Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 21 de febreiro de 2022 Páx. 12274

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

ORDE do 10 de febreiro de 2022 pola que se modifica o anexo II da Orde do 20 de novembro de 2019 pola que se dá publicidade das titulacións que permiten a incorporación ás listas de aspirantes a desempeñar postos docentes en réxime de interinidades e substitucións dos corpos de mestres, de profesores de ensino secundario, de profesores técnicos de formación profesional e de profesores de escolas oficiais de idiomas que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, en centros docentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

Mediante a Orde do 20 de novembro de 2019 deuse publicidade ás titulacións que permiten a incorporación ás listas de aspirantes a desempeñar postos docentes en réxime de interinidades e substitucións dos corpos de mestres, de profesores de ensino secundario, de profesores técnicos de formación profesional e de profesores de escolas oficiais de idiomas que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, en centros docentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade (DOG núm. 235, do 11 de decembro). No anexo II desta orde establécense as titulacións exixidas para impartir docencia nas distintas especialidades do corpo de profesores de ensino secundario, entre as que se inclúe a especialidade de Física e Química (590007).

A Sala do Contencioso-Administrativo, Sección 1ª, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, ditou sentenza, que é firme, no PO 332/2020, pola que se anula o anexo II da dita orde, no que se refire á especialidade de Física e Química, e se ordena a inclusión da titulación de Enxeñaría de Minas entre as que permiten a incorporación ás listas desta especialidade.

En execución desta sentenza, a Consellería de Cultura, Educación e Universidade

ACORDA:

Primeiro. Modificar o anexo II da Orde do 20 de novembro de 2019 (DOG núm. 235, do 11 de decembro) pola que se dá publicidade ás titulacións que permiten a incorporación ás listas de aspirantes a desempeñar postos docentes en réxime de interinidades e substitucións dos corpos de mestres, de profesores de ensino secundario, de profesores técnicos de formación profesional e de profesores de escolas oficiais de idiomas que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, en centros docentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, no que se refire á especialidade 590007 Física e Química, que queda redactado como segue:

590007 Física e química

Enxeñaría:

Aeronáutica

Camiños, Canles e Portos

Industrial

Minas

Naval e Oceánica

Química

Telecomunicación

Licenciatura:

Bioquímica

Biotecnoloxía

Física

Química

Grao en:

Arquitectura Naval

Arquitectura Naval e Enxeñaría de Sistemas Mariños

Arquitectura Naval e Enxeñaría Marítima

Bioquímica

Bioquímica e Bioloxía Molecular

Bioquímica e Ciencias Biomédicas

Biotecnoloxía

Ciencias Agrarias e Bioeconomía

Ciencias e Tecnoloxías de Telecomunicación

Ciencias Experimentais

Enxeñaría da Tecnoloxía de Minas e Enerxía

Enxeñaría da Tecnoloxía Mineira

Enxeñaría de Recursos Enerxéticos e Mineiros

Enxeñaría de Recursos Mineiros e Enerxéticos

Enxeñaría de Tecnoloxía de Minas e Enerxía

Enxeñaría de Tecnoloxías Industriais

Enxeñaría de Tecnoloxías Mineiras

Enxeñaría dos Recursos Mineiros

Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos

Enxeñaría en Recursos Enerxéticos e Mineiros

Enxeñaría en Tecnoloxía Industrial

Enxeñaría en Tecnoloxía Mineira

Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais

Enxeñaría Mineira

Enxeñaría Mineira e Enerxética

Física

Mariña

Nanociencia e Nanotecnoloxía

Náutica e Transporte Marítimo

Química

Tecnoloxía da Enxeñaría Civil

Segundo. A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos adoptará todas as medidas que sexan precisas para o desenvolvemento desta orde.

Disposición derradeira. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de febreiro de 2022

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade