Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 22 de febreiro de 2022 Páx. 12474

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 18 de febreiro de 2022 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 17 de febreiro de 2022 polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo referente ao proceso de funcionarización de postos de traballo de persoal laboral da Xunta de Galicia correspondente á administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e as clasificacións na escala de facultativos (especialidades de medicina, psicoloxía, pedagoxía), escala técnica de facultativos (especialidades de enfermaría, educadores, fisioterapia, traballo social, terapeuta ocupacional), escala de axentes técnicos facultativos (especialidade de educación infantil) e escala de auxiliares de clínica; así como a modificación da relación de postos de traballo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia referente ao proceso de funcionarización, aprobada polo Acordo do 24 de xuño de 2021.

A disposición transitoria primeira da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, regula que o persoal laboral fixo das administracións públicas incluídas no ámbito da súa aplicación que, no momento da entrada en vigor da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público, estea a realizar funcións ou desempeñe postos de traballo de persoal funcionario, ou pase a realizar as devanditas funcións ou a desempeñar os devanditos postos en virtude de probas de selección ou promoción interna convocadas antes da data sinalada, poderá seguir a realizalas ou desempeñalas.

Así mesmo, esta disposición, no seu punto segundo, recolle que o Consello da Xunta de Galicia establecerá, a través das relacións de postos de traballo (RPT), a valoración, clasificación e determinación dos postos de traballo afectados por esta norma na Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e nas entidades públicas instrumentais do sector público autonómico.

Para dar cumprimento ao establecido na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e na disposición transitoria segunda do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, esta administración incorporou as prazas obxecto de funcionarización no anexo V do Decreto 160/2018, do 13 de decembro, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario e laboral de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2018 (DOG nº 239, do 17 de decembro), e do Decreto 33/2019, do 28 de marzo, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario e laboral da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2019 (DOG nº 67, do 5 de abril).

O Decreto 165/2019, do 26 de decembro, establece o procedemento para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira polo persoal laboral fixo do V Convenio colectivo único do persoal laboral da Xunta de Galicia.

En desenvolvemento deste procedemento, a Dirección Xeral da Función Pública elaborou a presente modificación de relación de postos de traballo de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e determinou previamente aqueles postos de persoal laboral da Xunta de Galicia afectados polo proceso de funcionarización.

Esta modificación de postos de traballo debe estar aprobada con anterioridade á toma de posesión do persoal que adquira a condición de funcionario de carreira, xa que serán estes postos de traballo os que figurarán na Orde da Consellería de Facenda e Administración Pública pola que se regule o procedemento para o nomeamento como persoal funcionario de carreira do persoal laboral fixo de determinadas categorías profesionais que superou os procesos de funcionarización, convocados polas resolucións da Dirección Xeral da Función Pública do 7 de febreiro de 2020.

Cómpre sinalar que nesta relación de postos de traballo, ademais de recoller aqueles postos do persoal laboral fixo que superou os procesos de funcionarización correspondentes, figuran tamén outros postos de persoal laboral obxecto de funcionarización, e indícase que:

Os postos de traballo do persoal laboral fixo que non superou o proceso manteñen a ocupación como persoal laboral fixo.

O persoal laboral temporal e indefinido non fixo continuará desempeñando as súas funcións nos postos que viñan ocupando, nas mesmas condicións e situación, ata que se leve a cabo o establecido na disposición transitoria primeira bis da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, logo do remate dos procesos de funcionarización que se convoquen ao abeiro das ofertas de emprego dos anos 2018, 2019, 2020 e 2021.

Para a determinación dos postos que son susceptibles de seren clasificados como de persoal funcionario tívose en conta o artigo 6 do Decreto 165/2019, do 26 de decembro, modificado o seu anexo pola Orde da Consellería de Facenda e Administración Pública do 10 de marzo de 2021 (DOG nº 61, do 31 de marzo), que establece o seguinte:

«Clasificaranse como de persoal funcionario os postos de traballo definidos actualmente nas respectivas RPT como de adscrición de persoal laboral dalgunha das categorías recollidas no anexo desta norma.

A clasificación como de persoal funcionario realizarase no corpo, escala ou especialidade previsto como equivalente no mencionado anexo».

Así mesmo, tívose en conta o disposto na Orde da Consellería de Facenda e Administración Pública do 10 de marzo de 2021 pola que se modifica o anexo do Decreto 165/2019, do 26 de decembro, que establece a equivalencia entre as correspondentes categorías profesionais do persoal laboral e as correspondentes escalas do persoal funcionario.

A toma de posesión como persoal funcionario de carreira, que implicará o cambio do seu vínculo xurídico coa Administración, figura prevista para o 1 de marzo de 2022, por iso e co fin de que se cumpran os trámites oportunos, canto á expedición das dilixencias de cesamento correspondentes, esta RPT entrará en vigor o día da súa publicación.

En consecuencia, unha vez consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 17 de febreiro de 2022, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro. Aprobar a modificación da relación de postos de traballo de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia referente ao proceso de funcionarización de postos de traballo de persoal laboral da Xunta de Galicia e o acordo da súa clasificación na escala de facultativos, escala técnica de facultativos, escala de axentes técnicos facultativos e escala de auxiliares de clínica; así como a modificación da relación de postos de traballo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia referente ao proceso de funcionarización, aprobada por Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 24 de xuño de 2021, nos termos que se sinala nos anexos a este acordo.

Segundo. Clasificar de libre designación os postos que a seguir se relacionan en aplicación do criterio de excepcionalidade que á marxe se indica, de conformidade co previsto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e co disposto na Resolución do 25 de febreiro de 2016, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se ditan instrucións para a tramitación de relacións de postos de traballo e a determinación dos criterios de excepcionalidade e funcións que definen as características que motivan a especial responsabilidade ou cualificación profesional dos postos de traballo de libre designación, de nivel 28 ou inferior, da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia:

TIPO DE PROVISIÓN

NIVEL

DENOMINACIÓN DO POSTO

CRITERIO

LD

28

DIRECTOR/A RESIDENCIA DE MAIORES

(COMPLEXO RESIDENCIAL DE ATENCIÓN A PERSOAS DEPENDENTES DE VIGO)

ESPECIAL RESPONSABILIDADE POR DIRIXIR CENTROS CON CARACTERÍSTICAS SINGULARES.

RESPONSABLE DE CENTRO EN QUE ESTÁN INTERNADAS PERSOAS MENORES TUTELADAS POLA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

LD

26

DIRECTOR/A CENTRO DE MENORES

(SAN JOSÉ DE CALASANZ)

DIRECTOR/A CENTRO DE MENORES

(DE FERROL)

DIRECTOR/A CENTRO DE MENORES

(SANTO ANXO DA GARDA)

DIRECTOR/A CENTRO DE MENORES

(A CARBALLEIRA)

DIRECTOR/A CENTRO DE MENORES

(AVELINO MONTERO)

Terceiro. Ordenar a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para os efectos da entrada en vigor o día da súa publicación.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 17 de febreiro de 2022, relativo á aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia referente ao proceso de funcionarización de postos de traballo de persoal laboral da Xunta de Galicia, coa finalidade de cumprir tal acordo, dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 18 de febreiro de 2022

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

CÓDIGO

DESCRICIÓN DAS FORMAS DE PROVISIÓN

C

CONCURSO

CE

CONCURSO ESPECÍFICO

LD

LIBRE DESIGNACIÓN

CÓDIGO

DESCRICIÓN DAS TITULACIÓNS ACADÉMICAS

2045

LIC./GRAO MEDICINA (ESPECIALIDADE PSIQUIATRÍA)

6003

SEGUNDO CONVENIO

CÓDIGO

DESCRICIÓN DAS FORMACIÓNS ESPECÍFICAS

149

COÑECEMENTOS LINGUAXE MÍMICA XORDOS (MÉRITO)

278

COÑECEMENTOS E/OU EXPERIENCIA EN MATERIA DE MEDICINA DEPORTIVA, NUTRICIÓN OU CARDIOLOXÍA (MÉRITO)

359

EXPERIENCIA/FORMACIÓN EN PSICOLOXÍA FORENSE (MÉRITO)

399

ESPECIALIDADE EN MEDICINA DEPORTIVA/MÁSTER EN MATERIA DE MEDICINA DEPORTIVA (MÉRITO)

556

EXPERIENCIA/FORMACIÓN EN MATERIA DE VIOLENCIA DE XÉNERO (MÉRITO)

954

PERMISO CONDUCIR B (R.I.)

CÓDIGO

DESCRICIÓN DOS/DAS CORPOS/ESCALAS

EBS

ESPECIAL (ESC. AXENTES TÉCNICOS FACULTATIVOS)

EBS1

ESPECIAL (ESC. AXENTES TÉCN. FACULTATIVOS-ESP. EDUCACIÓN INFANTIL)

EDC

ESPECIAL (ESCALA DE AUXILIARES DE CLÍNICA)

EMS

ESPECIAL (ESC. TÉCNICOS FACULTATIVOS)

EMS1

ESPECIAL (ESC. TÉCNICOS FACULTATIVOS-ESP. ENFERMARÍA)

EMS2

ESPECIAL (ESC. TÉCNICOS FACULTATIVOS-ESP. EDUCADORES)

EMS3

ESPECIAL (ESC. TÉCNICOS FACULTATIVOS-ESP. FISIOTERAPIA)

EMS5

ESPECIAL (ESC. TÉCNICOS FACULTATIVOS-ESP. TRABALLO SOCIAL)

EMS6

ESPECIAL (ESC. TÉCNICOS FACULTATIVOS-ESP. TERAPIA OCUPACIONAL)

ESS1

ESPECIAL (ESC. FACULTATIVOS-ESP. MEDICINA)

ESS2

ESPECIAL (ESC. FACULTATIVOS-ESP. PSICOLOXÍA)

ESS3

ESPECIAL (ESC. FACULTATIVOS-ESP. PEDAGOXÍA)

CÓDIGO

DESCRICIÓN DOUTRAS ADMINISTRACIÓNS

A15

ADSCRICIÓN INDISTINTA A FUNCIONARIOS DA XUNTA DE GALICIA, ESTADO E CC.AA. E PERSOAL ESTATUTARIO DO SERGAS E PERSOAL LABORAL DA XUNTA DE GALICIA

AXG

ADSCRICIÓN EXCLUSIVA A FUNCIONARIOS DA XUNTA DE GALICIA

CÓDIGO

DESCRICIÓN DOS COMPLEMENTOS SALARIAIS

B10

COMPLEMENTO SALARIAL DE SINGULARIDADE POR PERIGOSIDADE

B12

COMPLEMENTO SALARIAL DE SINGULARIDADE DE RESPONSABILIDADE

B14

COMPLEMENTO SALARIAL DE SINGULARIDADE DE ESPECIAL DEDICACIÓN

B18

COMPLEMENTO SALARIAL DE SINGULARIDADE POR PENOSIDADE

missing image file

CÓDIGO

DESCRICIÓN DAS FORMAS DE PROVISIÓN

C

CONCURSO

CÓDIGO

DESCRICIÓN DOUTRAS ADMINISTRACIÓNS

AXG

ADSCRICIÓN EXCLUSIVA A FUNCIONARIOS DA XUNTA DE GALICIA

ANEXO III

Acordo para a efectividade e a acomodación da segunda relación de postos de traballo (RPT) derivada da funcionarización de postos de persoal laboral e a equiparación e clasificación de categorías laborais con postos funcionariais de administración especial da Administración xeral (escalas de facultativos, escalas de técnicos facultativos e escalas de auxiliares de clínica)

A disposición transitoria primeira da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, establece, en concordancia co contido na disposición transitoria segunda do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, a posibilidade de proceder á funcionarización do persoal laboral fixo nos corpos e escalas de persoal funcionario da Comunidade Autónoma de Galicia. Ao dito persoal garántenselle as retribucións brutas que estaba a percibir como laboral fixo se estas son superiores ás que lle correspondan como funcionario.

En desenvolvemento do anterior publicouse o Decreto 165/2019, do 26 de decembro, que establece o procedemento para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira polo persoal laboral fixo do Convenio colectivo único do persoal laboral da Xunta de Galicia. Referente ás cuestións retributivas establece, no seu artigo 9, que o persoal laboral fixo que supere o proceso de funcionarización, a partir da toma de posesión como funcionario de carreira, pasará a devindicar todas as súas retribucións conforme o sistema, conceptos e contías establecidos con carácter xeral para o persoal funcionario de carreira da Comunidade Autónoma. E en concordancia co establecido no parágrafo primeiro, garantiránselle as retribucións brutas anuais fixas na súa contía e periódicas na súa devindicación, que estaba a percibir como laboral fixo, se estas fosen superiores ás que lle correspondan como persoal funcionario de carreira.

A Dirección Xeral da Función Pública elaborou unha modificación da relación de postos de traballo de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia co obxecto de adaptar os postos de traballo definidos actualmente nas respectivas RPT como de adscrición de persoal laboral á condición de persoal funcionario dentro dalgunha das categorías recollidas no anexo do Decreto 165/2019.

Ao abeiro do proceso de funcionarización publicáronse as resolucións do 7 de febreiro de 2020 (DOG nº 32, do 17 de febreiro) polas que se convocaban os procesos de funcionarización correspondentes a distintas categorías de persoal laboral dos grupos I, II, III, IV e V, para a súa funcionarización en diversos corpos e escalas de persoal funcionario correspondentes aos subgrupos A1, A2, C1 e C2. Os postos correspondentes a estas categorías funcionarizadas son os que figurarán na RPT a que se fai referencia no parágrafo anterior.

Trátase dunha modificación da relación de postos derivada dun proceso de funcionarización en que, por primeira vez, se establece unha clasificación dos postos de traballo correspondentes ás escalas e especialidades dos corpos de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia recollidas na disposición adicional novena Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e da Lei 18/2021, do 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas (DOG nº 251, do 31 de decembro).

Por conseguinte, apróbase a seguinte clasificación de postos de traballo dos corpos de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de facultativos (especialidades de medicina, psicoloxía, pedagoxía), escala técnica de facultativos (especialidades de enfermaría, educadores, fisioterapia, logopedia, traballo social, terapeuta ocupacional), escala de axentes técnicos facultativos (especialidade de educación infantil) e escala de auxiliares de clínica; consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal. Quedan outras escalas e/ou especialidades pendentes de resolución de procesos de funcionarización e, por conseguinte, de establecer a correspondente clasificación de postos.

Primeiro. Clasificación de postos de traballo de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

A clasificación dos niveis de complemento de destino e os específicos son os seguintes:

SUBGRUPO

DENOMINACIÓN DO POSTO

NIVEIS: DESTINO E ESPECÍFICO

CENTRO DE DESTINO

A1

INSPECTOR/A MÉDICO/A

NIVEL 26, CE 26

XEFATURA TERRITORIAL A CORUÑA

XEFATURA TERRITORIAL LUGO

XEFATURA TERRITORIAL OURENSE

XEFATURA TERRITORIAL PONTEVEDRA

A1

MÉDICO/A

NIVEL 24, CE 28A

COMPLEXO RESIDENCIAL DE ATENCIÓN A PERSOAS DEPENDENTES (VIGO)

RESIDENCIA ASISTIDA DE MAIORES VOLTA DO CASTRO (SANTIAGO DE COMPOSTELA)

RESIDENCIA ASISTIDA DE MAIORES (OLEIROS)

A1

MÉDICO/A

NIVEL 24, CE 25

CENTRO DE ATENCIÓN A PERSOAS CON DISCAPACIDADES (A CORUÑA)

CENTRO DE ATENCIÓN A PERSOAS CON DISCAPACIDADES (REDONDELA)

CENTRO DE ATENCIÓN A PERSOAS CON DISCAPACIDADES (SARRIA)

COMPLEXO RESIDENCIAL DE ATENCIÓN A PERSOAS DEPENDENTES (VIGO)

RESIDENCIA DE MAIORES (BURELA)

RESIDENCIA DE MAIORES (FERROL)

RESIDENCIA DE MAIORES (PONTEVEDRA)

RESIDENCIA DE MAIORES (SANTIAGO DE COMPOSTELA)

RESIDENCIA DE MAIORES AS GÁNDARAS (LUGO)

RESIDENCIA DE MAIORES Nª Sª MIRAGRES (OURENSE)

RESIDENCIA DE MAIORES TORRENTE BALLESTER (A CORUÑA)

S. X. DE COORDINACIÓN DE SERVIZOS TRANSVERSAIS

A1

MÉDICO/A

NIVEL 24, CE 24

CENTRO RESIDENCIAL DOCENTE (CULLEREDO)

CENTRO RESIDENCIAL DOCENTE (OURENSE)

CENTRO RESIDENCIAL DOCENTE (VIGO)

A1

MÉDICO/A

NIVEL 22, CE 23

D. X. DE MAIORES E PERSOAS CON DISCAPACIDADE

OFICINA DE VALORACIÓN DE DEPENDENCIA E DISCAPACIDADES (FERROL)

OFICINA DE VALORACIÓN DE DEPENDENCIA E DISCAPACIDADES (PONTEVEDRA)

OFICINA DE VALORACIÓN DE DEPENDENCIA E DISCAPACIDADES (SANTIAGO DE COMPOSTELA)

XEFATURA TERRITORIAL A CORUÑA

XEFATURA TERRITORIAL LUGO

XEFATURA TERRITORIAL OURENSE

XEFATURA TERRITORIAL VIGO

A1

MÉDICO/A

NIVEL 22, CE 22

CEE INFANTA ELENA (MONFORTE DE LEMOS)

CEE MIÑO (OURENSE)

CEE TERRA DE FERROL (FERROL)

A1

MÉDICO/A

NIVEL 21, CE 21

CENTRO GALEGO DE TECNIFICACIÓN DEPORTIVA

A1

PEDAGOGO/A

NIVEL 22, CE 23

XEFATURA TERRITORIAL A CORUÑA

XEFATURA TERRITORIAL LUGO

XEFATURA TERRITORIAL OURENSE

XEFATURA TERRITORIAL VIGO

A1

PEDAGOGO/A

NIVEL 22, CE 22

D. X. DE FAMILIA, INFANCIA E DINAMIZACIÓN DEMOGRÁFICA

S. X. DE AUTORIZACIÓN E INSPECCIÓN DE SERVIZOS SOCIAIS

A1

PSICÓLOGO/A

NIVEL 26, CE 26

EDIFICIOS XUDICIAIS (A CORUÑA)

EDIFICIOS XUDICIAIS (FERROL)

EDIFICIOS XUDICIAIS (LUGO)

EDIFICIOS XUDICIAIS (OURENSE)

EDIFICIOS XUDICIAIS (PONTEVEDRA)

EDIFICIOS XUDICIAIS (SANTIAGO DE COMPOSTELA)

EDIFICIOS XUDICIAIS (VIGO)

EQUIPO TÉCNICO DE XURISDICIÓN PROVINCIAL DE MENORES DA PROVINCIA DA CORUÑA. SECCIÓN DE MENORES DA FISCALÍA E XULGADO DE MENORES

EQUIPO TÉCNICO DE XURISDICIÓN PROVINCIAL DE MENORES DA PROVINCIA DE LUGO. SECCIÓN DE MENORES DA FISCALÍA E XULGADO DE MENORES

EQUIPO TÉCNICO DE XURISDICIÓN PROVINCIAL DE MENORES DA PROVINCIA DE OURENSE. SECCIÓN DE MENORES DA FISCALÍA E XULGADO DE MENORES

EQUIPO TÉCNICO DE XURISDICIÓN PROVINCIAL DE MENORES DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA. SECCIÓN DE MENORES DA FISCALÍA E XULGADO DE MENORES

INSTITUTO DE MEDICINA LEGAL DE GALICIA. SUBDIRECCIÓN TERRITORIAL DA CORUÑA

INSTITUTO DE MEDICINA LEGAL DE GALICIA. SUBDIRECCIÓN TERRITORIAL DE FERROL

INSTITUTO DE MEDICINA LEGAL DE GALICIA. SUBDIRECCIÓN TERRITORIAL DE LUGO

INSTITUTO DE MEDICINA LEGAL DE GALICIA. SUBDIRECCIÓN TERRITORIAL DE OURENSE

INSTITUTO DE MEDICINA LEGAL DE GALICIA. SUBDIRECCIÓN TERRITORIAL DE PONTEVEDRA

A1

PSICÓLOGO/A

NIVEL 26, CE 26

INSTITUTO DE MEDICINA LEGAL DE GALICIA. SUBDIRECCIÓN TERRITORIAL DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

INSTITUTO DE MEDICINA LEGAL DE GALICIA. SUBDIRECCIÓN TERRITORIAL DE VIGO

A1

PSICÓLOGO/A

NIVEL 22, CE 23

CENTRO DE ATENCIÓN A PERSOAS CON DISCAPACIDADES (A CORUÑA)

CENTRO DE ATENCIÓN A PERSOAS CON DISCAPACIDADES (REDONDELA)

CENTRO DE ATENCIÓN A PERSOAS CON DISCAPACIDADES (SARRIA)

CENTRO DE MENORES AVELINO MONTERO

CENTRO DE RECUPERACIÓN INTEGRAL PARA MULLERES QUE SOFREN VIOLENCIA DE XÉNERO

OFICINA DE VALORACIÓN DE DEPENDENCIA E DISCAPACIDADES (FERROL)

OFICINA DE VALORACIÓN DE DEPENDENCIA E DISCAPACIDADES (PONTEVEDRA)

OFICINA DE VALORACIÓN DE DEPENDENCIA E DISCAPACIDADES (SANTIAGO DE COMPOSTELA)

RESIDENCIA ASISTIDA DE MAIORES (OLEIROS)

XEFATURA TERRITORIAL A CORUÑA

XEFATURA TERRITORIAL LUGO

XEFATURA TERRITORIAL OURENSE

XEFATURA TERRITORIAL VIGO

A1

PSICÓLOGO/A

NIVEL 22, CE 22

CEE TERRA DE FERROL (FERROL)

D. X. DE FAMILIA, INFANCIA E DINAMIZACIÓN DEMOGRÁFICA

D. X. DE INCLUSIÓN SOCIAL

D. X. DE MAIORES E PERSOAS CON DISCAPACIDADE

S. X. DE AUTORIZACIÓN E INSPECCIÓN DE SERVIZOS SOCIAIS

A1-A2

COORD. PLANIFICAC. UNIDADE ATENCIÓN Á DEPENDENCIA

NIVEL 25, CE 25

D. X. DE MAIORES E PERSOAS CON DISCAPACIDADE

A1-A2

COORD. RECURSOS

ATENC. Á DEP. E

AUTONOMÍA PERSOAL

NIVEL 25, CE 25

D. X. DE MAIORES E PERSOAS CON DISCAPACIDADE

A1-A2

COORDINADOR/A DE MENORES

NIVEL 25, CE 25

XEFATURA TERRITORIAL A CORUÑA

XEFATURA TERRITORIAL LUGO

XEFATURA TERRITORIAL OURENSE

XEFATURA TERRITORIAL VIGO

A1-A2

COORDINADOR/A EQUIPO VALORACIÓN

DEPENDENCIA

NIVEL 25, CE 25

XEFATURA TERRITORIAL LUGO

XEFATURA TERRITORIAL OURENSE

A1-A2

DIRECTOR/A CENTRO DE MENORES

NIVEL 26, CE 26

CENTRO DE MENORES A CARBALLEIRA

CENTRO DE MENORES AVELINO MONTERO

CENTRO DE MENORES SAN JOSÉ DE CALASANZ

CENTRO DE MENORES SANTO ANXO DA GARDA

COMPLEXO DE ATENCIÓN DE MENORES DE FERROL

A2

DIRECTOR/A ADMINISTRADOR/A

NIVEL 21, CE 21

CENTRO SOCIOCOMUNITARIO (A CORUÑA)

CENTRO SOCIOCOMUNITARIO (FERROL)

CENTRO SOCIOCOMUNITARIO (LUGO)

A2

DIRECTOR/A CASA DA XUVENTUDE

NIVEL 20, CE 20

CASA DA XUVENTUDE DE OURENSE

CASA DA XUVENTUDE DE TUI

CASA DA XUVENTUDE DE VILAGARCÍA DE AROUSA

CASA DA XUVENTUDE DE VILALBA

A2

DIRECTOR/A DE CENTRO SOCIAL

NIVEL 21, CE 21

CENTRO SOCIO COMUNITARIO DE COIA

CENTRO SOCIO COMUNITARIO O CALVARIO

CENTRO SOCIOCOMUNITARIO A POBRA DO CARAMIÑAL

CENTRO SOCIOCOMUNITARIO A RÚA - PETÍN

CENTRO SOCIOCOMUNITARIO AS PONTES

CENTRO SOCIOCOMUNITARIO BAIONA

CENTRO SOCIOCOMUNITARIO CORCUBIÓN

CENTRO SOCIOCOMUNITARIO DE BOUZAS

CENTRO SOCIOCOMUNITARIO DE CELANOVA

CENTRO SOCIOCOMUNITARIO DE MACEDA

CENTRO SOCIOCOMUNITARIO DE MERA

CENTRO SOCIOCOMUNITARIO DE TEIS

CENTRO SOCIOCOMUNITARIO DE VERÍN

CENTRO SOCIOCOMUNITARIO FENE

CENTRO SOCIOCOMUNITARIO LALÍN

CENTRO SOCIOCOMUNITARIO MONDOÑEDO

CENTRO SOCIOCOMUNITARIO MUROS

CENTRO SOCIOCOMUNITARIO O BARCO

CENTRO SOCIOCOMUNITARIO O CARBALLIÑO

CENTRO SOCIOCOMUNITARIO O PORRIÑO

CENTRO SOCIOCOMUNITARIO PONTE PELAMIOS (OURENSE)

CENTRO SOCIOCOMUNITARIO REDONDELA

CENTRO SOCIOCOMUNITARIO RIBADAVIA

CENTRO SOCIOCOMUNITARIO RIBADEO

CENTRO SOCIOCOMUNITARIO RIVERA ATIENZA

CENTRO SOCIOCOMUNITARIO SANTA COMBA

CENTRO SOCIOCOMUNITARIO TUI

CENTRO SOCIOCOMUNITARIO VIANA

CENTRO SOCIOCOMUNITARIO VILAGARCÍA DE AROUSA

CENTRO SOCIOCOMUNITARIO VILALBA

CENTRO SOCIOCOMUNITARIO VILAXOÁN

CENTRO SOCIOCOMUNITARIO XINZO

A2

EDUCADOR/A

NIVEL 25, CE 25

EQUIPO TÉCNICO DE XURISDICIÓN PROVINCIAL DE MENORES DA PROVINCIA DA CORUÑA. SECCIÓN DE MENORES DA FISCALÍA E XULGADO DE MENORES

EQUIPO TÉCNICO DE XURISDICIÓN PROVINCIAL DE MENORES DA PROVINCIA DE LUGO. SECCIÓN DE MENORES DA FISCALÍA E XULGADO DE MENORES

EQUIPO TÉCNICO DE XURISDICIÓN PROVINCIAL DE MENORES DA PROVINCIA DE OURENSE. SECCIÓN DE MENORES DA FISCALÍA E XULGADO DE MENORES

EQUIPO TÉCNICO DE XURISDICIÓN PROVINCIAL DE MENORES DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA. SECCIÓN DE MENORES DA FISCALÍA E XULGADO DE MENORES

A2

EDUCADOR/A

NIVEL 20, CE 22

CENTRO DE ATENCIÓN A PERSOAS CON DISCAPACIDADES (A CORUÑA)

CENTRO DE ATENCIÓN A PERSOAS CON DISCAPACIDADES (REDONDELA)

CENTRO DE ATENCIÓN A PERSOAS CON DISCAPACIDADES (SARRIA)

CENTRO DE MENORES A CARBALLEIRA

A2

EDUCADOR/A

NIVEL 20, CE 22

CENTRO DE MENORES AVELINO MONTERO

CENTRO DE MENORES SAN JOSÉ DE CALASANZ

CENTRO DE MENORES SANTO ANXO DA GARDA

CENTRO OCUPACIONAL O SAIAR (CALDAS DE REIS)

COMPLEXO DE ATENCIÓN DE MENORES DE FERROL

XEFATURA TERRITORIAL A CORUÑA

XEFATURA TERRITORIAL LUGO

XEFATURA TERRITORIAL OURENSE

XEFATURA TERRITORIAL VIGO

A2

EDUCADOR/A

NIVEL 20, CE 20

CEE A BARCIA (SANTIAGO DE COMPOSTELA)

CEE INFANTA ELENA (MONFORTE DE LEMOS)

CEE MANUEL LÓPEZ NAVALÓN (SANTIAGO DE COMPOSTELA)

CEE MIÑO (OURENSE)

CEE O PEDROSO (SANTIAGO DE COMPOSTELA)

CEE SANTA MARÍA (LUGO)

CEE TERRA DE FERROL (FERROL)

CEE DE PANXÓN (NIGRÁN)

ESCOLA INFANTIL ANTELA

ESCOLA OFICIAL NÁUTICO-PESQUEIRA DE FERROL

INSTITUTO POLITÉCNICO MARÍTIMO-PESQUEIRO DO ATLÁNTICO DE VIGO

A2

EDUCADOR/A COORDINADOR/A

NIVEL 20, CE 22

CASA DA XUVENTUDE DE OURENSE

A2

ENFERMEIRO/A

NIVEL 20, CE 22

CENTRO DE ATENCIÓN A PERSOAS CON DISCAPACIDADES (A CORUÑA)

CENTRO DE ATENCIÓN A PERSOAS CON DISCAPACIDADES (REDONDELA)

CENTRO DE ATENCIÓN A PERSOAS CON DISCAPACIDADES (SARRIA)

COMPLEXO RESIDENCIAL DE ATENCIÓN A PERSOAS DEPENDENTES (VIGO)

RESIDENCIA ASISTIDA DE MAIORES VOLTA DO CASTRO (SANTIAGO DE COMPOSTELA)

RESIDENCIA ASISTIDA DE MAIORES (OLEIROS)

RESIDENCIA DE MAIORES (BURELA)

RESIDENCIA DE MAIORES (FERROL)

RESIDENCIA DE MAIORES (PONTEVEDRA)

RESIDENCIA DE MAIORES AS GÁNDARAS (LUGO)

RESIDENCIA DE MAIORES Nª Sª MIRAGRES (OURENSE)

RESIDENCIA DE MAIORES TORRENTE BALLESTER (A CORUÑA)

A2

ENFERMEIRO/A

NIVEL 20, CE 20

S. X. DE COORDINACIÓN DE SERVIZOS TRANSVERSAIS

A2

ENFERMEIRO/A

NIVEL 18, CE 22

RESIDENCIA DE MAIORES (MARÍN)

RESIDENCIA DE MAIORES (SANTIAGO DE COMPOSTELA)

A2

ENFERMEIRO/A

NIVEL 18, CE 20

AULAS E.E. CENTRO PÚBLICO PROVINCIAL (PONTEVEDRA)

CEE A BARCIA (SANTIAGO DE COMPOSTELA)

CEE MIÑO (OURENSE)

CEE SALADINO CORTIZO (VIGO)

CEE TERRA DE FERROL (FERROL)

CEE DE PANXÓN (NIGRÁN)

A2

ENFERMEIRO/A

NIVEL 18, CE 18

CENTRO GALEGO DE TECNIFICACIÓN DEPORTIVA

CENTRO SOCIOCOMUNITARIO VILALBA

IES O MOSTEIRÓN (SADA)

A2

ENFERMEIRO/A COORDINADOR/A

NIVEL 22, CE 22

CENTRO DE ATENCIÓN A PERSOAS CON DISCAPACIDADES (REDONDELA)

CENTRO DE ATENCIÓN A PERSOAS CON DISCAPACIDADES (SARRIA)

COMPLEXO RESIDENCIAL DE ATENCIÓN A PERSOAS DEPENDENTES (VIGO)

RESIDENCIA ASISTIDA DE MAIORES VOLTA DO CASTRO (SANTIAGO DE COMPOSTELA)

RESIDENCIA ASISTIDA DE MAIORES (OLEIROS)

RESIDENCIA DE MAIORES (FERROL)

RESIDENCIA DE MAIORES (PONTEVEDRA)

RESIDENCIA DE MAIORES AS GÁNDARAS (LUGO)

RESIDENCIA DE MAIORES Nª Sª MIRAGRES (OURENSE)

RESIDENCIA DE MAIORES TORRENTE BALLESTER (A CORUÑA)

A2

ENFERMEIRO/A FUNCIÓNS DE SUBDIRECCIÓN

NIVEL 22, CE 22

RESIDENCIA DE MAIORES (BURELA)

A2

ENFERMEIRO/A FUNCIÓNS DE SUBDIRECCIÓN

NIVEL 18, CE 22

RESIDENCIA DE MAIORES (A ESTRADA)

RESIDENCIA DE MAIORES (A POBRA DO CARAMIÑAL)

RESIDENCIA DE MAIORES (CARBALLO)

RESIDENCIA DE MAIORES (CASTRO CALDELAS)

RESIDENCIA DE MAIORES (MONFORTE DE LEMOS)

RESIDENCIA DE MAIORES (O CARBALLIÑO)

RESIDENCIA DE MAIORES A MILAGROSA (LUGO)

A2

FISIOTERAPEUTA

NIVEL 20, CE 21

CENTRO DE ATENCIÓN A PERSOAS CON DISCAPACIDADES (A CORUÑA)

CENTRO DE ATENCIÓN A PERSOAS CON DISCAPACIDADES (REDONDELA)

CENTRO DE ATENCIÓN A PERSOAS CON DISCAPACIDADES (SARRIA)

COMPLEXO RESIDENCIAL DE ATENCIÓN A PERSOAS DEPENDENTES (VIGO)

RESIDENCIA ASISTIDA DE MAIORES VOLTA DO CASTRO (SANTIAGO DE COMPOSTELA)

RESIDENCIA ASISTIDA DE MAIORES (OLEIROS)

RESIDENCIA DE MAIORES (BURELA)

RESIDENCIA DE MAIORES (FERROL)

RESIDENCIA DE MAIORES (PONTEVEDRA)

RESIDENCIA DE MAIORES AS GÁNDARAS (LUGO)

RESIDENCIA DE MAIORES Nª Sª MIRAGRES (OURENSE)

RESIDENCIA DE MAIORES TORRENTE BALLESTER (A CORUÑA)

A2

FISIOTERAPEUTA

NIVEL 20, CE 20

CEE A BARCIA (SANTIAGO DE COMPOSTELA)

CEE INFANTA ELENA (MONFORTE DE LEMOS)

CEE MIÑO (OURENSE)

CEE SALADINO CORTIZO (VIGO)

CEE SANTA MARÍA (LUGO)

CEE TERRA DE FERROL (FERROL)

CEE DE VILAGARCÍA DE AROUSA

OFICINA DE VALORACIÓN DE DEPENDENCIA E DISCAPACIDADES (FERROL)

OFICINA DE VALORACIÓN DE DEPENDENCIA E DISCAPACIDADES (SANTIAGO DE COMPOSTELA)

XEFATURA TERRITORIAL A CORUÑA

XEFATURA TERRITORIAL LUGO

A2

FISIOTERAPEUTA

NIVEL 18, CE 18

CENTRO GALEGO DE TECNIFICACIÓN DEPORTIVA

A2

RESPONSABLE CENTRO DE MENORES

NIVEL 21, CE 24

CENTRO DE MENORES A CARBALLEIRA

CENTRO DE MENORES AVELINO MONTERO

CENTRO DE MENORES SANTO ANXO DA GARDA

A2

TERAPEUTA OCUPACIONAL

NIVEL 20, CE 21

CENTRO DE ATENCIÓN A PERSOAS CON DISCAPACIDADES (A CORUÑA)

CENTRO DE ATENCIÓN A PERSOAS CON DISCAPACIDADES (REDONDELA)

CENTRO DE ATENCIÓN A PERSOAS CON DISCAPACIDADES (SARRIA)

CENTRO DE RECUPERACIÓN INTEGRAL PARA MULLERES QUE SOFREN VIOLENCIA DE XÉNERO

COMPLEXO RESIDENCIAL DE ATENCIÓN A PERSOAS DEPENDENTES (VIGO)

RESIDENCIA ASISTIDA DE MAIORES VOLTA DO CASTRO (SANTIAGO DE COMPOSTELA)

RESIDENCIA ASISTIDA DE MAIORES (OLEIROS)

RESIDENCIA DE MAIORES (BURELA)

RESIDENCIA DE MAIORES (FERROL)

RESIDENCIA DE MAIORES (PONTEVEDRA)

RESIDENCIA DE MAIORES AS GÁNDARAS (LUGO)

RESIDENCIA DE MAIORES Nª Sª MIRAGRES (OURENSE)

RESIDENCIA DE MAIORES TORRENTE BALLESTER (A CORUÑA)

A2

TERAPEUTA OCUPACIONAL

NIVEL 20, CE 20

CASA DA XUVENTUDE DE OURENSE

OFICINA DE VALORACIÓN DE DEPENDENCIA E DISCAPACIDADES (FERROL)

OFICINA DE VALORACIÓN DE DEPENDENCIA E DISCAPACIDADES (PONTEVEDRA)

OFICINA DE VALORACIÓN DE DEPENDENCIA E DISCAPACIDADES (SANTIAGO DE COMPOSTELA)

XEFATURA TERRITORIAL A CORUÑA

XEFATURA TERRITORIAL LUGO

XEFATURA TERRITORIAL OURENSE

XEFATURA TERRITORIAL VIGO

A2

TRABALLADOR/A SOCIAL

NIVEL 25, CE 25

EQUIPO TÉCNICO DE XURISDICIÓN PROVINCIAL DE MENORES DA PROVINCIA DA CORUÑA. SECCIÓN DE MENORES DA FISCALÍA E XULGADO DE MENORES

EQUIPO TÉCNICO DE XURISDICIÓN PROVINCIAL DE MENORES DA PROVINCIA DE LUGO. SECCIÓN DE MENORES DA FISCALÍA E XULGADO DE MENORES

EQUIPO TÉCNICO DE XURISDICIÓN PROVINCIAL DE MENORES DA PROVINCIA DE OURENSE. SECCIÓN DE MENORES DA FISCALÍA E XULGADO DE MENORES

EQUIPO TÉCNICO DE XURISDICIÓN PROVINCIAL DE MENORES DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA. SECCIÓN DE MENORES DA FISCALÍA E XULGADO DE MENORES

INSTITUTO DE MEDICINA LEGAL DE GALICIA. SUBDIRECCIÓN TERRITORIAL DA CORUÑA

INSTITUTO DE MEDICINA LEGAL DE GALICIA. SUBDIRECCIÓN TERRITORIAL DE FERROL

INSTITUTO DE MEDICINA LEGAL DE GALICIA. SUBDIRECCIÓN TERRITORIAL DE LUGO

INSTITUTO DE MEDICINA LEGAL DE GALICIA. SUBDIRECCIÓN TERRITORIAL DE OURENSE

INSTITUTO DE MEDICINA LEGAL DE GALICIA. SUBDIRECCIÓN TERRITORIAL DE PONTEVEDRA

INSTITUTO DE MEDICINA LEGAL DE GALICIA. SUBDIRECCIÓN TERRITORIAL DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

INSTITUTO DE MEDICINA LEGAL DE GALICIA. SUBDIRECCIÓN TERRITORIAL DE VIGO

A2

TRABALLADOR/A SOCIAL

NIVEL 20, CE 22

CENTRO DE ATENCIÓN A PERSOAS CON DISCAPACIDADES (A CORUÑA)

CENTRO DE ATENCIÓN A PERSOAS CON DISCAPACIDADES (REDONDELA)

CENTRO DE ATENCIÓN A PERSOAS CON DISCAPACIDADES (SARRIA)

COMPLEXO RESIDENCIAL DE ATENCIÓN A PERSOAS DEPENDENTES (VIGO)

XEFATURA TERRITORIAL A CORUÑA

XEFATURA TERRITORIAL LUGO

XEFATURA TERRITORIAL OURENSE

XEFATURA TERRITORIAL VIGO

A2

TRABALLADOR/A SOCIAL

NIVEL 20, CE 20

CENTRO DE RECUPERACIÓN INTEGRAL PARA MULLERES QUE SOFREN VIOLENCIA DE XÉNERO

OFICINA DE VALORACIÓN DE DEPENDENCIA E DISCAPACIDADES (FERROL)

OFICINA DE VALORACIÓN DE DEPENDENCIA E DISCAPACIDADES (PONTEVEDRA)

OFICINA DE VALORACIÓN DE DEPENDENCIA E DISCAPACIDADES (SANTIAGO DE COMPOSTELA)

RESIDENCIA ASISTIDA DE MAIORES VOLTA DO CASTRO (SANTIAGO DE COMPOSTELA)

RESIDENCIA ASISTIDA DE MAIORES (OLEIROS)

RESIDENCIA DE MAIORES (BURELA)

RESIDENCIA DE MAIORES (CARBALLO)

RESIDENCIA DE MAIORES (FERROL)

RESIDENCIA DE MAIORES (MARÍN)

RESIDENCIA DE MAIORES (PONTEVEDRA)

RESIDENCIA DE MAIORES (SANTIAGO DE COMPOSTELA)

RESIDENCIA DE MAIORES AS GÁNDARAS (LUGO)

RESIDENCIA DE MAIORES Nª Sª MIRAGRES (OURENSE)

RESIDENCIA DE MAIORES TORRENTE BALLESTER (A CORUÑA)

XEFATURA TERRITORIAL A CORUÑA

XEFATURA TERRITORIAL LUGO

XEFATURA TERRITORIAL OURENSE

XEFATURA TERRITORIAL VIGO

A2

TRABALLADOR/A SOCIAL

NIVEL 18, CE 18

CEE SALADINO CORTIZO (VIGO)

CEE TERRA DE FERROL (FERROL)

CENTRO SOCIOCOMUNITARIO (A CORUÑA)

CENTRO SOCIOCOMUNITARIO A POBRA DO CARAMIÑAL

CENTRO SOCIOCOMUNITARIO O BARCO

CENTRO SOCIOCOMUNITARIO RIBADEO

D. X. DE FAMILIA, INFANCIA E DINAMIZACIÓN DEMOGRÁFICA

D. X. DE INCLUSIÓN SOCIAL

D. X. DE MAIORES E PERSOAS CON DISCAPACIDADE

D. X. DE XUVENTUDE, PARTICIPACIÓN E VOLUNTARIADO

EQUIPO DE ORIENTACIÓN ESPECÍFICO DA PROVINCIA DE LUGO

EQUIPO DE ORIENTACIÓN ESPECÍFICO DA PROVINCIA DE OURENSE

XEFATURA TERRITORIAL A CORUÑA

XEFATURA TERRITORIAL LUGO

XEFATURA TERRITORIAL OURENSE

XEFATURA TERRITORIAL VIGO

A2

TRABALLADOR/A SOCIAL COORDINADOR/A C. DÍA

NIVEL 21, CE 22

RESIDENCIA ASISTIDA DE MAIORES VOLTA DO CASTRO (SANTIAGO DE COMPOSTELA)

C1

ESPECIALISTA XARDÍN INFANCIA

NIVEL 18, CE 18

ESCOLA INFANTIL A FARIXA

ESCOLA INFANTIL ANTELA

ESCOLA INFANTIL AS MARIÑAS

ESCOLA INFANTIL BOUZAS

ESCOLA INFANTIL CAMPOLONGO

ESCOLA INFANTIL CATABOIS

ESCOLA INFANTIL COMPLEXO ADMINISTRATIVO DE VIGO

ESCOLA INFANTIL DE CABRAL

ESCOLA INFANTIL DE CELEIRO

ESCOLA INFANTIL DE COIA

ESCOLA INFANTIL DE MARÍN

ESCOLA INFANTIL DE REDONDELA

ESCOLA INFANTIL ELVIÑA

ESCOLA INFANTIL Nª Sª DO CAMPO

ESCOLA INFANTIL Nª Sª PURIFICACIÓN

ESCOLA INFANTIL Nª Sª SGDO. CORAZÓN

ESCOLA INFANTIL O TOXO

ESCOLA INFANTIL O VENTORRILLO

ESCOLA INFANTIL PARADAI

ESCOLA INFANTIL RELFAS

ESCOLA INFANTIL SANTA Mª DE OZA

ESCOLA INFANTIL SANTA SUSANA

ESCOLA INFANTIL VIRXE DE COVADONGA

ESCOLA INFANTIL VIRXE DO CHAMORRO

ESCOLA INFANTIL VITE

C2

AUXILIAR DE CLÍNICA

NIVEL 15, CE 19

CENTRO DE ATENCIÓN A PERSOAS CON DISCAPACIDADES (REDONDELA)

CENTRO DE ATENCIÓN A PERSOAS CON DISCAPACIDADES (SARRIA)

CENTRO OCUPACIONAL O SAIAR (CALDAS DE REIS)

COMPLEXO RESIDENCIAL DE ATENCIÓN A PERSOAS DEPENDENTES (VIGO)

RESIDENCIA ASISTIDA DE MAIORES VOLTA DO CASTRO (SANTIAGO DE COMPOSTELA)

RESIDENCIA ASISTIDA DE MAIORES (OLEIROS)

RESIDENCIA DE MAIORES (BURELA)

RESIDENCIA DE MAIORES (FERROL)

RESIDENCIA DE MAIORES (PONTEVEDRA)

RESIDENCIA DE MAIORES AS GÁNDARAS (LUGO)

RESIDENCIA DE MAIORES Nª Sª MIRAGRES (OURENSE)

RESIDENCIA DE MAIORES TORRENTE BALLESTER (A CORUÑA)

C2

AUXILIAR DE CLÍNICA

NIVEL 15, CE 15

AULAS E.E. CENTRO PÚBLICO PROVINCIAL (PONTEVEDRA)

CEE TERRA DE FERROL (FERROL)

LABORATORIO DE SAÚDE PÚBLICA DE GALICIA (LUGO)

RESIDENCIA DE MAIORES (A ESTRADA)

RESIDENCIA DE MAIORES (A POBRA DO CARAMIÑAL)

RESIDENCIA DE MAIORES (CARBALLO)

C2

AUXILIAR DE CLÍNICA

NIVEL 15, CE 15

RESIDENCIA DE MAIORES (CASTRO CALDELAS)

RESIDENCIA DE MAIORES (MARÍN)

RESIDENCIA DE MAIORES (MONFORTE DE LEMOS)

RESIDENCIA DE MAIORES (O CARBALLIÑO)

RESIDENCIA DE MAIORES (SANTIAGO DE COMPOSTELA)

RESIDENCIA DE MAIORES A MILAGROSA (LUGO)

C2

AUXILIAR DE CLÍNICA

NIVEL 12, CE 12

CENTRO DE INVESTIGACIÓNS AGRARIAS DE MABEGONDO (A CORUÑA)

CENTRO RESIDENCIAL DOCENTE (CULLEREDO)

CENTRO TERRITORIAL DO ISSGA EN LUGO

CENTRO TERRITORIAL DO ISSGA EN OURENSE

CENTRO TERRITORIAL DO ISSGA EN PONTEVEDRA

CENTRO TERRITORIAL DO ISSGA NA CORUÑA

SERVIZO DE ALERTAS EPIDEMIOLÓXICAS (A CORUÑA)

SERVIZO DE ALERTAS EPIDEMIOLÓXICAS (PONTEVEDRA)

SERVIZO DE CONTROL DE RISCOS AMBIENTAIS (OURENSE)

SERVIZO DE CONTROL DE RISCOS AMBIENTAIS (PONTEVEDRA)

XEFATURA TERRITORIAL DA CORUÑA

Especial consideración debe ter na clasificación de postos de traballo de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia dadas as súas características especiais:

a) Escala de técnicos facultativos especialidades de traballo social, terapia ocupacional e fisioterapia con destino en residencias, oficinas valoración dependencia e xefaturas territoriais da Consellería de Política Social, centros de educación especial da Consellería de Cultura, Educación e Universidade e Centro de Recuperación Integral para Mulleres Vítimas de Violencia de Xénero (CRI).

Aos postos da escala de técnicos facultativos especialidades de traballo social, terapia ocupacional e fisioterapia destinados en residencias, oficinas de valoración da dependencia, en xefaturas territoriais da Consellería de Política Social, centros de educación especial da Consellería de Cultura, Educación e Universidade e no Centro de Recuperación Integral para Mulleres Vítimas de Violencia de Xénero (CRI) establécese o nivel 20 do complemento de destino e específico, máis un incremento do complemento específico de 28 euros anuais.

b) Escala de técnicos facultativos especialidades de enfermaría con destino en residencias para persoas con dependencia severa/gran dependencia e mixtas (dependencia severa/gran dependencia e autonomía ou dependencia leve/moderada).

Aos postos da escala de técnicos facultativos especialidades de enfermaría destinados en residencias para persoas con dependencia severa/gran dependencia e mixtas (dependencia severa/gran dependencia e autonomía ou dependencia leve/moderada) establécese un nivel 20 de complemento de destino e 22 de específico, máis un incremento do complemento específico de 28 euros anuais.

c) Escala de auxiliares de clínica con destino en residencias con dependencia severa/gran dependencia e mixtas (dependencia severa/gran dependencia e autonomía ou dependencia leve/moderada) e de centros de atención a persoas con discapacidade.

Aos postos da escala de auxiliares de clínica destinados en residencias para persoas con dependencia severa/gran dependencia e mixtas (dependencia severa/gran dependencia e autonomía ou dependencia leve/moderada) e nos centros de atención a persoas con discapacidade, establécese un nivel 15 do complemento de destino e un nivel 19 do complemento específico, máis un incremento do complemento específico de 28 euros anuais.

Segundo. A denominación das escalas afectadas por esta segunda RPT derivada dos procesos de funcionarización, así como a titulación requirida para o seu desempeño, serán actualizadas mediante a correspondente modificación da normativa en materia de función pública.

Terceiro. En tanto non se acorde coas organizacións sindicais outro réxime de aboamento, o persoal funcionarizado afectado por esta modificación da RPT, así como pola modificación da relación de postos de traballo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia referente ao proceso de funcionarización, aprobada polo Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 24 de xuño de 2021, que teña quendas nocturnas, seguiraas percibindo, na cantidade que lle correspondería segundo as estaba a percibir como persoal laboral do Convenio colectivo único do persoal laboral da Xunta de Galicia, tendo en conta para o seu cálculo as retribucións que percibiría como persoal laboral e non as que vai ter como persoal funcionario. Esta cantidade no réxime funcionarial terá a consideración de produtividade.

Cuarto. Constituirase unha comisión de seguimento presidida polo director xeral da Función Pública e constituída por un membro vogal de cada organización sindical asinante e iguais membros por parte da Dirección Xeral da Función Pública que ademais do establecido no punto anterior será a encargada da vixilancia, interpretación e seguimento do establecido neste acordo.

Esta comisión será consultada sobre os complementos de funcionarización que se establezan aos laborais fixos con posto nesta RPT que se funcionaricen con posterioridade á súa entrada en vigor.