Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 3 de marzo de 2022 Páx. 15219

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Moaña

ANUNCIO das bases específicas da convocatoria de prazas vacantes na oferta pública de emprego 2018.

Na Resolución de Alcaldía número 2022-0196, do 25 de febreiro de 2022, aprobáronse as bases específicas que regularán os procesos selectivos para cubrir as prazas vacantes incluídas na oferta de emprego público do ano 2018: 1 praza de arquitecto/a, 2 prazas de administrativo/a e 1 praza de auxiliar de biblioteca.

O período de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio destas bases específicas no Boletín Oficial del Estado.

As bases íntegras publicaranse no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, no taboleiro de anuncios e na sede electrónica do Concello de Moaña: https://concellodemoana.sedelectronica.gal

Moaña, 25 de febreiro de 2022

Leticia Santos Paz
Alcaldesa