Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 22 de febreiro de 2022 Páx. 12881

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Amoeiro

ANUNCIO da oferta de emprego público correspondente ás prazas para o ano 2022.

Pola Resolución da Alcaldía deste Concello, do 22.1.2022, aprobouse a oferta de emprego público correspondente ás prazas que a seguir se apuntan para o ano 2022.

Persoal laboral:

Categoría laboral

Especialidade

Núm. vacantes

Sistema de acceso

Limpador

Limpador edificios municipais

2

Concurso-oposición

Auxiliar

Axuda a domicilio dependencia e libre concorrencia

2

Concurso-oposición

En cumprimento do artigo 91 da Lei 7/1985, do 2 de abril, da Lei reguladora das bases de réxime local, o artigo 70 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, pode interpor alternativamente ou recurso de reposición potestativo ante o alcalde, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense ou, á súa elección, o que corresponda ao seu domicilio, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da recepción da presente notificación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Se se opta por interpor o recurso de reposición potestativo, non poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se produza a súa desestimación por silencio. Todo iso sen prexuízo de que poida interpor calquera outro recurso que considere máis conveniente ao seu dereito.

Amoeiro, 22 de xaneiro de 2022

José Luis González López
Alcalde