Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 22 de febreiro de 2022 Páx. 12883

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Soutomaior

ANUNCIO de exposición pública de aprobación da bandeira.

O Pleno do Concello de Soutomaior, en sesión ordinaria que tivo lugar o día 27 de xaneiro de 2022, adoptou, entre outros, o acordo de aprobación da proposta de bandeira remitida pola Comisión de Heráldica da Xunta de Galicia.

Dando cumprimento ao establecido no artigo 16 do Decreto 19/2010, do 11 de febreiro, o expediente queda sometido ao trámite de información pública durante o prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios municipal. Durante este prazo os interesados poderán presentar as alegacións que coiden oportunas.

Ademais, estará á disposición na sede electrónica deste concello (enderezo electrónico https://soutomaior.sedelectronica.es).

Soutomaior, 1 de febreiro de 2022

Agustín Reguera Ocampo
Alcalde