Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 3 de marzo de 2022 Páx. 15220

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Valdoviño

ANUNCIO do proceso selectivo dunha praza de animador sociocultural.

Mediante Decreto desta Alcaldía, do 24 de xaneiro de 2022, aprobáronse a convocatoria e as bases que rexerán o proceso selectivo para unha praza de monitor sociocultural do Concello de Valdoviño, de persoal laboral fixo, polo sistema de concurso-oposición.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 35, do 21 de febreiro de 2022, publicáronse integramente as bases que rexerán o proceso.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado.

O anuncio da listaxe provisional de admitidos e excluídos e a listaxe definitiva publicarase no Boletín Oficial da provincia da Coruña, no taboleiro de anuncios e na sede electrónica do Concello (https://concellodevaldovino.com). Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria faranse conforme se sinala nas bases da convocatoria.

Valdoviño, 23 de febreiro de 2022

Alberto González Fernández
Alcalde