Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 7 de marzo de 2022 Páx. 16342

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Tui

ANUNCIO de nomeamento de funcionario de carreira da policía local.

Pola Resolución da Alcaldía do 8.2.2022, resolveuse nomear como policía local funcionario de carreira (escala de administración especial, subescala servizos especiais, clase: policía local, grupo C1) deste concello a seguinte persoa, ao superar o proceso selectivo unitario para o ingreso nos corpos de policía local, escala básica (DOG nº 137, do 10.7.2020), vinculado á oferta de emprego público do ano 2019, e o curso selectivo de capacitación para a categoría de policía, dos corpos de Policía de Galicia, convocado mediante a Resolución do 14 de maio de 2021:

– José Antonio Fernández Rodríguez, con DNI núm. **7796**.

Contra a presente resolución poden interporse os seguintes recursos:

• Potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que ditou o acordo, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao desta notificación.

• Contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da presente notificación, se non se interpuxo o de reposición. Se se interpuxo este último, o prazo de dous meses empezará a contar desde o día seguinte ao da notificación da resolución do recurso de reposición, se esta for expresa. Se a resolución non for expresa, o prazo para interpoñer o recurso contencioso-administrativo será de seis meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza a desestimación por silencio administrativo.

• Calquera outro que se considere conveniente, baixo a súa responsabilidade.

Tui, 8 de febreiro de 2022

Enrique Cabaleiro González
Alcalde