Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 1 de marzo de 2022 Páx. 14762

III. Outras disposicións

Axencia Instituto Enerxético de Galicia

RESOLUCIÓN do 16 de febreiro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a renovación de electrodomésticos, en réxime de concorrencia non competitiva, así como a selección das entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á convocatoria para a anualidade 2022 (códigos de procedemento IN414B e IN414C).

O cambio climático asociado ao rápido aumento da temperatura do planeta en relación aos niveis preindustriais constitúe o maior reto ambiental e socioeconómico ao que se enfrontan os países a unha escala global, o que foi reflectido no acordo adoptado internacionalmente en París, en decembro de 2015, e asinado por 195 países.

A sensibilidade especial que para a cidadanía está a ter o uso racional da enerxía calou de forma importante no enfoque das administracións públicas, que unanimemente están a actuar neste campo, prestando o seu apoio ás iniciativas que sobre aforro e eficiencia enerxética se están a desenvolver na actualidade.

O presente programa de incentivos á renovación de electrodomésticos nas vivendas ten como obxectivo dar difusión e poñer en valor os principais instrumentos dos que dispón o consumidor para seleccionar un electrodoméstico eficiente e xestionar racionalmente o uso da enerxía dentro da súa vivenda, reducindo o consumo enerxético sen reducir o nivel de prestacións. A decisión de mercar un electrodoméstico condiciona o consumo no fogar durante toda a súa vida que con frecuencia supera os 10 anos.

Ademais, o programa é sensible á situación económica dos cidadáns incorporando maiores intensidades de axuda para as persoas en situación de vulnerabilidade, desde o convencemento de que as persoas con menos recursos presentan un maior potencial de aforro enerxético nos seus electrodomésticos, pero para poder materializalo precisan un maior nivel de axuda.

A substitución de electrodomésticos de certa antigüidade por outros novos e de elevada clasificación enerxética permite a mellora da eficiencia enerxética nos fogares galegos contribuíndo así a redución de emisións de gases de efecto invernadoiro.

O Inega constitúese en Axencia por Decreto 142/2016, do 22 de setembro, mantendo a súa adscrición á consellería competente en materia de enerxía, conforme o establecido na Lei 3/1999, do 11 de marzo, de creación do Instituto Enerxético de Galicia (DOG núm. 61, do 30 de marzo).

Como un dos órganos encargados de desenvolver a política enerxética da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación da Xunta de Galicia, o Inega considera de máximo interese potenciar as actuacións de mellora do aforro e a eficiencia enerxética, as enerxías renovables e a óptima xestión dos recursos enerxéticos nos distintos sectores en Galicia.

Esta convocatoria de axudas financiarase con cargo aos orzamentos do Inega para o ano 2022 e o importe total asignado a esta convocatoria ascende a 2.000.000,00 euros.

Neste contexto danse as condicións para que o Inega xestione e tramite a presente liña de subvencións, co obxectivo de fomentar o aforro e eficiencia enerxética e a protección do medio natural a través da utilización de electrodomésticos mais eficientes enerxeticamente.

Por todo o anterior, en virtude do disposto no artigo 14 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 16 do Decreto 142/2016, do 22 de setembro, polo que se modifican as normas reguladoras do Instituto Enerxético de Galicia e se aproban os estatutos da Axencia Instituto Enerxético de Galicia,

RESOLVO:

Artigo 1. Obxecto

1. Aprobar as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a renovación de electrodomésticos, en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IN414C), así como a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión (código de procedemento IN414B), recollidas como anexo I desta resolución e proceder a convocatoria para a anualidade 2022.

2. Seleccionar, en réxime de concorrencia non competitiva, as entidades colaboradoras que participarán na súa xestión (anexos II).

3. Aprobar os formularios para a xestión da convocatoria do ano 2022 que se xuntan a esta resolución como anexos IV a VI.

4. Publicar o convenio de colaboración para a xestión das axudas para a renovación de electrodomésticos, ao cal deben adherirse as entidades colaboradoras (anexo III).

5. Convocar para o ano 2022, en réxime de concorrencia non competitiva, segundo a excepción recollida no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as subvencións destinadas á renovación de electrodomésticos. As solicitudes de axuda presentaranse en prazo e cos requisitos establecidos nas bases reguladoras e nesta resolución de convocatoria resolvéndose por orde de entrada da solicitude no rexistro e ata o esgotamento do crédito, do que se fará publicidade na aplicación informática que se utiliza na xestión das axudas.

Xustifícase a excepcionalidade porque nestes casos non é necesaria a comparación de proxectos entre si, polo interese especial en promover actuacións que fomenten o aforro e eficiencia enerxética, cumprindo os requisitos especificados nas presentes bases. Así mesmo, a concorrencia non competitiva é o mecanismo que permite que as actuacións subvencionables poidan ser atendidas en todo momento, mantendo a posibilidade de solicitude aberta de maneira continuada.

Artigo 2. Financiamento

1. As subvencións que se concedan financiaranse con cargo aos orzamentos do Inega para o exercicio 2022 e imputaranse a aplicación orzamentaria 06.A3.733A780.7. O importe total asignado a esta convocatoria ascende a 2.000.000,00 euros.

Tipo de actuación

Aplicación orzamentaria

Orzamento (€)

Renovación de electrodomésticos

06.A3.733A.780.7

2.000.000,00

2. O importe dos fondos previstos entenderase máximo, ben que cabería a posibilidade de ampliar o crédito como consecuencia da existencia dunha maior dispoñibilidade orzamentaria derivada dalgunha das circunstancias previstas no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e, se for o caso, logo da aprobación da modificación orzamentaria que proceda. Isto podería dar lugar á concesión de máis subvencións de acordo coa orde de prelación das solicitudes que resulte da aplicación dos criterios fixados nas bases que rexen a convocatoria.

De producirse a ampliación de crédito publicarase no DOG e na páxina web do Inega (www.inega.gal), sen que tal publicidade implique a apertura de prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio de novo cómputo para resolver.

Artigo 3. Vixencia da convocatoria

A convocatoria inicia a súa vixencia a partir do día seguinte hábil á súa publicación no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 30 de setembro de 2022 ou ata que se esgoten os fondos.

Artigo 4. Forma e prazo para presentar as solicitudes

1. As solicitudes de adhesión presentaranse pola entidade colaboradora interesada segundo o formulario normalizado anexo II desta resolución, xunto coa documentación que se indica nas bases reguladoras.

2. As solicitudes de axudas presentaranse polas entidades colaboradoras segundo o modelo formulario normalizado anexo IV desta resolución, xunto coa documentación que se indica nas bases reguladoras.

3. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos para os dous procedementos, a través do formulario normalizado accesible desde a sede electrónica da xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), ou ben desde a páxina web do Inega (http://www.inega.gal) de acordo co establecido no artigo 14 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (LPACAP).

No ámbito do sector público autonómico estarán obrigados a relacionarse a través de medios electrónico para a realización de calquera tramite dun procedemento administrativo os traballadores autónomos e traballadoras autónomas para os trámites e actuacións que realicen no exercicio da súa actividade profesional, de acordo co disposto no artigo 10.1 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia.

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das entidades interesadas presenta a solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.

4. O prazo de presentación de solicitudes de adhesión das entidades colaboradoras comezará a partir do primeiro día hábil seguinte ao da publicación no DOG da presente resolución e rematará o 30 de xuño de 2022 e para solicitar a súa adhesión a entidade colaboradora terá que cubrir e confirmar o formulario de adhesión (anexo II).

5. O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará o 23 de marzo de 2022 ás 9.00 e rematará o 30 de setembro de 2022 ou cando se esgoten os fondos. A entidade colaboradora terá que cubrir e confirmar o formulario de solicitude de axuda (anexo IV).

Disposición adicional primeira. Réxime de recursos

Contra esta resolución, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente, poderán interpor recurso de alzada, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, perante o presidente da Axencia Instituto Enerxético de Galicia, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Disposición adicional segunda. Actos de resolución

A directora do Inega poderá ditar os actos necesarios para asegurar a correcta execución desta convocatoria.

Disposición derradeira única

Esta resolución será aplicable desde o día seguinte á súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de febreiro de 2022

Paula Uría Traba
Directora da Axencia Instituto Enerxético de Galicia

ANEXO I

Bases reguladoras para a concesión de subvencións para a renovación de electrodomésticos, en réxime de concorrencia non competitiva, así como a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión,
e se procede á convocatoria para a anualidade 2022
(códigos de procedemento IN414B e IN414C)

Artigo 1. Obxecto

Estas bases teñen por obxecto regular a concesión de subvencións para a renovación de electrodomésticos en vivendas situadas en Galicia por parte de persoas físicas que cumpran cos requisitos e condicións establecidos no articulado desta resolución.

Artigo 2. Requisitos e regras xerais

1. Poderán obter dereito á subvención todas aquelas actuacións recollidas no artigo 3 destas bases reguladoras que se executen dentro do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, logo de tramitación da solicitude prevista no artigo 10 destas bases reguladoras, na que a adquisición e instalación dos equipos se realice con posterioridade á entrada en vigor da presente convocatoria de axudas e antes da finalización do período máximo de execución previsto no artigo 24 destas bases reguladoras, e cumpran cos demais requisitos exixidos nesta. Os trámites que se realicen entre as partes con anterioridade á presentación da solicitude non garanten a dispoñibilidade de financiamento por parte do Inega para a concesión da subvención.

É requisito que o solicitante non teña sido sancionado pola Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación pola comisión de infraccións en materia de subvencións no prazo de un ano se a infracción foi cualificada como leve, de dous anos se a infracción foi cualificada como grave ou cinco anos se a infracción foi cualificada como moi grave. Os prazos computaranse desde a data de remate do prazo de presentación das solicitudes.

Artigo 3. Actuacións que se subvencionan

1. As actuacións que se subvencionan son a renovación de electrodomésticos en vivendas sitas na Comunidade Autónoma de Galicia que cumpran os seguintes requisitos:

Son subvencionables a renovación de electrodomésticos das tipoloxías indicadas na seguinte táboa por outros novos da mesma tipoloxía e con etiqueta de clasificación establecidos na mesma táboa, segundo a clasificación vixente a partir de marzo de 2021 (Regulamento (UE) nº 2017/1369 do Parlamento Europeo e do Consello). No caso das placas de cociña, é subvencionable a substitución da placa preexistente de calquera tecnoloxía por outra nova de indución total (placas que teñan soamente tecnoloxía de indución, non mixtas). Para acceder á subvención hai que entregar o electrodoméstico retirado a un xestor autorizado.

Electrodomésticos subvencionables

Frigorífico e frigorífico-conxelador con clasificación enerxética A, B, C ou D

Conxelador con clasificación enerxética A, B, C ou D

Lavadora A, B ou C

Lavalouza A, B ou C

Placas de cociña de indución total (soamente tecnoloxía de indución, non mixtas)

2. Con carácter xeral, e de acordo co establecido no artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, considéranse gastos subvencionables aqueles que de xeito indubidable respondan á natureza da actividade subvencionable.

Os gastos subvencionables deberán estar realizados e efectivamente pagados dentro do prazo para a execución da instalación establecido no artigo 24.

En ningún caso o custo de adquisición dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor do mercado nin o importe da subvención superar o custo do equipo.

Artigo 4. Incompatibilidade das subvencións

1. As subvencións concedidas ao abeiro desta convocatoria serán incompatibles con outras axudas, subvencións ou recursos destinados á mesma finalidade, procedentes de calquera Administración ou entes públicos ou privados, nacionais, da Unión Europea ou de organismos internacionais.

2. O incumprimento do disposto neste artigo considerarase unha alteración das condicións tidas en conta para a concesión da axuda e poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión nos termos previstos no artigo 21 desta convocatoria.

Artigo 5. Información aos interesados

Sobre este procedemento administrativo poderase obter documentación normalizada ou información adicional a través dos seguintes medios:

1. Na páxina web do Inega (www.inega.gal) e no correo electrónico inega.info@xunta.gal

2. No teléfono: 981 54 15 00.

Artigo 6. Procedemento de adhesión de entidades colaboradoras (código de procedemento IN414B)

1. Requisitos, condicións e solvencia.

Para os efectos desta resolución, poderán ser entidades colaboradoras as entidades privadas con personalidade xurídica, validamente constituídas, así como os empresarios individuais sempre que, en ambos os dous casos, teñan o seu domicilio social ou algún centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia e que acrediten as condicións de solvencia técnica e económica que se establecen neste artigo.

a) Poderán ser entidades colaboradoras todos aqueles establecementos comerciais que se dediquen de forma total ou parcial á venta de electrodomésticos e, particularmente, aqueles cuxa actividade se enmarque nun ou varios dos epígrafes seguintes correspondentes ás tarifas do imposto sobre actividades económicas, aprobado por Real decreto lexislativo 1175/1990, do 28 de setembro:

– Epígrafe 653.2. Comercio polo miúdo de material e aparellos eléctricos, electrónicos, electrodomésticos e outros aparellos de uso doméstico accionados por outro tipo de enerxía distinta da eléctrica.

– Epígrafe 661.1. Comercio en grandes almacenes, que ofrecen un repertorio amplio e, en xeral, profundo, de varias gamas de produtos.

– Epígrafe 661.2. Comercio en hipermercados, establecementos que ofrecen principalmente en autoservizo un amplo repertorio de produtos alimenticios e non alimenticios de gran venda.

– Epígrafe 662.1. Comercio polo miúdo de toda clase de artigos en economatos e cooperativas de consumo.

– Epígrafe 662.2. Comercio polo miúdo de toda clase de artigos, en establecementos distintos dos especificados no grupo 661 e na epígrafe 662.1.

b) As entidades colaboradoras actuarán en nome e por conta do órgano concedente para todos os efectos relacionados coa subvención, colaborando na xestión desta.

c) Na súa relación co Inega, as entidades colaboradoras realizarán as seguintes funcións:

1º. Comprobación inicial dos requisitos dos solicitantes da axuda e do conxunto da actuación.

2º. Realización ante o Inega dos trámites para solicitar a axuda.

3º. Desenvolvemento das accións vinculadas á convocatoria.

4º. Xustificación da axuda ante o Inega.

5º. Desconto directo da axuda na factura da actuación de xeito que o beneficiario non chegue a realizar o desembolso.

d) Para lograr a solvencia técnica e económica, as entidades colaboradoras deberán dispor dos medios tecnolóxicos precisos que garantan o acceso á aplicación informática habilitada para a xestión de selección de entidades colaboradoras e para a tramitación das solicitudes de axuda, así como, a utilización de medios electrónicos nas comunicacións entre as entidades colaboradoras e o Inega. As características técnicas exixibles poderán consultarse na paxina web do Inega (www.inega.gal).

e) Poderán adquirir a condición de entidade colaboradora aquelas entidades que reúnan os requisitos establecidos neste artigo e que o soliciten no prazo establecido no artigo 4 da resolución de convocatoria.

f) De conformidade coa Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as entidades colaboradoras deberán formalizar o convenio de colaboración entre elas e o Inega, no que se regularán as condicións e obrigas asumidas por aquelas, cuxo modelo figura no anexo III destas bases. O dito convenio posuirá o contido mínimo previsto no artigo 13 da Lei de subvencións.

g) Non poderán obter a condición de entidade colaboradora, aquelas nas que concorra algunha das circunstancias previstas nos artigos 10.2 e 3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e na súa normativa de desenvolvemento.

2. Formularios.

Apróbanse e incorpóranse os seguintes formularios e modelo de convenio de colaboración como anexos ás presentes bases reguladoras:

– Anexo II. Solicitude de adhesión de entidades colaboradoras.

– Anexo III. Convenio de colaboración para subscribir coas entidades colaboradoras.

3. Obrigas e compromisos das entidades colaboradoras.

a) Son obrigas das entidades colaboradoras, sen prexuízo do disposto no artigo 12 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia:

1º. Encontrarse ao día no pagamento das obrigas coa Facenda pública do Estado, da Administración autonómica así como coa Seguridade Social.

2º. Someterse ás actuacións de comprobación e control financeiro dos órganos competentes da Administración autonómica, estatal e comunitaria no exercicio das súas funcións.

3º. Cumprir cos criterios establecidos no convenio subscrito co Inega.

4º. Actuar en nome e por conta do Inega para todos os efectos relacionados coa subvención, colaborando na xestión das subvencións.

5º. Conservar os xustificantes orixinais e o resto da documentación relacionada coa axuda durante un período de tres anos desde a súa concesión.

6º. Remitir copia dixitalizada da dita documentación ao Inega.

7º. Deixar clara constancia nos seus rexistros contables e así facilitar a axeitada xustificación da subvención e a comprobación do cumprimento das condicións establecidas, de acordo co disposto no artigo 13.2.j) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

b) As entidades colaboradoras adheridas asumirán os seguintes compromisos:

1º. Comprobación inicial dos requisitos dos solicitantes da axuda, e do conxunto da actuación.

2º. Cubrir convenientemente os formularios de solicitude de axuda (anexo IV) e solicitude de pagamento (anexo VI) a través da aplicación informática que se habilite para o efecto.

3º. Vender no marco da iniciativa só os equipos que cumpran coas condicións establecidas nas bases reguladoras das axudas.

4º. Aplicar os descontos correspondentes á subvención conforme o establecido nas bases, o cal se reflectirá adecuadamente na correspondente factura.

5º. Cumprir coa normativa establecida para o desenvolvemento da convocatoria.

6º. Exhibir nos seus centros de traballo ou punto de venda durante a vixencia do programa un cartel de promoción deste o que se informe de que se trata dunha entidade colaboradora adherida conforme o modelo que se porá á disposición na páxina web do Inega.

4. Adhesión de entidades colaboradoras.

a) Adhesión simplificada.

1º. Esta forma de adhesión esta unicamente dirixida ás entidades colaboradoras adheridas ao convenio de xestión das subvencións para a renovación de electrodomésticos, destinadas a particulares, reguladas na Resolución do 16 de marzo de 2021 (DOG núm. 59, do 29 de marzo) e que desexen adherirse aos procedementos de xestión das subvencións para a renovación de electrodomésticos, destinadas a particulares, para a anualidade 2022.

2º. A entidade colaboradora deberá acceder á aplicación informática dispoñible na páxina web do Inega (http://www.inega.gal) ou accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia (http://sede.xunta.gal) para cubrir a solicitude de adhesión (Anexo II) e o convenio de colaboración (anexo III), xerándose un documento en formato pdf con estes dous anexos –o segundo por duplicado–.

3º. Por defecto a aplicación informática cubrirá os anexos cos datos dispoñibles da convocatoria de adhesión de entidades colaboradoras que participaran no procedemento de xestión das subvencións para a renovación de electrodomésticos, da anualidade 2021.

4º. Para acceder á aplicación informática e solicitar a adhesión simplificada, utilizará o usuario e a contrasinal outorgados polo Inega na convocatoria 2021.

5º. Unha vez xerada a solicitude normalizada (anexo II) e o convenio de colaboración (anexo III), deberá presentalos por vía electrónica de conformidade ao establecido.

b) Adhesión común (altas novas entidades colaboradoras).

1º. A primeira vez que a entidade colaboradora acceda á aplicación asignarase un usuario e un contrasinal. Este usuario e contrasinal serán os válidos para consultar o estado da solicitude de adhesión, para cubrir as solicitudes de axuda e para ver o seu estado.

2º. A entidade colaboradora deberá acceder á aplicación informática dispoñible na páxina web do Inega (http://www.inega.gal) ou accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia (http://sede.xunta.gal) para encher a solicitude de adhesión (anexo II) e o convenio de colaboración (anexo III), xerarase un documento en formato pdf con estes dous anexos –o segundo por duplicado–.

Unha vez xerada a solicitude normalizada (anexo II), deberá presentala por vía electrónica de conformidade co establecido. As copias dos documentos dixitalizados gozarán da mesma validez e eficacia que os orixinais sempre que exista constancia de que sexan auténticas.

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.

A publicación dos formularios de solicitude no DOG farase unicamente para os efectos informativos.

3º. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

I. Documento acreditativo de poder suficiente do representante legal da entidade.

II. Convenio de colaboración (anexo III) debidamente asinados pola entidade colaboradora.

Unha vez asinado polo Inega, a entidade colaboradora poderá acceder ao citado convenio no taboleiro.

De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recabados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se puideran obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

4º. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se a entidade interesada presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos considerarase como data de presentación aquela na que fose realizada a emenda.

As entidades interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola entidade interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

Sempre que se realice a presentación de documentación separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se dispón del.

5º. No caso de que algún dos documentos que se vaian presentar de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos (10 MB) ou tivese un formato non admitido, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior.

c) Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

i. NIF da entidade colaboradora.

ii. DNI/NIE da persoa solicitante.

iii. DNI/NIE da persoa representante.

iv. Certificado de estar ao día no pagamento coa AEAT.

v. Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

vi. Certificado de estar ao día no pagamento coa Facenda autonómica.

vii. Certificación de alta no imposto de actividades económicas cando a entidade colaboradora sexa unha empresa.

2º. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3º. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

d) Todos os trámites administrativos que as entidades colaboradoras deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente a través da aplicación informática habilitada para estas axudas, accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia (http://sede.xunta.gal) ou da páxina web do Inega (www.inega.gal).

5. Órganos competentes.

A xerencia do Inega será o órgano competente para a instrución do procedemento administrativo de adhesión de entidades colaboradoras, correspondéndolle á persoa titular da dirección do Inega ditar as diferentes resolucións que se deriven do dito procedemento.

6. Instrución do procedemento de adhesión

a) Unha vez presentada a solicitude de adhesión xunto coa documentación complementaria, o órgano instrutor comprobará que reúne todos os requisitos e que se achegan todos os documentos exixidos polas bases reguladoras. De conformidade coa normativa reguladora do procedemento administrativo común, se a solicitude non reúne os requisitos exixidos, requirirase a entidade colaboradora, para que, nun prazo de 10 días hábiles, emende a falta ou presente os documentos preceptivos, coa advertencia expresa de que, se así non o fixese, se terá por desistido da súa petición e arquivarase o expediente.

Igual requirimento efectuarase por parte do Inega no suposto de resultado negativo da consulta efectuada á Axencia Estatal da Administración Tributaria (AEAT); Tesouraría Xeral da Seguridade Social (TXSS); consellería competente en materia de economía e facenda, rexistro mercantil e outros rexistros públicos.

b) De conformidade co establecido no artigo 6.1.d) destas bases reguladoras en canto á solvencia técnica das entidades colaboradoras, utilizaranse medios electrónicos para as notificacións.

7. Resolución.

O prazo máximo para que o director do Inega resolva sobre as adhesións das entidades colaboradoras é de 20 días hábiles desde a presentación da solicitude. Pasado o devandito prazo, as entidades colaboradoras poderán entender desestimadas as súas solicitudes por silencio administrativo. A resolución ditarase individualmente para cada unha das solicitudes, e notificarase seguindo a súa orde de presentación, salvo que se deba emendar, momento en que se terá en conta a data de presentación da emenda.

Aqueles expedientes que reúnan todos os requisitos e a documentación necesaria serán adheridos a este programa.

8. Notificación das resolucións.

a) As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

b) De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas practicaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do Sistema de notificacións electrónicas de Galicia, Notifica.gal. Este sistema remitirá ás entidades colaboradoras avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude de adhesión. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

c) De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico de Galicia poderá de oficio crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar o cumprimento polas persoas interesadas da súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

d) As notificacións entenderanse practicadas no momento no que se produza o acceso ao seu contido, entendéndose rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

e) Se o envío da notificación electrónica non fose posible por problemas técnicos practicarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo.

f) As entidades colaboradoras poderán consultar na aplicación informática e na Carpeta cidadá-A miña sede, accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia (http://sede.xunta.gal) o estado das súas solicitudes a medida que avanza a tramitación administrativa do expediente e a documentación presentada.

9. Publicación da listaxe de entidades colaboradoras adheridas.

O Inega publicará na súa páxina web a listaxe de entidades colaboradoras adheridas a medida que resolva o proceso de adhesión. A listaxe actualizarase periodicamente coas novas entidades colaboradoras solicitantes que, tras o requirimento de emenda completen a documentación necesaria para formalizar a adhesión.

As entidades colaboradoras non serán publicitadas na páxina web do Inega nin poderán tramitar solicitudes de axuda ata que completen o proceso de adhesión, aínda que eventualmente xa comezara o prazo establecido no artigo 4.4 da convocatoria.

Artigo 7. Persoas beneficiarias das subvencións

1. Poderán ser beneficiarias das subvencións as persoas físicas que realicen algunha das actuacións establecidas no artigo 3 destas bases reguladoras nunha vivenda sita na Comunidade Autónoma de Galicia. Para ser beneficiario terá que tramitar a súa solicitude a través dalgunha das entidades colaboradoras adheridas que figuren no listaxe que se publique na páxina web do Inega, www.inega.gal

2. Non poderán ter a condición de beneficiarias as persoas ou entidades en que concorra algunha das circunstancias previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. Os requisitos para obter a condición de persoa beneficiaria deberanse cumprir, como moi tarde, na data límite de remate do prazo de presentación de solicitudes.

Artigo 8. Obrigas dos beneficiarios

1. Son obrigas das persoas beneficiarias as establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e, en particular, as seguintes:

a) Someterse ás actuacións de comprobación e control financeiro dos órganos competentes da Administración autonómica, estatal e comunitaria no exercicio das súas funcións.

b) Xustificar ante o Inega a través da entidade colaboradora, cando proceda, que cumpre cos requisitos ou as condicións que determinan a concesión da axuda, no prazo sinalado na convocatoria ou, excepcionalmente, o que se sinale na resolución, cando esta sexa consecuencia da estimación dun recurso.

c) Acreditar ante o Inega a través da entidade colaboradora, no momento de presentar a solicitude da axuda, que está ao día nas súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e da Seguridade Social e que non ten pendente de pagamento ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma, agás se opoñan á consulta ou non presten o consentimento expreso de conformidade co disposto no artigo 13.2 de comprobación de datos. O Inega podería comprobar o cumprimento destas obrigas polo beneficiario.

d) Realizar o pagamento das facturas antes da data en que deban presentarse ante o Inega. Este pagamento debe estar debidamente documentado tal e como se establece no artigo 16 destas bases reguladoras.

e) Cando non poida executar o proxecto deberá desistir da súa solicitude.

f) O beneficiario está obrigado a respectar o destino do investimento, polo menos, os dous (2) anos posteriores á data da resolución de pagamento final, salvo que existan prazos de maior amplitude aplicables no ámbito da Xunta de Galicia para proxectos determinados, caso no que se aplicarán estes.

g) Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos, que poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.

i) Proceder ao reintegro dos fondos percibidos nos supostos establecidos no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

j) Toda referencia ás actuacións subvencionadas en publicacións, actividades de difusión, páxinas web e en xeral calquera medio de difusión deberán incluír o símbolo e logotipo da Xunta de Galicia e do Inega, en cumprimento do artigo 15.3 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.

Artigo 9. Contía máxima das axudas que se van outorgar coa convocatoria

Na seguinte táboa establécese a axuda máxima por electrodoméstico en función da súa tipoloxía. Un beneficiario só poderá recibir axuda pola substitución dun único electrodoméstico de cada unha das tipoloxías de equipos incluídos e cun máximo de tres electrodomésticos por beneficiario.

Electrodomésticos subvencionables

Axuda máxima (€/electrodoméstico)

Consumidor

xeral

Consumidor vulnerable

Consumidor vulnerable severo

Frigorífico e frigorífico-conxelador con clasificación enerxética A, B, C ou D

150

300

450

Conxelador con clasificación enerxética A, B, C ou D

Lavadora A, B ou C

100

200

300

Lavalouza A, B ou C

Placa de indución total (soamente tecnoloxía de indución)

100

200

300

A cantidade da subvención non poderá ser superior ao 25% do prezo do electrodoméstico para un consumidor xeral, do 50 % para consumidores vulnerables e do 75 % para consumidores vulnerables severos.

Para os efectos desta convocatoria considéranse consumidores vulnerables e vulnerables severos os que cumpran os requisitos establecidos no Real decreto 897/2017, do 6 de outubro, polo que se regula a figura do consumidor vulnerable, o bono social e outras medidas de protección para os consumidores domésticos de enerxía eléctrica e sexan beneficiarios do bono social eléctrico, o que deberá acreditarse mediante a presentación dunha factura de enerxía eléctrica cunha antigüidade máxima de 3 meses anteriores á data na que se presenta a solicitude de reserva de fondos. O beneficiario só poderá beneficiarse da axuda correspondente a consumidor vulnerable ou vulnerable severo na vivenda que figure na factura de electricidade con aplicación do bono social.

Artigo 10. Forma de presentación de solicitudes (código de procedemento IN414C)

1. As entidades colaboradoras adheridas son as encargadas de tramitar o procedemento (presentar a solicitude e a documentación complementaria). O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará na data e hora prevista no artigo 4.5 desta resolución pola que se aproban estas bases e finalizará o 30 de setembro de 2022.

Na páxina web do Inega (www.inega.gal) estará dispoñible unha listaxe de entidades colaboradoras adheridas a esta convocatoria de axudas.

2. A presentación das solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través do formulario electrónico normalizado accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, e na páxina web do Inega, www.inega.gal, de conformidade co establecido no artigo 14 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas. Para o acceso á aplicación de presentación das solicitudes será necesario o número do NIF e o contrasinal determinado polas entidades colaboradoras.

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das entidades interesadas presenta a solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.

A aplicación solicitará a inclusión da documentación necesaria e xerará a solicitude do beneficiario. Cada entidade colaboradora só poderá ter unha única sesión aberta.

3. A solicitude (anexo IV) imprímese obrigatoriamente desde a aplicación informática.

A entidade colaboradora presentará telematicamente desde a aplicación a solicitude de axuda unha vez asinada polo representante, mediante o formulario normalizado accesible desde a citada aplicación informática e que se xunta como anexo IV. Previamente a presentar a solicitude, a aplicación permitirá imprimir o documento de representación conforme o anexo V que deberá ser asinado polo solicitante, dixitalizado e xuntarse a solicitude da axuda.

4. Os fondos solicitados e os vixentes poderán visualizarse en todo momento a través da aplicación informática. Unha vez presentada unha solicitude, a aplicación informática descontará a contía de axuda correspondente ao expediente dos fondos dispoñibles. Polo tanto, a axuda máxima a conceder ao expediente estará limitada pola axuda indicada na solicitude inicial.

De chegarse a esgotar os fondos dispoñibles, as seguintes solicitudes presentadas incluiranse nunha listaxe de espera; no momento da presentación, a aplicación informática informará da posición que ocupa a solicitude na listaxe de espera.

As inadmisións, desistimentos, denegacións, renuncias e minoracións de solicitudes con fondos asignados liberarán fondos que poderán ser reasignados aos expedientes que se atopen en listaxe de espera segundo a orde de prelación que lle corresponda.

5. A presentación da solicitude implica o coñecemento e a aceptación destas bases reguladoras.

6. Respecto á obriga de acreditar o cumprimento das obrigas tributarias e da seguridade social coa Administración pública da Comunidade Autónoma, coa Administración do Estado e coa Seguridade Social, no caso de que as subvencións non superen os 3.000,00 euros individualmente e se concedan con cargo aos créditos orzamentarios do capítulo VII, transferencias de capital destinadas a familias e institucións sen fin de lucro, substituirase pola declaración responsable do solicitante de estar o día, segundo o disposto no artigo 11 do Decreto 11/2009, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, esta declaración esta incluída no formulario de solicitude (anexo IV) na epígrafe «A persoa solicitante ou representante declara».

7. Unha vez presentada a solicitude reservaranse os fondos asociados á axuda durante o prazo de execución previsto no artigo 24. Se neste prazo non se presenta a solicitude de pagamento indicada no artigo 15 entenderase que o solicitante desiste da súa solicitude e perderá o dereito á reserva de fondos, reasignándose os fondos ás solicitudes que eventualmente se atopen na listaxe de espera segundo a orde de prelación que corresponda.

Artigo 11. Documentación complementaria

As entidades colaboradoras deberán achegar coa solicitude (anexo IV) a seguinte documentación:

– Autorización para a representación segundo o anexo V.

Artigo 12. Forma de presentación da documentación complementaria

1. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das entidades colaboradoras presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela na que fose realizada a emenda.

As entidades colaboradoras responsablilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

3. No caso de que algún dos documentos a presentar de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos (10 MB) ou tivese un formato non admitido, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior.

4. Todos os trámites administrativos que as entidades colaboradoras deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente a través da aplicación informática habilitada para estas axudas, accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia (http://sede.xunta.gal) ou da páxina web do Inega (www.inega.gal).

Artigo 13. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) Certificacións de estar ao día no pagamento coa AEAT, Seguridade Social e Facenda autonómica.

b) DNI ou NIE, da persoa solicitante.

c) DNI/NIE da persoa representante.

d) NIF da entidade representante.

e) Inhabilitación para obter subvencións e axudas.

f) Concesión de subvencións e axudas.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 14. Órganos competentes

A xerencia do Inega será o órgano competente para a instrución do procedemento administrativo de concesión das subvencións, correspondéndolle á persoa titular da dirección do Inega ditar as diferentes resolucións que se deriven do dito procedemento.

Artigo 15. Instrución do procedemento de concesión das axudas

1. Unha vez presentada a solicitude xunto coa autorización para a representación se esta dispón de fondos reservados poderase entender como preconcedida, e a partir dese momento poderá presentar a documentación xustificativa que se sinala no artigo 16 destas bases reguladoras e solicitar o pagamento mediante a presentación do anexo VI, que se xunta a título informativo. Se no prazo de execución e xustificación establecido no artigo 24 non se presenta a solicitude de pagamento indicada no artigo 16 entenderase que o solicitante desiste da súa solicitude e perderá o dereito á reserva de fondos, reasignándose os fondos ás solicitudes que eventualmente se atopen na listaxe de espera segundo a orde de prelación que corresponda.

2. A presentación do anexo VI de solicitude de pagamento deberá cubrirse a través da aplicación informática accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, ou ben desde a páxina web do Inega (http://www.inega.gal). As copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade do solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto no artigo 28.5 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A aplicación informática non permitirá a presentación de solicitudes de pagamento que non acheguen a documentación xustificativa complementaria indicada no artigo 16.

3. As solicitudes de axuda con reserva de fondos que presenten solicitudes de pagamento serán revisadas polos servizos do órgano instrutor do Inega conxuntamente coa documentación xustificativa que debe acompañar a esta.

4. Se a solicitude non reúne algunha da documentación ou información previstas nas bases, requirirase a entidade colaboradora para que, nun prazo de dez (10) días hábiles, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos; coa advertencia expresa de que, se así non o fixese, se lle terá por desistido na súa petición e se arquivará o expediente.

Igual requirimento efectuarase no suposto de resultado negativo da consulta efectuada da verificación do DNI/NIE do solicitante e do representante persoa física e NIF do representante persoa xurídica, tendo nestes casos a entidade colaboradora que achegar os correspondentes documentos.

5. Poderán liberarse os fondos e pasarán a formar parte do crédito dispoñible, se existe constancia da posta á disposición da notificación da emenda, e transcorresen dez (10) días naturais sen que se acceda ao seu contido.

6. Poderá requirirse a entidade colaboradora para que achegue aqueles datos, documentos complementarios ou aclaracións que resulten necesarios na tramitación e resolución do procedemento.

7. O órgano instrutor comprobará que a solicitude reúne todos os requisitos e que se achegan todos os documentos exixidos polas bases reguladoras. Aqueles expedientes que non cumpran coas exixencias contidas nestas bases ou na normativa de aplicación, ou que non conteñan a documentación necesaria, serán obxecto de resolución de inadmisión a trámite ou de denegación, dependendo da circunstancia que concorra en cada caso.

Artigo 16. Documentación xustificativa do investimento e solicitude de pagamento

1. O prazo para presentar os documentos de xustificación remata no prazo indicado no artigo 24, debendo estar, nese momento, os investimentos plenamente realizados, operativos e verificables.

2. Para o cobramento polo solicitante da subvención, a entidade colaboradora deberá presentará toda a documentación que se sinala neste artigo e solicitará o pagamento mediante a presentación do anexo VI, que se xunta a título informativo.

a) Copia da etiqueta enerxética do electrodoméstico adquirido ou, se é o caso, documentación técnica que xustifique que a placa de cociña adquirida é de indución total (soamente tecnoloxía de indución, non mixtas).

b) Copia do certificado de retirada do electrodoméstico antigo por un xestor autorizado identificando o electrodoméstico ou xustificante de recollida emitido pola plataforma SIGA. Para unha maior eficiencia, admitiranse certificados de recollida por lotes.

c) No caso de consumidores vulnerables deberase achegar copia dunha factura de enerxía eléctrica cunha antigüidade máxima de 3 meses anteriores á data na que se presenta a solicitude de reserva de fondos na que se poida comprobar que o titular coincide co beneficiario e que é perceptor do bono social, así como que o enderezo da subministración coincide coa de instalación do electrodoméstico.

d) Factura xustificativa da actuación. A factura deberá estar asinada e selada pola entidade colaboradora e polo beneficiario da axuda, coa lenda «pagado» para que quede constancia deste feito. Na factura indicarase claramente: data de emisión, nome e NIF do beneficiario, enderezo onde se instala o equipo, marca, modelo, así coma os seguintes conceptos: base impoñible, IVE, total da base impoñible máis IVE, desconto axuda para a renovación de electrodomésticos Inega e total que vai pagar o cliente. Cando o importe que vai pagar sexa superior a 1.000,00 euros terase que xustificar o pagamento mediante os documentos indicados nos seguintes puntos deste artigo; neste caso, non sería obrigado que a factura veña asinada polo comprador.

3. A expedición da factura e o seu contido axustarase ao disposto no Real decreto 1619/2012, do 30 de novembro, polo que se regulan as obrigas de facturación.

4. Non se admitirán os supostos de autofacturación.

5. En ningún caso poderá concertar o beneficiario a execución total ou parcial das actividades subvencionadas nos supostos contemplados nas letras a), b) e c) do artigo 27.7 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

6. Non se admitirán como xustificantes os documentos acreditativos de pagamento en metálico por importe superior a 1.000,00 euros nin os obtidos a través da internet se non están validados pola entidade bancaria ou non dispoñen de códigos para a súa verificación por terceiros na sede electrónica da dita entidade.

7. Considéranse documentos xustificativos do pagamento das facturas: transferencia bancaria, xustificante bancario de ingreso de efectivo polo portelo, certificación bancaria, nos cales deberán estar claramente identificados:

a) Destinatario último: debe quedar acreditado que o pagador é o destinatario final da axuda. Xa sexa mediante un pagamento directo ou mediante un contrato de financiamento.

b) Receptor do pagamento (entidade colaboradora).

c) Número de factura obxecto do pagamento. No caso de financiamento da actuación e que o pagamento se realice directamente desde a entidade de crédito, a entidade colaboradora deberá achegar copia do contrato de financiamento. 

8. Todos os pagamentos que realice o comprador deben efectuarse durante a vixencia da presente convocatoria de axudas.

Artigo 17. Resolución de concesión e pagamento

1. Unha vez avaliada a solicitude inicial e a solicitude de pagamento, a proposta de resolución elevarase a persoa titular da dirección do Inega. O procedemento de concesión resolverase no prazo máximo de 3 meses contados desde a data de presentación da solicitude ou, se e o caso, da súa emenda e axustarase ao disposto no artigo 34 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como o contido da resolución.

Eventualmente para o recoñecemento dos compromisos adquiridos coa reserva de fondos poderase ditar resolución de concesión provisional.

2. A resolución de concesión e pagamento comprenderá a identificación do beneficiario, o investimento e a contía da subvención.

Na resolución denegatoria da axuda farase constar o motivo da denegación.

3. No suposto de ampliación do crédito e ata o límite do crédito dispoñible, concederase, sen necesidade dunha nova convocatoria, a subvención ao solicitante ou solicitantes seguintes na orde de entrada da solicitude.

4. Se transcorrese o prazo sen que recaese resolución expresa, os interesados poderán entender desestimadas as súas solicitudes por silencio administrativo, de conformidade co artigo 23.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 18. Notificación

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

2. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas practicaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal. Este sistema remitirá ás entidades colaboradoras avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as entidades colaboradoras deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico de Galicia poderán de oficio crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar o cumprimento polas persoas interesadas da súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

4. As notificacións entenderanse practicadas no momento no que se produza o acceso ao seu contido, entendéndose rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non fose posible por problemas técnicos practicarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

6. Os interesados poderán consultar na aplicación informática e na Carpeta cidadá-A miña Sede, accesibles desde a sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) o estado das súas solicitudes a medida que avanza a tramitación administrativa do expediente e a documentación presentada.

Artigo 19. Pagamento das axudas

1. Os órganos competentes do Inega poderán solicitar as aclaracións ou informes relativos á xustificación do investimento que consideren convenientes. Transcorrido o prazo concedido para o efecto sen que a entidade colaboradora os presentase, poderase entender que desiste da solicitude de subvención.

2. Unha vez se dite resolución de concesión e pagamento, o Inega aboará á entidade adherida o importe correspondente na conta bancaria facilitada para tal efecto na solicitude de adhesión.

Artigo 20. Transparencia e bo goberno

1. Deberá darse cumprimento ás obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016 á que se atopen vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da citada lei.

Artigo 21. Réxime de recursos

Contra as resolucións ditadas ao abeiro destas bases poderán interporse os seguintes recursos, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

1. Recurso de alzada no prazo dun mes desde o día seguinte ao da notificación da resolución, se esta for expresa, ou en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que, de acordo coa súa normativa específica se produzan os efectos do silencio administrativo, perante o presidente da Axencia Instituto Enerxético de Galicia, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

2. Contra as resolucións de reintegro, recurso de reposición no prazo dun mes desde o día seguinte ao da notificación da resolución se esta for expresa, ou en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que, de acordo coa súa normativa específica se produzan os efectos do silencio administrativo, perante a directora da Axencia Instituto Enerxético de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Artigo 22. Modificación da resolución de concesión

Toda alteración das condicións tidas en conta para a resolución de concesión e pagamento da subvención e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

Artigo 23. Aceptación e renuncia

No caso de que o beneficiario dunha subvención desexe renunciar á axuda concedida para a súa solicitude, deberá comunicarllo ao Inega, a través da entidade colaboradora.

No caso de que se comunicase a renuncia, ditarase a correspondente resolución que se notificará, de conformidade co procedemento establecido no artigo 18 destas bases reguladoras.

Artigo 24. Prazo de execución e xustificación da actuación

A data límite para executar o proxecto e presentar a solicitude de pagamento coa documentación xustificativa dos investimentos é de 60 días naturais contados desde o día seguinte á presentación da solicitude coa data límite do 30 de setembro de 2022.

Artigo 25. Reintegro de subvencións e réxime de sancións

1. O Inega reservase para si o dereito a realizar cantas comprobacións, inspeccións e demais medidas de control que se estimen oportunas para velar pola correcta aplicación dos recursos públicos, e as persoas beneficiarias someteranse ás actuacións de control que realice o Inega para o seguimento dos proxectos aprobados, así como as de control financeiro que correspondan á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, as actuacións de comprobación previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas.

Se no curso destas verificacións se detectase que as persoas beneficiarias da subvencións ou as entidades colaboradoras adheridas incumpriron algunha das condicións establecidas nestas bases reguladoras, resolverase a adhesión, o que implicará a perda dos beneficios e, se é o caso, o deber de reintegrar as cantidades obtidas indebidamente cos xuros legais que correspondan, sen prexuízo das accións legais e sancións que correspondan.

2. Para facer efectiva a devolución a que se refire o número anterior tramitarase o oportuno procedemento de reintegro, que se axustará ao previsto no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. As entidades colaboradoras e as persoas beneficiarias das subvencións, de ser o caso, estarán suxeitos ao réxime sancionador previsto no título IV da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e desenvolto no título VI do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007.

Artigo 26. Normativa de aplicación

1. Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

4. Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

5. Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

6. Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia.

7. Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.

8. Regulamento xeral de protección de datos (RXPD): norma de aplicación directa en toda a Unión Europea, relativa á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos.

9. Real decreto 3/2010, do 8 de xaneiro, polo que se regula o Esquema nacional de seguridade no ámbito da Administración electrónica (ENS)-versión consolidada.

10. Real decreto 897/2017, do 6 de outubro, polo que se regula a figura do consumidor vulnerable, o bono social e outras medidas de protección para os consumidores domésticos de enerxía eléctrica.

missing image file
missing image file

ANEXO III

Convenio de colaboración entre o Inega e a entidade colaboradora ____ para a xestión de subvencións para a renovación de electrodomésticos.

Santiago de Compostela, ____ de _________ de 2022

Dunha parte, a directora do Inega, en virtude das facultades do seu cargo e das que lle foron conferidas en virtude das atribucións que lle confire o artigo 16 do Decreto 142/2016, do 22 de setembro, polo que se modifican as normas reguladoras do Instituto Enerxético de Galicia e se aproban os estatutos da Axencia Instituto Enerxético de Galicia (DOG núm. 212, do 8 de novembro) e polo Acordo do Consello da Xunta, do 27 de marzo de 1991, sobre convenios de cooperación con outros entes públicos e de colaboración con particulares, publicado mediante Resolución do 8 de abril de 1991, da Consellería de Economía e Facenda.

Da outra parte_____________________________, con NIF____________, actuando en nome e representación da entidade ________________________________________________ con NIF/CIF _______________, debidamente facultado para subscribir este convenio,

EXPOÑEN:

I. Que a Resolución do 16 de febrero de 2022 regula as bases reguladoras para a concesión de axudas para a renovación de electrodomésticos, destinadas a particulares.

II. Que o Inega acordou realizar unha selección de entidades colaboradoras para a xestión das axudas para a renovación de electrodomésticos, destinadas a particulares; estas entidades colaboradoras actuarán de ligazón entre o Inega e os beneficiarios das axudas que se convoquen para a mellora do aforro e a eficiencia enerxética, así como o fomento do uso racional da enerxía.

III. Que ambas as partes consideran que, por razóns de eficacia na xestión e co fin de conseguir unha mellor prestación de servizos aos beneficiarios das axudas, e de conformidade cos artigos 9 e 13 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, acordan subscribir o presente convenio de colaboración, de conformidade coas seguintes estipulacións:

Primeira. Obxecto da colaboración

O obxecto deste convenio consiste en establecer un marco de colaboración entre o Instituto Enerxético de Galicia e a entidade ______ para xestionar as axudas convocadas na Resolución do 16 de febrero de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións en réxime de concorrencia non competitiva relativas á renovación de electrodomésticos, se regula a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión e se convocan as devanditas axudas.

A colaboración establécese para xestionar as actuacións «Axudas para a renovación de electrodomésticos».

Segunda. Entidade colaboradora

A entidade _____ é unha entidade colaboradora que cumpre co establecido no artigo 6.1 das bases reguladoras para a concesión de subvencións, regúlase a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión e convócanse as ditas axudas. Esta entidade acredita o cumprimento dos requisitos e das condicións de solvencia económica e técnica previstas nas devanditas bases reguladoras.

Terceira. Prazo de duración

Este convenio terá vixencia ata o 15 de decembro de 2022.

Cuarta. Obrigacións da entidade colaboradora

A entidade colaboradora obrígase, ademais do establecido no artigo 6.3.a) das bases reguladoras das axudas, e sen prexuízo do disposto no artigo 12 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia ao seguinte:

– Asumir a tramitación e xestión ante o Inega das axudas dos beneficiarios.

– Comprobar e certificar o cumprimento das condicións ou requisitos establecidos nas bases reguladoras para que os solicitantes obteñan a condición de beneficiario, así como, a idoneidade da documentación que se lles exixe para a percepción da subvención.

– Presentar as solicitudes das axudas dos beneficiarios e a documentación xustificativa do desenvolvemento das actuacións, tal e como se recolle nas bases reguladoras.

– Vender ao solicitante da axuda no marco da iniciativa só os equipos que cumpran coas condicións establecidas nas bases.

– Comunicarlle ao Inega calquera variación que se produza nos datos inicialmente indicados para adherirse a este convenio, garantindo a confidencialidade dos datos fornecidos.

– Cumprir as normas sobre confidencialidade de datos, concretamente o Regulamento (UE) nº 2016/679 do Parlamento e do Consello, do 27 de abril, relativo á protección da persoa física no que respecta ao tratamento dos datos persoais e a libre circulación destes datos e ás normas que o desenvolvan.

– Atoparse sometida ás actuacións de comprobación e control previstas na letra d) do artigo 12 da mencionada Lei 9/2007.

– Atoparse ao día no pagamento das obrigacións coa Facenda pública do Estado, da Administración autonómica, así como coa Seguridade Social.

– Someterse ás actuacións de comprobación e control financeiro dos órganos competentes da Administración autonómica, estatal e comunitaria no exercicio das súas funcións.

– Conservar os xustificantes orixinais e o resto da documentación relacionada coa axuda durante un período de tres anos desde a súa concesión.

Quinta. Compromisos da entidade colaboradora

Ademais dos compromisos establecidos no artigo 6.3.b) das bases reguladoras das axudas, a entidade colaboradora comprométese a:

– Coñecer o contido das bases reguladoras destas axudas e deste convenio e cumprir cos requisitos establecidos neles.

– Que ten o domicilio social ou centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia.

– Que posúe a solvencia técnica e económica segundo o establecido no artigo 6.1 das bases reguladoras das axudas.

– Que consente expresamente a utilización de medios electrónicos na comunicación entre as entidades colaboradoras e o Inega, segundo o establecido no artigo 14 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

– Que non se atopa incurso en ningunha das prohibicións para obter a condición de entidade colaboradora recollidas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

– Que comunicará ao Inega calquera variación que poida ocorrer nos datos recollidos nos documentos presentados.

– Que autoriza o órgano xestor das axudas para que solicite a información necesaria en relación ao NIF da entidade colaboradora. De non dar a autorización para a comprobación mencionada, deberá presentar copia do NIF da entidade colaboradora (non do representante legal).

– Que autoriza o órgano xestor para que solicite a información necesaria para coñecer se o solicitante da adhesión está ao día nas súas obrigacións coa Axencia Estatal da Administración Tributaria, coa Tesouraría da Seguridade Social e coa Facenda da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia. De non dar a autorización para a comprobación mencionada anteriormente, deberá presentar certificación xustificativa de estar ao día coas súas obrigacións cos organismos sinalados anteriormente.

Sexta. Obrigacións do Inega

– Facilitar á entidade colaboradora toda a información e documentación normalizada que precise durante a tramitación da convocatoria de axudas.

– Dispoñer na páxina web do Inega (www.inega.gal) unha listaxe de entidades colaboradoras adheridas ao programa.

– Manter informada en todo momento e comunicar á entidade colaboradora o estado de tramitación das axudas.

Sétima. Xustificación dos requisitos dos beneficiarios

A xustificación polos beneficiarios das condicións establecidas para o outorgamento das subvencións correspondentes realizarase no momento da solicitude.

A entidade colaboradora atópase obrigada a requirir os beneficiarios a documentación establecida nas bases reguladoras das axudas, así como a comprobar esta e a gardar a mencionada documentación durante un período de tres anos desde a concesión da axuda.

Oitava. Rexistro especial de operacións

A entidade colaboradora, para facilitar a xustificación da subvención e a comprobación do cumprimento das condicións establecidas nas bases reguladoras das axudas, levará un rexistro especial das operacións que se realicen dentro de cada convocatoria de axudas, que estará á disposición do Inega e demais órganos fiscalizadores da Comunidade Autónoma de Galicia, do Estado e da Comunidade Europea.

Neste rexistro gardarase unha copia da documentación xustificativa das operacións rexistradas, así como da documentación que lle entreguen os beneficiarios.

Novena. Requisitos da entidade e dos beneficiarios

Os requisitos que debe cumprir e facer cumprir a entidade colaboradora nas diferentes fases do procedemento de xestión das subvencións, son os que se especifican no artigo 6 das bases reguladoras das axudas.

Décima. Xustificación das subvencións

Os beneficiarios xustificarán as subvencións, a través da entidade colaboradora, nos prazos e na forma prevista nas bases reguladoras das axudas.

Undécima. Causas de resolución

Son causas de resolución deste convenio entre o Inega e a entidade colaboradora, o incumprimento total ou parcial dalgunha das estipulacións contidas nas súas cláusulas, no articulado da resolución pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a renovación de electrodomésticos, sen prexuízo da tramitación dos compromisos adquiridos con anterioridade sobre expedientes en curso, así como a falsidade ou inexactitude nos datos e documentos presentados polas entidades colaboradoras.

Décimo segunda. Incumprimento

Se no curso das verificacións que realizará o Inega, se detecta que a entidade colaboradora incumprise algunha das condicións establecidas na normativa de aplicación, resolverase a adhesión, o que implicará a perda dos beneficios.

Décimo terceira. Natureza administrativa

O presente convenio ten natureza administrativa, quedando fóra do ámbito de aplicación da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público; sen prexuízo da aplicación dos principios e criterios da devandita lei para resolver as dúbidas ou lagoas que puidesen presentar. Rexerase polas súas propias cláusulas e, supletoriamente, polas normas xerais do dereito administrativo. As dúbidas que poidan xurdir en relación coa interpretación e cumprimento do convenio resolveranse de común acordo, sen prexuízo da competencia da orde xurisdicional contencioso-administrativo.

Décimo cuarta. Normativa reguladora especial

Para todo o non previsto neste convenio, observarase o previsto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; no Acordo do Consello da Xunta do 27 de marzo de 1991, sobre convenios de cooperación con outros entes públicos e de colaboración con particulares; na Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega; na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas; na Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público; na Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, así como no resto das normas xerais do procedemento administrativo.

(Sinatura)

Paula María Uría Traba

Directora da Axencia Instituto Enerxético de Galicia

(Sinatura)

Pola entidade colaboradora,

Representante legal de ________

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file