Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 7 de marzo de 2022 Páx. 16343

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO da corrección de erros nas bases reguladoras para a provisión das prazas incluídas na oferta ordinaria de emprego público correspondente ao ano 2018.

No Boletín Oficial da provincia de Ourense número 120, do 29 de maio de 2021, con corrección de erros no número 140, do 22 de xuño de 2021, publicáronse integramente as bases para cubrir as prazas da oferta ordinaria de emprego público do ano 2018.

No Boletín Oficial da provincia de Ourense número 279, do 4 de decembro de 2021, publícase a Resolución da Presidencia do 30 de novembro de 2021 pola que se corrixen os erros advertidos no número 8 da base vixésima onde figuran as normas específicas para as prazas (2) de auxiliar de Administración xeral (C2), por promoción interna.

A corrección de erros abre un novo prazo de presentación de solicitudes para as dúas prazas de auxiliar de Administración xeral (C2), por promoción interna, mediante o sistema de concurso-oposición, de 20 días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Ourense, 7 de febreiro de 2022

José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense