Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 22 de febreiro de 2022 Páx. 12882

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Guarda

ANUNCIO de convocatoria de proceso selectivo de traballador/a social como persoal laboral fixo.

Expediente 99/2020.

Pola Resolución da Alcaldía núm. 2022-0053, do 24 de xaneiro de 2022, apróbanse as bases e a convocatoria do proceso de selección dunha praza de traballador/a social do Concello da Guarda, como persoal laboral fixo, mediante o sistema de concurso-oposición libre.

O prazo para presentar as solicitudes será de vinte ( 20) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do último anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da provincia, no Diario Oficial de Galicia ou no BOE.

As bases íntegras publicaranse no Boletín Oficial da provincia e na sede electrónica do Concello da Guarda www.aguarda.sedelectronica.gal

A Guarda, 24 de xaneiro de 2022

Antonio Lomba Baz
Alcalde