Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 3 de marzo de 2022 Páx. 15071

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 29 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas á elaboración de instrumentos de ordenación ou xestión forestais, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2022 (código de procedemento MR462B).

Advertidos erros na Orde do 29 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas á elaboración de instrumentos de ordenación ou xestión forestais, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2022 (código de procedemento MR462B), publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 21, do 1 de febreiro de 2022, cómpre facer as seguintes correccións:

1. Na páxina 6651, no artigo 2, número 1.a), onde di: «Dos bosques ou doutras superficies forestais que sexan propiedade da Administración central, autonómica ou local.», debe dicir: «Dos bosques ou doutras superficies forestais que sexan propiedade da Administración central ou autonómica.».

2. Na páxina 6654, no artigo 5, número 2, onde di: «Serán obxecto de axuda, igualmente, aqueles IOXF nos cales o plan especial finalizou con anterioridade ao 2019.», debe dicir: «Serán obxecto de axuda, igualmente, aqueles IOXF nos cales o plan especial finalizou con anterioridade a 2021.».

3. Na páxina 6672, no artigo 17, número 1, onde di: «O prazo para executar e xustificar as axudas concedidas nesta orde remata o 30 de abril de 2022, para propietarios particulares de xeito individual, sociedades e agrupacións de propietarios particulares, cooperativas agrícolas, pro indivisos, entidades locais, comunidades de bens e outras persoas xurídicas (S.A., S.L., ...) e o 30 de xuño de 2022 para CMVMC e montes de varas, abertais, de voces, de vocerío e fabeo.», debe dicir: «O prazo para executar e xustificar as axudas concedidas nesta orde remata o 30 de abril de 2023 para propietarios particulares de xeito individual, sociedades e agrupacións de propietarios particulares, cooperativas agrícolas, pro indivisos, entidades locais, comunidades de bens e outras persoas xurídicas (S.A., S.L., ...) e o 30 de xuño de 2023 para CMVMC e montes de varas, abertais, de voces, de vocerío e fabeo.».

4. Na páxina 6689, no anexo III, en Proxectos de ordenación (PO), epígrafe B, na táboa de atributos da capa de superficie arborada e inventariable, na descrición do campo Sarb, onde di: «En Xorfor se corresponde cos datos da táboa D1.TaboaEstratosInv no campo [TipoEst]=’111’→Monte arborizado. Bosque ata [TipoEst]=’127’→Monte arborizado ralo. Alineacións estreitas.», debe dicir: «En Xorfor correspóndese cos datos da táboa D1.TaboaEstratosInv no campo [TipoEst]=’111’→Monte arborizado. Bosque ata [TipoEst]=’134’→Monte arborizado temporalmente sen cobertura. Devasas.».