Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 22 de febreiro de 2022 Páx. 12469

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 14 febreiro de 2022 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 10 de febreiro de 2022, polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación.

A aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación xustifícase polas razóns indicadas no punto primeiro do acordo.

En consecuencia, por proposta da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación e unha vez consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa de Negociación e na Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 10 de febreiro de 2022, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro. Aprobar a modificación da relación de postos de traballo da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación nos termos que se sinalan no anexo a este acordo.

Segundo. Ordenar a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para os efectos da entrada en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 10 de febreiro de 2022, relativo á aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, coa finalidade de cumprir o dito acordo, de conformidade coa Orde da Consellería de Facenda, do 8 de xaneiro de 2020, sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública (DOG núm. 16, do 24 de xaneiro), dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 2022

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

missing image file