Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 18 de febreiro de 2022 Páx. 12048

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 4 de febreiro de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, de convocatoria para o levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados por unha instalación industrial no concello de Culleredo.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante o presente anuncio convócase a todas as persoas interesadas no acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola ampliación das instalacións da sede central do Grupo Caamaño, no lugar de Alvedro, no concello de Culleredo (proxecto sectorial de incidencia supramunicipal), acto que se realizará en primeiro lugar sobre o terreo para a toma de datos e posterior redacción definitiva das actas nas dependencias municipais do referido concello, segundo o calendario e horario que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados por si mesmas ou representadas por persoa debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.

A Coruña, 4 de febreiro de 2022

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: proxecto sectorial de incidencia supramuncipal.

Entidade beneficiaria: Lots, Land & Rent, S.L. (Grupo Caamaño).

Denominación da instalación: ampliación das instalacións da sede central do Grupo Caamaño, no lugar de Alvedro.

Concello: Culleredo.

Predio

Lugar

Titularidade proposta

Data

Hora

19

Ponte

Inés Carmona Iglesias

18.3.2022

10.45

19

Ponte

Margarita Iglesias Domínguez

18.3.2022

10.45