De conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde e na Orde da Consellería de Sanidade do 24 de maio de 2006, pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, convocouse mediante Resolución do 17 de novembro de 2021 (DOG núm. 228, do 26 de novembro), a provisión, polo sistema de concurso de méritos, de catro postos de xefatura de equipo de persoal de xestión e servizos de centros de saúde.
Con base no Decreto 137/2019, de 10 de outubro, polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, na Orde do 22 de abril de 2020 sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, e no Decreto 134/2019, do 10 de outubro, polo que se regulan as áreas sanitarias e os distritos sanitarios do Sistema público de saúde de Galicia, esta xerencia
DISPÓN:
Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión de catro postos de xefatura de equipo de persoal de xestión e servizos de centros de saúde, convocada mediante Resolución do 17 de novembro de 2021.
Segundo. Nomear, para o posto que se indica, as persoas citadas no anexo desta resolución.
Terceiro. As persoas aspirantes nomeadas deberá cesar na praza que desempeñen dentro dos 3 días hábiles seguintes a aquel en que se publique esta resolución no Diario Oficial de Galicia.
A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberá efectuarse dentro dos 2 días hábiles seguintes ao do cesamento, se a praza desempeñada e o posto adxudicado son da mesma área de saúde, ou no prazo de 7 días hábiles, se son de distinta área de saúde. Para estes efectos, entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrición ou destino provisional ou comisión de servizos.
Se así o permiten as necesidades do servizo, e por petición motivada dos interesados, os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados polo órgano convocante.
O prazo de toma de posesión e a súa prórroga terán a consideración de servizo activo, e percibiranse os correspondentes haberes de conformidade co que estableza a orde sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.
Entenderase que solicita a excedencia voluntaria por interese particular, e será declarado nesa situación polo órgano competente, quen non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.
Cuarto. Contra esta resolución poderá interpoñer recurso de alzada perante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da súa publicación, nos termos previstos nos artigos 121 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Vigo, 16 de febreiro de 2022
Francisco Javier Puente Prieto
Xerente da Área Sanitaria de Vigo
ANEXO
1. Denominación do posto: xefa de equipo de persoal de xestión e servizos do centro de saúde de Cangas da Área Sanitaria de Vigo.
Nome e apelidos: Paula Chapela Cabral.
DNI: ***4020**.
2. Denominación do posto: xefe de equipo de persoal de xestión e servizos do centro de saúde de Redondela da Área Sanitaria de Vigo.
Nome e apelidos: Francisco Javier Álvarez Campos.
DNI: ***1161**.
3. Denominación do posto: xefa de equipo de persoal de xestión e servizos do centro de saúde de Tui da Área Sanitaria de Vigo.
Nome e apelidos: Yolanda Dacosta Rivera.
DNI: ***2089**
4. Denominación do posto: xefa de equipo de persoal de xestión e servizos do centro de saúde do Val Miñor da Área Sanitaria de Vigo.
Nome e apelidos: María Rocío Hermida Cebey.
DNI: ***8804**.