Elevada pola Comisión de Avaliación a proposta definitiva de adxudicación de postos, o xerente no exercicio das competencias delegadas que se lle recoñecen pola Resolución reitoral do 30 de abril de 2020 sobre delegación de competencias en determinados órganos universitarios (DOG do 11 de maio) resolve:
1. Adxudicarlle ao persoal funcionario que se relaciona no anexo, os postos de traballo que nel se especifican, con efectos económicos e administrativos do día 1 de marzo de 2022.
2. Adxudicarlle con carácter definitivo, a Enrique José López Veloso o posto de Xefatura da Oficina de Mobilidade (código PF000962), en virtude do establecido na base 9.2 da Resolución do 4 de maio de 2021 pola que se convoca o procedemento e segundo a cal, a autoridade convocante poderá adxudicarlle con carácter definitivo un posto no campus onde está actualmente destinado/a, sempre que resulten vacantes postos incluídos no intervalo de niveis do subgrupo a que pertenza o/a funcionario/a.
3. A adxudicación destes postos supón a imposibilidade, para o persoal nomeado, de participar durante seis meses nos concursos que se convoquen.
Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer un recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non recaia resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 116 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.
Santiago de Compostela, 11 de febreiro de 2022
Antonio Javier Ferreira Fernández
Xerente da Universidade de Santiago de Compostela
ANEXO
Código |
Denominación e unidade de adscrición do posto |
Quenda |
Campus |
Persoa proposta |
Puntuación total |
Observacións |
PF000030 |
Letrado/a Servizo de Asesoría Xurídica |
Mañá |
Compostela |
Soengas Seoane, María Carmen |
75,82 |
|
PF000009 |
Xefatura de servizo Servizo de Axudas e Servizos ao Alumnado |
Mañá |
Compostela |
Ríos López, María Carmen |
63,14 |
|
PF000012 |
Xefatura de servizo Servizo Xestión da Oferta e Programación Académica |
Mañá |
Compostela |
Lamas Alvariño, Jesús Juan |
63,90 |
Comparte dependencia funcional coa Vicerreitoría de Organización Académica |
PF000013 |
Xefatura de servizo Servizo de Xestión Económica |
Mañá |
Compostela |
Pérez González, José Delfín |
77,42 |
|
PF000965 |
Xefatura de subárea. Subárea de Convocatorias e Recursos Humanos. Área de Xestión de Investigación |
Mañá |
Compostela |
Boquete Botana, Manuel |
63,63 |
|
PF000966 |
Xefatura de subárea Subárea Económica. Área de Xestión de Investigación |
Mañá |
Compostela |
Basante Barbazán, José Ramón |
69,52 |
|
PF000033 |
Xefatura de sección de administración Sección de Servizos á Comunidade Universitaria. Servizo de Axudas e Servizos ao Alumnado |
Mañá |
Compostela |
Delgado Suárez, José Antonio |
53,76 |
|
PF000041 |
Xefatura de sección de administración Sección de Tesouraría. Servizo de Contabilidade e Orzamentos |
Mañá |
Compostela |
Pazo Regueiro, María Carmen |
53,15 |
|
PF000044 |
Xefatura de sección de administración Sección de Infraestruturas e Patrimonio. Área de Arquitectura e Urbanismo |
Mañá |
Compostela |
Pasarín Pereira, María Dolores |
61,11 |
Comparte Área de Operación de Infraestruturas/Comparte dependencia funcional Servizo Xestión Económica |
PF000048 |
Xefatura de sección de administración Sección de Xestión de PAS. Servizo de Xestión de Persoal |
Mañá |
Compostela |
Villar García, Beatriz |
65,36 |
|
PF000049 |
Xefatura de sección de administración Sección de Programación e Selección de Profesorado. Servizo de Planificación de Persoal Docente e Investigador |
Mañá |
Compostela |
Domínguez González, Virginia |
47,55 |
|
PF000051 |
Xefatura de sección de administración Sección de Convocatorias e Programas de I+D. Subárea de Convocatorias e Programas de Recursos Humanos. Área de Xestión de Investigación |
Mañá |
Compostela |
López Gómez, Javier |
64,53 |
|
PF000103 |
Responsable de unidade Unidade de Xestión de Centro e Departamentos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais |
Mañá |
Compostela |
Sieiro Negro, Elena |
51,62 |
|
PF000107 |
Responsable de unidade Unidade de Xestión de Centro e Departamentos da Facultade de Filoloxía |
Mañá |
Compostela |
Meitín Suárez, Rosalía |
60,19 |
|
PF000108 |
Responsable de unidade Unidade Xestión de Centro e Departamentos da Facultade de Física |
Mañá |
Compostela |
Carral López, José Luis |
60,61 |