Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 22 de febreiro de 2022 Páx. 12880

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ames

ANUNCIO de contratación como persoal laboral fixo, categoría oficial xardineiro, correspondente ao proceso de estabilización de emprego temporal da oferta de emprego público de 2018.

Mediante o Decreto da Alcaldía 94/2022, do 18 de xaneiro, acordouse:

«Primeiro. Contratar como persoal laboral fixo, categoría oficial xardineiro, grupo C, subgrupo C2, do Concello de Ames, a Concepción Barca Seage, con NIF ***9268**, por ser a aspirante que acadou a maior puntuación no proceso selectivo. Deberá incorporarse e iniciar a relación no prazo máximo dun mes desde a publicación no BOP da presente resolución, de tal xeito que a eficacia desta resolución estará supeditada á posterior e efectiva incorporación no prazo sinalado.

Segundo. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, as persoas aspirantes poderán interpor, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o mesmo órgano que ditou o acto, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución, ou directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, na forma prevista na lexislación reguladora da dita xurisdición contencioso-administrativa».

Ames, 20 de xaneiro de 2022

José Blas García Piñeiro
Alcalde