Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 22 de febreiro de 2022 Páx. 12471

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 14 de febreiro de 2022 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 10 de febreiro de 2022 pola que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Axencia Galega de Innovación.

A aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Axencia Galega de Innovación xustifícase polas razóns indicadas no punto primeiro do acordo.

En consecuencia, por proposta da Axencia Galega de Innovación e unha vez consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa de Negociación e na Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 10 de febreiro de 2022, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro. Aprobar a modificación da relación de postos de traballo da Axencia Galega de Innovación nos termos que se sinalan no anexo a este acordo.

Segundo. Clasificar de libre designación o posto que a seguir se relaciona en aplicación do criterio de excepcionalidade que na marxe se indica, de conformidade co previsto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e co disposto na Resolución do 25 de febreiro de 2016, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se ditan instrucións para a tramitación das relacións de postos de traballo e a determinación dos criterios de excepcionalidade e funcións que definen as características que motivan a especial responsabilidade ou cualificación profesional dos postos de traballo de libre designación, de nivel 28 ou inferior, da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia:

CÓDIGO DO POSTO

DENOMINACIÓN DO POSTO

CRITERIO

EI.A11.00.000.15770.070

XEFATURA DEPART. APOIO Á COMISIÓN INTERDEP. I+D+I

Especial responsabilidade por xestionar información especialmente reservada da Xunta de Galicia: asesoramento e dependencia directa dun alto cargo.

Terceiro. Ordenar a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para os efectos da entrada en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 10 de febreiro de 2022, relativo á aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Axencia de Galega de Innovación, coa finalidade de cumprir o dito acordo, de conformidade coa Orde da Consellería de Facenda do 8 de xaneiro de 2020 sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública (DOG núm. 16, do 24 de xaneiro), dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 2022

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

missing image file