Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 1 de marzo de 2022 Páx. 14748

III. Outras disposicións

Escola Galega de Administración Pública

RESOLUCIÓN do 21 de febreiro de 2022 pola que se convocan as actividades de formación para o persoal da Administración local da Comunidade Autónoma de Galicia.

Aprobado o programa de actividades formativas da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) para o ano 2022 polo Consello Reitor, de conformidade co artigo 6.2 da Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da EGAP,

RESOLVO:

Convocar as actividades formativas que figuran no anexo II, que deberán desenvolverse segundo as bases detalladas no anexo I.

Santiago de Compostela, 21 de febreiro de 2022

Sonia Rodríguez-Campos González
Directora da Escola Galega de Administración Pública

ANEXO I

Bases

Primeira. Requisitos das persoas participantes

1. Poderá participar nas accións formativas convocadas mediante esta resolución o persoal funcionario de Administración local con habilitación de carácter nacional e o resto do persoal empregado público ao servizo das entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia, que estea prestando servizos noutras administracións públicas de Galicia, que se encontre en situación de servizo activo (incluído o persoal que teña concedido un permiso por motivos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral) e que reúna os requisitos establecidos nesta convocatoria e para cada un dos casos no anexo II.

Está exceptuado o persoal das escalas dos corpos da policía local e bombeiros.

2. Para as actividades impartidas nunha modalidade que inclúe teleformación, as persoas interesadas deberán dispor dunha conta de correo electrónico cuxo enderezo terán que indicar na solicitude e dun equipo informático que cumpra os seguintes requisitos técnicos:

– Un computador con conexión á internet.

– Un navegador web actualizado.

Para as actividades impartidas na modalidade de telepresenza contarán ademais cun manual de usuario no enlace https://egap.xunta.gal/ecloud/index.php/s/ZKijmeiZ5ypS3jd onde se explica como acceder á plataforma de telepresenza e se describen os compoñentes que o equipo necesita para un funcionamento básico da plataforma.

Segunda. Desenvolvemento das actividades de formación

Os cursos realizaranse cos requirimentos, duración e condicións que para cada un deles se indiquen na convocatoria. A información relativa ao desenvolvemento das actividades, así como as súas posibles modificacións, será actualizada e ampliada na páxina web <https://egap.xunta.gal>.

Terceira. Solicitudes e prazos

1. O prazo de presentación de solicitudes será de dez días contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

2. As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula> desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

3. O número máximo de cursos que se poden solicitar limítase a cinco.

4. Non está permitida a realización de actividades de formación que teñan simultaneidade de horarios nunha o varias sesións presenciais ou telepresenciais das actividades. Cando o/a alumno/a teña coñecemento de que foi seleccionado/a para un curso que teña coincidencia horaria con outro en que xa foi seleccionado/a debe renunciar a un deles. No caso de que se comprobe con posterioridade que se realizou simultaneamente varias actividades, non se lle expedirá certificación de ningunha delas, e pasará ao final das listaxes de todas as actividades formativas que solicite e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado desde que se detecte o feito.

5. Serán excluídas automaticamente aquelas solicitudes que non se axusten ao formulario de solicitude, non teñan cubertos correctamente os datos precisos para a realización do proceso de selección ou sexan presentadas fóra de prazo.

6. As persoas que oculten ou falseen datos esenciais para a selección serán automaticamente excluídas das actividades solicitadas e pasarán ao final das listas de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado desde que se detecte o feito.

7. As persoas interesadas en recibir mensaxes sobre o proceso de selección deberán facilitar un enderezo de correo electrónico e/ou un número de teléfono móbil.

8. As persoas que necesiten acreditar circunstancias específicas (discapacidade ou permisos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral) de acordo cos criterios de selección poderán remitirlle á EGAP a correspondente documentación complementaria, xunto cunha copia do formulario da matrícula, ao enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>, sen prexuízo do previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro). A devandita documentación deberá enviarse por unha única das vías indicadas; no caso contrario só serán considerados os datos achegados por correo electrónico. A documentación deberá presentarse dentro do prazo sinalado no punto 1 desta base.

9. A EGAP adoptará as medidas necesarias para facilitar a presentación das solicitudes. As dúbidas, as dificultades técnicas e as peticións de información complementaria serán atendidas a través dos números de teléfono 981 54 62 57, 981 54 62 53 e 981 54 63 35 e do enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal> en horario de atención ao público (das 9.00 ás 14.00 horas).

Cuarta. Protección de datos persoais e comprobación de datos

1. Os datos persoais proporcionados polas persoas interesadas para a xestión das solicitudes de participación nas accións formativas convocadas a través desta resolución, así como aqueloutros que se recollan ou elaboren con motivo do desenvolvemento desta, serán tratados pola EGAP na súa condición de responsable do tratamento, coa finalidade de levar a cabo a selección do alumnado, a impartición da formación e a xestión xeral desta.

A lexitimación para o tratamento dos datos é o cumprimento dunha misión realizada en interese público conforme o disposto no artigo 6.1.e) do Regulamento xeral de protección de datos (RXPD), en base ao disposto na Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da Escola Galega de Administración Pública e fundamentada nun interese público esencial (artigo 9.2.g) do RXPD). Os datos identificativos das persoas seleccionadas para participar nas anteditas accións formativas serán publicados conforme o detallado na base sexta desta resolución. Así mesmo, os datos dos alumnos e alumnas relativos á súa participación nesta acción formativa poderán ser comunicados aos órganos da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia cando sexa estritamente necesario para o exercicio das súas competencias.

As sesións dos cursos impartidos na modalidade de telepresenza serán gravadas coa finalidade de ofrecer ao alumnado a posibilidade do seu visionado posterior como material de estudo, así como para a resolución de posibles reclamacións. En todo caso, o alumnado, se o estima oportuno, poderá desactivar a súa cámara e/ou micrófono e participar a través do chat de acordo coas indicacións da persoa docente. As devanditas gravacións conservaranse a disposición do alumnado e profesorado durante o tempo que dure a acción formativa ou, se é o caso, ata que finalice a avaliación do alumnado. A retransmisión das sesións formativas, e a gravación destas, poderá ser accesible unicamente ao profesorado e alumnado á que van dirixidas e ao persoal da EGAP autorizado.

Prohíbese expresamente a descarga, a difusión, a distribución ou a divulgación das gravacións, e particularmente a súa compartición en redes sociais xa que estes usos poden conculcar o dereito á protección de datos, o dereito á propia imaxe e os dereitos de propiedade intelectual, e poderían xerar responsabilidade disciplinaria, administrativa ou civil. As gravacións non poderán ser usadas para outros fins fóra do ámbito docente.

As persoas interesadas poderán solicitar ante a persoa responsable do tratamento o acceso, rectificación, limitación e supresión dos seus datos, así como opoñerse ao seu tratamento por motivos relacionados coa súa situación particular, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común segundo se recolle en https://www.xunta.gal/exercicio-de-dereitos. Contacto delegado/a de protección de datos e información adicional en https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos

2. Conforme o disposto no artigo 28.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, para a tramitación do procedemento de selección consultaranse automaticamente os datos das persoas solicitantes das accións formativas necesarios para realizar o proceso de selección, salvo que a persoa interesada se opuxese a iso. Neste caso, a persoa interesada deberá indicalo incluíndo os motivos de oposición relacionados coa súa situación particular e achegar ademais unha copia dos documentos a cuxa consulta se opón a través do seguinte enderezo electrónico: xestion.egap@xunta.gal

3. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta deberán indicalo expresamente incluíndo os motivos de oposición relacionados coa súa situación particular e achegar os documentos que indiquen a súa situación administrativa, tipo de persoal e antigüidade na Administración a través do seguinte enderezo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>.

4. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

5. A EGAP poderá pedir as certificacións necesarias para realizar a selección de acordo cos criterios recollidos nesta convocatoria.

Quinta. Criterios de selección

1. Os criterios de selección que serán empregados son os sinalados con carácter xeral na Resolución da Escola Galega de Administración Pública do 4 de xaneiro de 2008 (DOG núm. 7, do 10 de xaneiro), sen prexuízo dos criterios específicos establecidos na epígrafe «destinatario» de cada actividade formativa incluída no anexo II desta resolución. Terán preferencia os funcionarios con habilitación de carácter nacional naqueles cursos que vaian dirixidos a eles expresamente.

O baremo que se empregará para a selección establécese sobre unha base de 100 puntos, dos que o 60 % estará vinculado ao número de horas de formación recibidas nos dous últimos anos e o 40 % restante á antigüidade na Administración.

Os empates desfaranse de acordo co resultado do sorteo ao que se refire o artigo 9 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 95/1991, do 20 de marzo (DOG núm. 58, do 25 de marzo). Para o ano 2022, segundo a Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública, do 28 de xaneiro (DOG núm. 24, do 4 de febreiro), comezarase pola letra T.

2. No caso de que non haxa un suficiente número de solicitantes que cumpran os requisitos do curso poderá completarse o número de alumnos/as asignado mediante a apertura dun novo prazo público na páxina web da EGAP.

Sexta. Publicación das relacións do alumnado seleccionado

1. A EGAP publicará no enderezo <https://egap.xunta.gal> unha relación das persoas seleccionadas para participar no dito curso, así como un número adecuado de reservas de acordo co disposto no artigo 45.1.b) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

O prazo de presentación de alegacións será de dez días desde a súa publicación de acordo co artigo 68.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Entenderase que as persoas que non figuren na relación foron excluídas por algunha das razóns expresadas nas bases da convocatoria ou ocupan un posto máis afastado na listaxe de agarda.

2. Logo de transcorrer o prazo de alegacións, a EGAP publicará no enderezo <https://egap.xunta.gal> a listaxe definitiva de persoas admitidas no curso. Contra esta listaxe poderase interpoñer recurso de alzada no prazo dun mes desde a dita publicación, de acordo co disposto polos artigos 112.1, 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Sétima. Cambios ou substitucións na selección. A renuncia. A asistencia e o seguimento das actividades formativas

1. Os cambios ou as substitucións na selección:

En ningún caso serán admitidos cambios ou substitucións entre as persoas seleccionadas.

2. A renuncia:

a) As persoas seleccionadas só poderán renunciar á actividade formativa:

– Por causa de forza maior suficientemente acreditada.

– Por necesidades do servizo debidamente motivadas por parte dos/das responsables dos centros directivos.

– Por razóns de conciliación familiar.

– Por outras causas xustificadas documentalmente.

b) A renuncia debe ser comunicada por escrito á EGAP cunha antelación de tres días anteriores ao inicio da actividade formativa. Na páxina web da Escola está dispoñible un modelo de renuncia.

Para isto poderase utilizar, alén do previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), o enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>.

As persoas que incumpran o previsto nas líneas a) e b) pasarán ao final das listaxes de agarda de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.

3. A asistencia e o seguimento das actividades formativas:

3.1. Seguimento das actividades presenciais e telepresenciais:

a) É obrigatoria a asistencia ás sesións da actividade formativa e máis a puntualidade.

b) Durante a actividade formativa terá lugar un control permanente de asistencia e puntualidade, incluídos controis extraordinarios.

c) As faltas de asistencia:

1º. Non poden superar en ningún caso o 10 % das horas lectivas. En todo caso, as faltas de asistencia deberán xustificarse documentalmente ante as persoas responsables da actividade formativa nun prazo máximo de 10 días contados a partir do día da finalización desta actividade. As persoas que incumpran o antedito perderán o dereito ao certificado de participación na actividade formativa.

2º. Aquelas persoas cuxas faltas de asistencia superen o 50 % das horas lectivas presenciais, pasarán ao final das listaxes de agarda de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.

3.2. Seguimento das actividades de teleformación:

As persoas que non completen o 50 % das actividades e tarefas propostas pola titoría pasarán ao final das listaxes de agarda de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.

Oitava. Superación da actividade formativa

Para poder superar as actividades formativas, será necesario cumprir os seguintes requisitos:

a) Para as actividades presenciais e telepresenciais: a superación dunha proba de avaliación que se realizará ao final delas. Para as actividades telepresenciais a proba será en liña.

b) Para as actividades de teleformación:

– A adecuada realización de todas as actividades que o/a titor/a propoña. Estas deben constar debidamente presentadas nos prazos estipulados na programación didáctica do curso. A non superación das actividades obrigatorias suporá a perda automática do dereito a participar no exame final en liña.

– A superación dunha proba de avaliación final.

Ao inicio da actividade formativa publicarase o correspondente programa na plataforma de teleformación e indicaranse as probas de avaliación previstas, así como as datas en que estas terán lugar. Nestas actividades as probas de avaliación finais serán en liña. A EGAP informará a través da súa páxina web e tamén a través da plataforma de teleformación das datas concretas e das horas da proba final.

Novena. Certificados

Para a obtención do certificado de aproveitamento o alumnado deberá obter a avaliación positiva do seu profesorado, o cal emitirá un informe declarando apto/a ou non apto/a cada alumno/a en función do resultado da proba de avaliación.

Décima. Facultades da EGAP

1. A EGAP resolverá aquelas incidencias que poidan producirse no desenvolvemento e na xestión das actividades formativas e pode suprimir algunha, ampliar novas edicións da programación ou programar outras actividades diferentes cando así o exixan as circunstancias que lle afecten a súa organización ou docencia. Tamén lle corresponde á EGAP prover canto sexa necesario para a execución e o cumprimento desta resolución.

2. A execución material das actividades queda condicionada á existencia de crédito orzamentario axeitado e dispoñible e á autorización correspondente do gasto.

3. No suposto de que o número de admitidos/as sexa inferior ao 50 % das prazas convocadas, a EGAP reserva para si o dereito a suspender, cancelar ou agrupar varias edicións das actividades, caso no que empregará os medios de notificación ás persoas interesadas previstos na normativa vixente.

4. A EGAP poderá modificar os contidos, o desenvolvemento, as datas e os lugares das actividades formativas, así como resolver todas as continxencias que poidan xurdir. Todas as modificacións que afecten o desenvolvemento das actividades serán anunciadas na páxina web da Escola.

5. A EGAP garantirá na totalidade das actividades derivadas desta convocatoria a promoción da igualdade real e efectiva entre mulleres e homes, a eliminación de calquera tipo de discriminación e o fomento dos dereitos de conciliación.

ANEXO II

Código

Denominación

Prazas

Horas

Cualificación

Valoración

Persoal destinatario

Modalidade
/localidade

Datas e horario

Data e hora do exame

Administración electrónica, protección de datos e calidade administrativa

LO22036

Introdución á protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais

50

30

Aproveitamento

----------

Persoal ao servizo das entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia.

Teleformación

Do 21.3.2022 ao 29.4.2022

3.5.2022 18.30 h

LO22036

Introdución á protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais

50

30

Aproveitamento

----------

Persoal ao servizo das entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia.

Teleformación

Do 14.9.2022 ao 14.10.2022

19.10.2022 18.30 h

LO22038

Seguridade da información no ámbito da Administración local

50

30

Aproveitamento

----------

Persoal ao servizo das entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia.

Teleformación

Do 14.9.2022 ao 14.10.2022

20.10.2022 17.30 h

LO22037

Ofimática na nube Google Drive

50

30

Aproveitamento

----------

Persoal ao servizo das entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia.

Teleformación

Do 2.5.2022 ao 3.6.2022

8.6.2022 18.30 h

LO22004

A implantación da Administración electrónica na Administración local

50

25

Aproveitamento

----------

Persoal ao servizo das entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia.

Teleformación

Do 20.5.2022 ao 15.6.2022

20.6.2022 17.30 h

LO22004

A implantación da Administración electrónica na Administración local

50

25

Aproveitamento

----------

Persoal ao servizo das entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia.

Teleformación

Do 3.10.2022 ao 28.10.2022

3.11.2022 16.30 h

Comunicación, organización do traballo e mellora das habilidades

LO22007

Atención á cidadanía

50

25

Aproveitamento

----------

Persoal ao servizo das entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia.

Teleformación

Do 2.11.2022 ao 28.11.2022

1.12.2022 16.30 h

LO22006

A xestión e tramitación da renda de integración social de Galicia, o ingreso mínimo vital e das axudas de inclusión social

30

20

Aproveitamento

----------

Persoal técnico dos servizos sociais comunitarios municipais da Comunidade Autónoma de Galicia.

Presencial
Santiago de Compostela

14 e 16 de novembro, das 10.00 ás 14.00 h e das 16.00 ás 19.00 h e 22 de novembro, das 10.00 ás 14.00 h e das 16.00 ás 18.00 h

22.11.2022 17.30 h

LO22008

Básico de prevención de riscos
laborais (PRL)

50

50

Aproveitamento

----------

Persoal ao servizo das entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia.

Teleformación

Do 10.10.2022 ao 29.11.2022

2.12.2022 16.30 h

LO22011

Explotación estatística do Sistema de Información de Usuarios dos Servizos Sociais (SIUSS) e a súa vinculación co plan concertado

16

8

Aproveitamento

----------

Persoal dos servizos sociais comunitarios municipais da Comunidade Autónoma de Galicia con responsabilidades de xestión de datos no Sistema de Información de Usuarios de Servizos Sociais (SIUSS).

Presencial
Santiago de Compostela

19 de maio, das 9.30 ás 14.30 h e das 16.30 ás 19.30 h

19.5.2022 19.00 h

LO22030

Sistema de Información de Usuarios dos Servizos

Sociais-Troncal

16

8

Aproveitamento

----------

Persoal dos servizos sociais comunitarios municipais da Comunidade Autónoma de Galicia con responsabilidades de xestión de datos no Sistema de Información de Usuarios de Servizos Sociais (SIUSS).

Presencial
Santiago de Compostela

5 de maio, das 9.30 ás 14.30 h e das 16.30 a 19.30 h

5.5.2022 19.00 h

LO22017

Liderado e intelixencia emocional

20

15

Aproveitamento

----------

Persoal ao servizo das entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia.

Telepresenza

Do 25.4.2022 ao 9.5.2022

9.5.2022 18.30 h

LO22019

Novas tecnoloxías para a promoción da actividade física e a saúde a disposición dos concellos galegos

25

15

Aproveitamento

----------

Persoal técnicos deportivo ao servizo das entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia.

Presencial
Santiago de Compostela

7, 8 e 9 de xuño, das 9.00 ás 14.00 h

9.6.2022 13.30 h

LO22025

Prácticas preventivas ante agresións para o persoal de atención ao público

50

25

Aproveitamento

----------

Persoal ao servizo das entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia.

Teleformación

Do 28.10.2022 ao 22.11.2022

25.11.2022 18.30 h

LO22026

Protocolo e organización de eventos na Administración pública local. Especial referencia a protocolos COVID-19

50

25

Aproveitamento

----------

Persoal ao servizo das entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia.

Teleformación

Do 18.4.2022 ao 13.5.2022

18.5.2022 18.30 h

LO22034

Xestión do tempo de traballo e do teletraballo. Especial referencia ás situacións de emerxencia sanitaria

50

20

Aproveitamento

----------

Persoal ao servizo das entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia.

Teleformación

Do 2.11.2022 ao 22.11.2022

25.11.2022 17.30 h

Lingua galega

LO22027

Redacción de documentos

técnico-xurídicos en galego

50

15

Aproveitamento

----------

Persoal ao servizo das entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia.

Teleformación

Do 6.6.2022 ao 20.6.2022

23.6.2022 18.00 h

Réxime xurídico e xestión das entidades locais

LO22003

A figura do promotor de exercicio físico e saúde nos concellos galegos

25

15

Aproveitamento

----------

Persoal técnico deportivo ao servizo das entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia

Presencial
Santiago de Compostela

20, 21 e 22 de setembro, das 9.00 ás 14.00 h

22.9.2022 13.30 h

LO22005

A Lei de contratos do sector público: os procedementos de contratación nas entidades locais

50

25

Aproveitamento

Estatal 0,50

Autonómica 0,30

– Funcionarios/as con habilitación de carácter nacional que estean prestando servizos na Administración local ou noutras administracións públicas de Galicia.

– Persoal ao servizo das entidades locais de Galicia.

Teleformación

Do 25.4.2022 ao 19.5.2022

24.5.2022 18.30 h

LO22009

Creación e xestión de proxectos con fondos europeos para entidades locais

50

25

Aproveitamento

-----------

Persoal ao servizo das entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia.

Teleformación

Do 17.10.2022 ao 11.11.2022

15.11.2022 18.30 h

LO22010

Elaboración de pregos de cláusulas administrativas e prescricións técnicas na Administración local

50

30

Aproveitamento

Estatal 0,50

– Funcionarios/as con habilitación de carácter nacional que estean prestando servizos na Administración local ou noutras administracións públicas de Galicia.

– Persoal ao servizo das entidades locais de Galicia.

Teleformación

Do 26.4.2022 ao 27.5.2022

1.6.2022 16.30 h

LO22010

Elaboración de pregos de cláusulas administrativas e prescricións técnicas na Administración local

50

30

Aproveitamento

Estatal 0,50

– Funcionarios/as con habilitación de carácter nacional que estean prestando servizos na Administración local ou noutras administracións públicas de Galicia.

– Persoal ao servizo das entidades locais de Galicia.

Teleformación

Do 20.9.2022 ao 21.10.2022

26.10.2022 18.30 h

LO22012

Ferramentas de sistemas de información xeográfica (SIX) para entidades locais

50

30

Aproveitamento

-----------

Persoal ao servizo das entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia.

Teleformación

Do 17.10.2022 ao 16.11.2022

21.11.2022 18.30 h

LO22013

Fiscalización e control da actividade de entes locais

50

30

Aproveitamento

Estatal 0,50

Autonómica 0,30

– Funcionarios/as con habilitación de carácter nacional que estean prestando servizos na Administración local ou noutras administracións públicas de Galicia.

– Persoal ao servizo das entidades locais de Galicia.

Teleformación

Do 21.9.2022 ao 21.10.2022

26.10.2022 16.30 h

LO22018

Liquidación práctica dos tributos locais

50

25

Aproveitamento

-----------

Persoal ao servizo das entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia.

Teleformación

Do 17.10.2022 a 11.11.2022

16.11.2022 18.30 h

LO22014

Lei 10/2017, do 27 de decembro, de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia

35

20

Aproveitamento

Autonómica 0,30

Persoal ao servizo das entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia.

Telepresenza

Do 20.9.2022 ao 5.10.2022

5.10.2022 19.00 h

LO22015

Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas

50

25

Aproveitamento

Estatal 0,50

– Funcionarios/as con habilitación de carácter nacional que estean prestando servizos na Administración local ou noutras administracións públicas de Galicia.

– Persoal ao servizo das entidades locais de Galicia.

Teleformación

Do 23.5.2022 ao 17.6.2022

23.6.2022 17.30 h

LO22015

Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas

50

25

Aproveitamento

Estatal 0,50

– Funcionarios/as con habilitación de carácter nacional que estean prestando servizos na Administración local ou noutras administracións públicas de Galicia.

– Persoal ao servizo das entidades locais de Galicia.

Teleformación

Do 18.10.2022 ao 12.11.2022

16.11.2022 16.30 h

LO22016

Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público

50

25

Aproveitamento

Estatal 0,50

– Funcionarios/as con habilitación de carácter nacional que estean prestando servizos na Administración local ou noutras administracións públicas de Galicia.

– Persoal ao servizo das entidades locais de Galicia.

Teleformación

Do 25.4.2022 ao 19.5.2022

23.5.2022 18.30 h

LO22016

Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público

50

25

Aproveitamento

Estatal 0,50

– Funcionarios/as con habilitación de carácter nacional que estean prestando servizos na Administración local ou noutras administracións públicas de Galicia.

– Persoal ao servizo das entidades locais de Galicia.

Teleformación

Do 18.10.2022 ao 12.11.2022

16.11.2022 17.30 h

LO22020

O réxime xurídico das subvencións das entidades locais. Especial referencia ao control interno

50

25

Aproveitamento

Estatal 0,50

Autonómica 0,30

– Funcionarios/as con habilitación de carácter nacional que estean prestando servizos na Administración local ou noutras administracións públicas de Galicia.

– Persoal ao servizo das entidades locais de Galicia.

Teleformación

Do 25.4.2022 ao 20.5.2022

25.5.2022 16.30 h

LO22021

Participación cidadá e transparencia no ámbito local

50

25

Aproveitamento

-----------

Persoal ao servizo das entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia.

Teleformación

Do 20.5.2022 ao 15.6.2022

20.6.2022 16.30 h

LO22022

Persoal laboral temporal na Administración local. Procedementos de consolidación de emprego e
funcionarización

50

30

Aproveitamento

Estatal 0,50

Autonómica 0,30

– Funcionarios/as con habilitación de carácter nacional que estean prestando servizos na Administración local ou noutras administracións públicas de Galicia.

– Persoal ao servizo das entidades locais de Galicia.

Teleformación

Do 18.4.2022 ao 18.5.2022

23.5.2022 17.30 h

LO22023

Planificación e xestión do turismo para entes locais

50

30

Aproveitamento

------------

Persoal ao servizo das entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia.

Teleformación

Do 6.5.2022 ao 10.6.2022

15.6.2022 17.00 h

LO22024

Plans de saneamento económico financeiro e de axuste nas entidades locais

50

30

Aproveitamento

Estatal 0,45

Autonómica 0,30

– Funcionarios/as con habilitación de carácter nacional que estean prestando servizos na Administración local ou noutras administracións públicas de Galicia.

– Persoal ao servizo das entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia.

Teleformación

Do 27.10.2022 ao 26.11.2022

1.12.2022 17.30 h

LO22028

Responsabilidade patrimonial e procedemento sancionador. Especialidades no ámbito local

50

30

Aproveitamento

Estatal 0,50

– Funcionarios/as con habilitación de carácter nacional que estean prestando servizos na Administración local ou noutras administracións públicas de Galicia.

– Persoal ao servizo das entidades locais de Galicia.

Teleformación

Do 18.5.2022 ao 17.6.2022

22.6.2022 16.30 h

LO22029

Réxime disciplinario en materia urbanística no ámbito local

20

30

Aproveitamento

Estatal 0,45

Autonómica 0,30

1º. Funcionarios/as con habilitación de carácter nacional que estean a prestar servizos na Administración local ou noutras administracións públicas de Galicia.

2º. Persoal ao servizo das entidades locais de Galicia do subgrupo A1.

3º. Calquera outro persoal ao servizo das entidades locais de Galicia.

Presencial
Santiago de Compostela

19, 20, 21, 26 e 28 de abril, das 16.30 ás 20.00 h
27 de abril, das 16.30 ás 18.30 h
3, 4 e 5 de maio, das 16.30 ás 20.00 h

5.5.2022 19.30 h

LO22031

Tramitación e xestión de expedientes de expropiación forzosa no ámbito local

50

30

Aproveitamento

Estatal 0,45

Persoal ao servizo das entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia.

Teleformación

Do 25.4.2022 ao 24.5.2022

30.5.2022 17.30 h

LO22032

Transparencia e integridade pública nas entidades locais

50

25

Aproveitamento

-----------

Persoal ao servizo das entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia.

Teleformación

Do 17.10.2022 ao 11.11.2022

15.11.2022 17.30 h

LO22033

Xestión de tesourería municipal

50

30

Aproveitamento

Estatal 0,45

– Funcionarios/as con habilitación de carácter nacional que estean prestando servizos na Administración local ou noutras administracións públicas de Galicia.

– Persoal ao servizo das entidades locais de Galicia.

Teleformación

Do 25.4.2022 ao 27.5.2022

1.6.2022 17.00 h

LO22035

Xestión orzamentaria en entidades locais

50

30

Aproveitamento

Estatal 0,45

Autonómica 0,30

– Funcionarios/as con habilitación de carácter nacional que estean prestando servizos na Administración local ou noutras administracións públicas de Galicia.

– Persoal ao servizo das entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia.

Teleformación

Do 27.4.2022 ao 27.5.2022

1.6.2022 17.00 h