De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), faise pública a resolución ditada nos expedientes de baixa dos establecementos relacionados polo cesamento da súa actividade, xa que, intentada a notificación, non se puido efectuar polos medios habituais.
Contra as ditas resolucións, que esgotan a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante a Axencia Turismo de Galicia, no prazo dun (1) mes desde o día seguinte ao da súa publicación, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, todo iso sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro que consideren oportuno.
Ourense, 3 de febreiro de 2022
Cecilio Santalices de la Escosura Mourille
Xefe da Área Provincial de Turismo de Ourense
ANEXO
Establecemento |
Titular |
Enderezo |
Concello |
Restaurante Pérez |
Ángel Casado García |
Rúa Colón, 26 |
Ourense |
Cafetería Lido |
Antonio Machado González |
Juan XXIII, 6 |
Ourense |
Restaurante Malo Será |
Carlos Eduardo Acuña |
Avenida As Caldas, 31 |
Ourense |
Restaurante Galicia |
César Rodríguez Álvarez |
Avenida As Caldas, 32 |
Ourense |
Restaurante Parrillada Severino |
Esperanza Gómez Ramos |
Avenida Buenos Aires, 272 |
Ourense |
Café Bar Pérez |
Ángel Casado García |
Rúa Colón, 26 |
Ourense |
Restaurante Estadio |
Beatriz Álvarez Fernández |
Estrada de Laza, 174 |
Verín |