Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 10 de marzo de 2022 Páx. 16990

III. Outras disposicións

Escola Galega de Administración Pública

RESOLUCIÓN do 2 de marzo de 2022 pola que se convocan as actividades de formación para o persoal de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia.

Aprobado o programa de actividades formativas da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) para o ano 2022 polo Consello Reitor, de conformidade co artigo 3.2 da Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da Escola Galega de Administración Pública, modificada pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, e en colaboración coas universidades do Sistema universitario de Galicia,

RESOLVO:

Convocar as actividades formativas que figuran no anexo II, que deberán desenvolverse segundo as bases detalladas no anexo I.

Santiago de Compostela, 2 de marzo de 2022

Sonia Rodríguez-Campos González
Directora da Escola Galega de Administración Pública

ANEXO I

Bases

Primeira. Requisitos dos participantes

1. Poderá participar nas accións formativas convocadas mediante esta resolución o persoal de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia que se encontre en situación de servizo activo (incluído o persoal que teña concedido un permiso por motivos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral) e que reúna os requisitos establecidos nesta convocatoria.

2. Para as actividades impartidas nunha modalidade que inclúe teleformación, as persoas interesadas deberán dispor dunha conta de correo electrónico cuxo enderezo terán que indicar na solicitude e dun equipamento informático que cumpra os seguintes requisitos técnicos:

– Un computador con conexión á internet.

– Un navegador web actualizado.

Para as actividades impartidas na modalidade de telepresenza contarán, ademais, cun manual de usuario no enlace https://egap.xunta.gal/ecloud/index.php/s/ZKijmeiZ5ypS3jd onde se explica como acceder á plataforma de telepresenza e se describen os compoñentes que o equipamento necesita para un funcionamento básico da plataforma.

Segunda. Desenvolvemento das actividades de formación

Os cursos realizaranse cos requirimentos, duración e condicións que para cada un deles se indiquen na convocatoria. A información relativa ao desenvolvemento das actividades, así como as súas posibles modificacións, será actualizada e ampliada na páxina web <https://egap.xunta.gal>.

Terceira. Solicitudes e prazos

1. O prazo de presentación de solicitudes será de oito días contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

2. As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula> desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

3. O número máximo de cursos que se pode solicitar durante o prazo de presentación de solicitudes limítase a cinco.

4. Non está permitida a realización de actividades de formación que teñan simultaneidade de horarios nunha ou varias sesións telepresenciais das actividades. Cando o/a alumno/a teña coñecemento de que foi seleccionado/a para un curso que teña coincidencia horaria nunha ou varias sesións telepresenciais con outro en que xa foi seleccionado/a, debe renunciar a un deles. No caso de que se comprobe con posterioridade que realizou simultaneamente varias actividades, non se lle expedirá certificación de ningunha delas, e pasará ao final das listas de todas as actividades formativas que solicite e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado desde que se detecte o feito.

5. Serán excluídas automaticamente aquelas solicitudes que non se axusten ao formulario de solicitude, non teñan cubertos correctamente os datos precisos para a realización do proceso de selección ou sexan presentadas fóra de prazo.

6. As persoas que oculten ou falseen datos esenciais para a selección serán automaticamente excluídas das actividades solicitadas e pasarán ao final das listas de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado desde que se detecte o feito.

7. As persoas interesadas en recibir mensaxes sobre o proceso de selección deberán facilitar un enderezo de correo electrónico e/ou un número de teléfono móbil.

8. As persoas que necesiten acreditar circunstancias específicas (discapacidade ou permisos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral) de acordo cos criterios de selección poderán remitirlle á EGAP a correspondente documentación complementaria, xunto cunha copia do formulario da matrícula, ao enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>, sen prexuízo do previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro). A devandita documentación deberá enviarse por unha única das vías indicadas; no caso contrario, só serán considerados os datos achegados por correo electrónico. A documentación deberá presentarse dentro do prazo sinalado no punto 1 desta base.

9. A EGAP adoptará as medidas necesarias para facilitar a presentación das solicitudes. As dúbidas, as dificultades técnicas e as peticións de información complementaria serán atendidas a través dos números de teléfono 981 54 62 57, 981 54 62 53 e 981 54 63 35 e do enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal> en horario de atención ao público (9.00 a 14.00 horas).

Cuarta. Protección de datos persoais e comprobación de datos

1. Os datos persoais proporcionados polas persoas interesadas para a xestión das solicitudes de participación nas accións formativas convocadas a través desta resolución, así como aqueles outros que se recollan ou elaboren con motivo do desenvolvemento desta, serán tratados pola EGAP na súa condición de responsable do tratamento, coa finalidade de levar a cabo a selección do alumnado, a impartición da formación e a xestión xeral desta.

A lexitimación para o tratamento dos datos é o cumprimento dunha misión realizada en interese público conforme o disposto no artigo 6.1.e) do Regulamento xeral de protección de datos (RXPD), con base no disposto na Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da Escola Galega de Administración Pública, e fundamentada nun interese público esencial (artigo 9.2.g) do RXPD). Os datos identificativos das persoas seleccionadas para participar nas anteditas accións formativas serán publicados conforme o detallado na base sexta desta resolución. Así mesmo, os datos dos alumnos e alumnas relativos a súa participación nesta acción formativa poderán ser comunicados aos órganos da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia cando sexa estritamente necesario para o exercicio das súas competencias.

As sesións dos cursos impartidos na modalidade de telepresenza serán gravadas coa finalidade de ofrecerlle ao alumnado a posibilidade de as veren posteriormente como material de estudo, así como para a resolución de posibles reclamacións. En todo caso, o alumnado, se o coida oportuno, poderá desactivar a súa cámara e/ou micrófono e participar a través do chat de acordo coas indicacións da persoa docente. As devanditas gravacións conservaranse á disposición do alumnado e profesorado durante o tempo que dure a acción formativa ou, de ser o caso, ata que finalice a avaliación do alumnado. A retransmisión das sesións formativas, e a gravación destas, poderá ser accesible unicamente ao profesorado e alumnado a que van dirixidas e ao persoal da EGAP autorizado.

Prohíbense expresamente a descarga, a difusión, a distribución ou a divulgación das gravacións e, particularmente, a súa compartición en redes sociais, xa que estes usos poden conculcar o dereito á protección de datos, o dereito á propia imaxe e os dereitos de propiedade intelectual, e poderían xerar responsabilidade disciplinaria, administrativa ou civil. As gravacións non poderán ser usadas para outros fins fóra do ámbito docente.

As persoas interesadas poderán solicitar ante a persoa responsable do tratamento o acceso, rectificación, limitación e supresión dos seus datos, así como opoñerse ao seu tratamento por motivos relacionados coa súa situación particular, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, segundo se recolle en https://www.xunta.gal/exercicio-de-dereitos. Contacto delegado/a de protección de datos e información adicional en https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos

2. Conforme o disposto no artigo 28.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, para a tramitación do procedemento de selección consultaranse automaticamente os datos das persoas solicitantes das accións formativas necesarios para realizar o proceso de selección, salvo que a persoa interesada se opuxese a iso. Neste caso, a persoa interesada deberá indicalo incluíndo os motivos de oposición relacionados coa súa situación particular e achegar, ademais, unha copia dos documentos a cuxa consulta se opón a través do seguinte enderezo electrónico: xestion.egap@xunta.gal

3. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo expresamente incluíndo os motivos de oposición relacionados coa súa situación particular e achegar os documentos que indiquen a súa situación administrativa, tipo de persoal e antigüidade na Administración a través do seguinte enderezo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>.

4. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

5. A EGAP poderá pedir as certificacións necesarias para realizar a selección de acordo cos criterios recollidos nesta convocatoria.

Quinta. Criterios de selección

1. Os criterios de selección que serán empregados son os sinalados con carácter xeral na Resolución da Escola Galega de Administración Pública do 4 de xaneiro de 2008 (DOG do 10 de xaneiro).

Para os efectos do previsto no punto segundo da citada resolución, o baremo que se empregará para a selección establécese sobre unha base de 100 puntos, dos cales o 60 % estará vinculado ao número de horas de formación recibidas nos dous últimos anos e o 40 % restante á antigüidade na Administración.

Os empates desfaranse de acordo co resultado do sorteo a que se refire o artigo 9 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 95/1991, do 20 de marzo (DOG do 25 de marzo). Para o ano 2022, segundo a Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública, do 28 de xaneiro (DOG núm. 24, do 4 de febreiro), comezarase pola letra T.

2. No caso de que non haxa un suficiente número de solicitantes que cumpran os requisitos do curso, poderá completarse o número de alumnos/as asignado mediante a apertura dun novo prazo público na páxina web da EGAP.

Sexta. Publicación das relacións do alumnado seleccionado

1. A EGAP publicará no enderezo <https://egap.xunta.gal> unha relación das persoas seleccionadas para participar en cada curso, así como un número adecuado de reservas de acordo co disposto no artigo 45.1.b) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

O prazo de presentación de alegacións será de dez días desde a súa publicación de acordo co artigo 68.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Entenderase que as persoas que non figuren na relación foron excluídas por algunha das razóns expresadas nas bases da convocatoria ou ocupan un posto máis afastado na lista de espera.

2. Logo de transcorrer o prazo de alegacións, a EGAP publicará no enderezo <https://egap.xunta.gal> a lista definitiva de persoas admitidas en cada curso. Contra esta lista poderase interpoñer recurso de alzada no prazo dun mes desde a dita publicación, de acordo co disposto polos artigos 112.1, 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Sétima. Cambios ou substitucións na selección. Renuncia. Asistencia e seguimento das actividades formativas

1. Cambios ou substitucións na selección:

En ningún caso serán admitidos cambios ou substitucións entre as persoas seleccionadas.

2. Renuncia:

a) As persoas seleccionadas só poderán renunciar á actividade formativa:

– Por causa de forza maior suficientemente acreditada.

– Por necesidades do servizo debidamente motivadas por parte dos/as responsables dos centros directivos.

– Por razóns de conciliación familiar.

– Por outras causas xustificadas documentalmente.

b) A renuncia debe ser comunicada por escrito á EGAP cunha antelación de tres días ao inicio da actividade formativa. Na páxina web da Escola está dispoñible un modelo de renuncia.

Para isto poderase utilizar, alén do previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), o enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>.

As persoas que incumpran o previsto nas alíneas a) e b) pasarán ao final das listas de espera de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.

3. Asistencia e seguimento das actividades formativas:

3.1. Seguimento das actividades telepresenciais:

a) Son obrigatorias a asistencia ás sesións da actividade formativa e máis a puntualidade.

b) Durante a actividade formativa terá lugar un control permanente de asistencia e puntualidade, incluídos controis extraordinarios.

c) Faltas de asistencia:

1. Non poden superar en ningún caso o 10 % das horas lectivas telepresenciais. En todo caso, as faltas de asistencia deberán xustificarse documentalmente ante as persoas responsables da actividade formativa nun prazo máximo de 10 días contados a partir do día da finalización desta actividade. As persoas que incumpran o antedito perderán o dereito ao certificado de participación na actividade formativa.

2. Aquelas persoas cuxas faltas de asistencia superen o 50 % das horas lectivas telepresenciais pasarán ao final das listas de espera de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.

3.2. Seguimento das actividades de teleformación:

As persoas que non completen o 50 % das actividades e tarefas propostas pola titoría pasarán ao final das listas de agarda de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.

Oitava. Superación da actividade

a) Para poder superar as actividades de telepresenza, o alumnado deberá superar as probas de avaliación que para os efectos se establezan. As probas desenvolveranse con carácter xeral na modalidade en liña.

b) Para poder superar as actividades de teleformación é necesario cumprir unha serie de requisitos obrigatorios na súa totalidade:

– A adecuada realización de todas as actividades que a titoría propoña. Estas deben constar debidamente presentadas nos prazos estipulados na programación didáctica do curso. A non superación das actividades obrigatorias suporá a perda automática do dereito a participar no exame final, que se realizará en liña.

– A superación das probas de avaliación que para os efectos se establezan.

Ao inicio da actividade formativa publicarase o correspondente programa na plataforma de teleformación e indicaranse as probas de avaliación previstas, así como as datas e o horario en que estas terán lugar. A EGAP informará a través da súa páxina web e tamén a través da plataforma de teleformación das datas concretas e do horario da proba final.

Novena. Certificados

Para a obtención do certificado de aproveitamento o alumnado deberá obter a avaliación positiva do seu profesorado, o cal emitirá un informe en que declare apto/a ou non apto/a cada alumno/a en función do resultado da proba de avaliación.

Décima. Facultades da EGAP

1. A EGAP resolverá aquelas incidencias que poidan producirse no desenvolvemento e na xestión das actividades formativas e pode suprimir algunha, ampliar novas edicións da programación ou programar outras actividades diferentes cando así o exixan as circunstancias que afecten a súa organización ou docencia. Tamén lle corresponde á EGAP prover canto sexa necesario para a execución e o cumprimento desta resolución.

2. A execución material das actividades queda condicionada á existencia de crédito orzamentario axeitado e dispoñible e á autorización correspondente do gasto.

3. No suposto de que o número de admitidos/as sexa inferior ao 50 % das prazas convocadas, a EGAP reserva para si o dereito a suspender, cancelar ou agrupar varias edicións das actividades, caso en que empregará os medios de notificación ás persoas interesadas previstos na normativa vixente.

4. A EGAP poderá modificar os contidos, o desenvolvemento, as datas e os lugares das actividades formativas, así como resolver todas as continxencias que poidan xurdir. Todas as modificacións que afecten o desenvolvemento das actividades serán anunciadas na páxina web da Escola.

5. A EGAP garantirá na totalidade das actividades derivadas desta convocatoria a promoción da igualdade real e efectiva entre mulleres e homes, a eliminación de calquera tipo de discriminación e o fomento dos dereitos de conciliación.

ANEXO II

Código

Denominación

Prazas

Horas

Cualificación

Persoal destinatario

Modalidade

Data de
inicio

Data de
fin

Data e hora do exame en liña

Administración electrónica, protección de datos e calidade administrativa

UN22009

Creación e edición de arquivos dixitais con Acrobat XI Pro

50

25

Aproveitamento

Persoal de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (UDC, USC e UVigo).

Teleformación

12.9.2022

6.10.2022

10.10.2022 16.30 h

UN22013

Introdución á protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais

50

30

Aproveitamento

Persoal de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (UDC, USC e UVigo).

Teleformación

17.10.2022

17.11.2022

25.11.2022 17.30 h

UN22021

Reutilización da información do sector público. Open Data

50

20

Aproveitamento

Persoal de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (UDC, USC e UVigo).

Teleformación

26.9.2022

17.10.2022

20.10.2022 18.30 h

UN22023

Seguridade da información no ámbito das universidades públicas

50

30

Aproveitamento

Persoal de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (UDC, USC e UVigo).

Teleformación

6.5.2022

7.6.2022

15.6.2022 17.30 h

Comunicación, organización do traballo e mellora das habilidades

UN22006

Atención plena e xestión do estrés

35

15

Aproveitamento

Persoal de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (UDC, USC e UVigo).

Telepresenza

20, 21, 27, 28 e 29 de xuño de 16.30 a 19.30

29.6.2022 19.00 h

UN22008

Básico en prevención de riscos laborais

50

50

Aproveitamento

Persoal de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (UDC, USC e UVigo).

Teleformación

3.10.2022

21.11.2022

24.11.2022 19.30 h

UN22011

Dixitalización de documentos

50

25

Aproveitamento

Persoal de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (UDC, USC e UVigo).

Teleformación

30.9.2022

25.10.2022

28.10.2021 18.30 h

UN22018

Pensamento analítico e toma de decisións

30

16

Aproveitamento

Persoal de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (UDC, USC e UVigo).

Telepresenza

12, 13, 14 e 15 de setembro de 16.30 a 19.30 h

16 de setembro de 16.30 a 20.30 h

16.9.2022 20.00 h

UN22019

Prevención de risco de contaxio e propagación do coronavirus SARS-CoV-2 no ámbito laboral

50

20

Aproveitamento

Persoal de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (UDC, USC e UVigo).

Teleformación

13.5.2022

6.6.2022

9.6.2022 18.30 h

UN22024

Técnicas elementais de arquivos

50

25

Aproveitamento

Persoal de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (UDC, USC e UVigo).

Teleformación

1.6.2022

27.6.2022

30.6.2022 17.30 h

Réxime xurídico e actividade contable das administracións públicas

UN22003

A axilidade na contratación pública: contratación menor e procedemento aberto simplificado

30

15

Aproveitamento

Persoal de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (UDC, USC e UVigo)

Telepresenza

17, 18, 19, 24 e 25 de outubro de 16.30 a 19.30 h

25.10.2022 19.00 h

UN22005

A responsabilidade patrimonial da Administración pública

50

30

Aproveitamento

Persoal de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (UDC, USC e UVigo).

Teleformación

24.10.2022

24.11.2022

29.11.2022 19.30 h

UN22007

Básico de subvencións e normativa aplicable

50

30

Aproveitamento

Persoal de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (UDC, USC e UVigo).

Teleformación

14.9.2022

14.10.2022

18.10.2022 16.30 h

UN22010

Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia

50

20

Aproveitamento

Persoal de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (UDC, USC e UVigo).

Teleformación

7.10.2022

28.10.2022

3.11.2022 17.30 h

UN22012

Estrutura e composición de documentos de contido xurídico integrantes de expedientes administrativos

50

20

Aproveitamento

Persoal de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (UDC, USC e UVigo).

Teleformación

7.10.2022

28.10.2022

3.11.2022 18.30 h

UN22014

Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia

50

20

Aproveitamento

Persoal de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (UDC, USC e UVigo).

Teleformación

15.9.2022

05.10.2022

10.10.2022 18.30 h

UN22015

Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas

50

25

Aproveitamento

Persoal de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (UDC, USC e UVigo).

Teleformación

26.10.2022

21.11.2022

25.11.2022 18.30 h

UN22016

Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público

50

25

Aproveitamento

Persoal de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (UDC, USC e UVigo).

Teleformación

23.5.2022

17.6.2022

23.6.2022 16.30 h

UN22017

Os contratos do sector público

50

30

Aproveitamento

Persoal de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (UDC, USC e UVigo).

Teleformación

1.6.2022

29.6.2022

5.7.2022 16.30 h

UN22020

Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público

50

25

Aproveitamento

Persoal de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (UDC, USC e UVigo).

Teleformación

2.11.2022

25.11.2022

30.11.2022 19.30h

UN22022

Revisión dos actos en vía administrativa

50

25

Aproveitamento

Persoal de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (UDC, USC e UVigo).

Teleformación

1.6.2022

27.6.2022

30.6.2022 16.30 h

UN22025

Transparencia: acceso á información pública e publicidade activa

50

25

Aproveitamento

Persoal de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (UDC, USC e UVigo).

Teleformación

9.5.2022

2.6.2022

7.6.2022 16.30 h

UN22026

Xestión de recursos humanos nas universidades

50

25

Aproveitamento

Persoal de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (UDC, USC e UVigo).

Teleformación

9.5.2022

2.6.2022

7.6.2022 18.30 h

Lingua galega

UN22004

A normativa do galego estándar: actualización gramatical, ortográfica e léxica

30

40

Aproveitamento

Persoal de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (UDC, USC e UVigo).

MIXTO

Teleformación + Telepresenza

Do 10.10.2022 ao 11.11.2022

Sesións de telepresenza.

11, 13, 18, 20, 25 e 27 de outubro; e 8 e 10 de novembro de 16.30 a 18.30 h

16.11.2022 18.30 h