De acordo co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común (LPAC), as notificacións que non se puideran efectuar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE).
Por iso, ao non ser posible a notificación do acto que se indica a seguir, publícase o presente anuncio.
Infórmase que o texto íntegro atópase á disposición das persoas interesadas, xunto co resto da documentación do expediente na Xerencia de Urbanismo, situada na casa do concello, praza Ravella, nº 1, 4ª planta, Vilagarcía de Arousa, onde poderán examinalo, no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación do presente edicto no BOE.
Expediente Disciplina Urbanística D8/22. Resolución de Alcaldía, do 27.1.2022, pola que inicia un expediente de orde de execución á persoa con DNI 35381679C, titular da parcela con referencia catastral 36060A00500094, na rúa Carbón, Bamio, requiríndolle que, no prazo máximo de quince (15) días naturais, contados a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución, proceda ao cumprimento da obriga de tala da maleza, eliminación de eucaliptos, piñeiros e calquera especie arbórea sinalada na disposición adicional terceira da Lei 3/2007.
Vilagarcía de Arousa, 28 de xaneiro de 2022
Alberto Varela Paz
Alcalde