido no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por medio do presente anuncio notifícaselle á persoa relacionada no anexo o acto que se indica, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar.
Segundo se establece no artigo 46 da citada lei, as persoas interesadas dispoñen dun prazo de dez (10) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), para examinar estes actos nas dependencias da Área Xurídica da Xefatura Territorial de Ourense da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, situadas na rúa Curros Enríquez, número 1, 4º andar, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Os actos foron adoptados por quen se indica no anexo.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE).
A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE).
Ourense, 4 de febreiro de 2022
Pablo Fernández Vila
Xefe territorial de Ourense
ANEXO
CIF/NIF interesado/a |
Núm. de expediente |
Acto notificado |
Acto adoptado por |
Data do acto |
44480514D |
IN635A 2021/82-3 |
Resolución |
O xefe territorial |
13 de outubro de 2021 |