Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 2 de marzo de 2022 Páx. 14922

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

ORDE do 18 de febreiro de 2022 pola que se revoga de oficio a autorización do centro privado San Eloy de Vigo, por falta de inicio da actividade docente.

A Orde do 25 de xuño de 2019 (DOG do 15 de xullo) autorizou a apertura e o funcionamento do centro privado San Eloy de Vigo para impartir o ciclo formativo de grao medio de xoiaría.

A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos tramitou o procedemento de revogación da autorización, de conformidade co establecido nos artigos 1 e 8 do Decreto 133/1995, do 10 de maio, sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias (DOG núm. 96, do 22 de maio), e o 19.2 do Real decreto 332/1992, do 3 de abril, sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias (BOE núm. 86, do 9 de abril), e a normativa concordante.

Por canto antecede, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Artigo 1. Revogación da autorización

Revogar de oficio, por falta de inicio da actividade docente, a autorización do centro privado San Eloy de Vigo (Pontevedra), código 36025049, con efectos do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Artigo 2. Inscrición no Rexistro de Centros

A revogación da autorización dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Disposición derradeira primeira. Recursos

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia (artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas), ou ben directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (cos artigos 10, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa).

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de febreiro de 2022

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade