Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 18 de febreiro de 2022 Páx. 12096

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilagarcía de Arousa

ANUNCIO de orde de execución de xestión da biomasa vexetal.

De acordo co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (LPACAP), as notificacións que non se poidan practicar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Por iso, non sendo posible a notificación do acto que se indica a continuación, publícase o presente anuncio.

Infórmase que o texto íntegro se atopa á disposición das persoas interesadas, xunto ao resto da documentación do expediente na Xerencia de Urbanismo, situada na Casa do Concello, praza Ravella, núm. 1, 4ª planta, Vilagarcía de Arousa, onde poderán examinalo, no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación do presente edicto no BOE.

Expediente disciplina urbanística D9/22. Resolución da Alcaldía, do 27 de xaneiro de 2022, pola que inicia un expediente de orde de execución aos herdeiros de José García Abalo, titulares da parcela con referencia catastral 36060A00500095, na rúa Carbón, Bamio, requiríndolles que, no prazo máximo de 15 días naturais contados a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución, procedan ao cumprimento do deber de roza da maleza, eliminación de eucaliptos, piñeiros e calquera especie arbórea sinalada na disposición adicional terceira da Lei 3/2007.

Vilagarcía de Arousa, 28 de xaneiro de 2022

Alberto Varela Paz
Alcalde