Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 28 de febreiro de 2022 Páx. 14035

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 10 de febreiro de 2022 pola que se modifica o anexo II da Orde do 20 de novembro de 2019 pola que se dá publicidade das titulacións que permiten a incorporación ás listas de aspirantes a desempeñar postos docentes en réxime de interinidades e substitucións dos corpos de mestres, de profesores de ensino secundario, de profesores técnicos de formación profesional e de profesores de escolas oficiais de idiomas que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, en centros docentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

Advertido erro na devandita orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 35, do 21 de febreiro de 2022, cómpre efectuar a seguinte corrección:

Na páxina 12274, parágrafo segundo, onde di: «A Sala do Contencioso-Administrativo, Sección 1ª, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, ditou sentenza, que é firme no PO 332/20...», debe dicir: «A Sala do Contencioso-Administrativo, Sección 1ª, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, ditou sentenza, que é firme no PO 322/2020…».