A Resolución da Alcaldía nº 1452/2021, do 29 de decembro de 2021, do Concello de Teo, resolveu o seguinte:
Primeiro. Nomear como funcionario de carreira, pola quenda de promoción interna, a Luis Enrique Papiri Villanueva, con DNI nº ***7587**, para prover unha (1) praza de administrativo.
Segundo. Notificar a presente resolución ao aspirante nomeado, comunicándolle que deberá tomar posesión e incorporarse no prazo dun mes a partir da publicación do nomeamento, de conformidade co artigo 60.e) da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.
No Boletín Oficial da provincia da Coruña publicouse a devandita resolución.
Teo, 3 de xaneiro de 2022
Rafael C. Sisto Edreira
Alcalde