Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 10 de marzo de 2022 Páx. 17002

III. Outras disposicións

Axencia Instituto Enerxético de Galicia

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 16 de febreiro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a renovación de electrodomésticos, en réxime de concorrencia non competitiva, así como a selección das entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á convocatoria para a anualidade 2022 (códigos de procedemento IN414B e IN414C).

O 1 de marzo de 2022 publicouse no Diario Oficial de Galicia (DOG nº 41) a Resolución do 16 de febreiro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a renovación de electrodomésticos, en réxime de concorrencia non competitiva, así como a selección das entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á convocatoria para a anualidade 2022 (códigos de procedemento IN414B e IN414C).

Advertidos erros relativos á configuración dos anexos en varias epígrafes, resulta necesario realizar as seguintes correccións de erros segundo se detallan:

1. Na páxina 14800, na epígrafe de datos específicos do procedemento, nos datos da persoa solicitante, onde di:

«Persoa física maior de idade consumidor VULNERABLE (a persoa solicitante é titular dunha subministración eléctrica beneficiaria do bono social cun 25 % de desconto no domicilio no que se actúa). Persoa física maior de idade consumidor VULNERABLE SEVERO (a persoa solicitante é titular dunha subministración eléctrica beneficiaria do bono social cun 40 % de desconto no domicilio no que se actúa)», debe dicir: «Persoa física maior de idade consumidor VULNERABLE (a persoa solicitante é titular dunha subministración eléctrica beneficiaria do bono social cun 25 %-60 % de desconto no domicilio en que se actúa). Persoa física maior de idade consumidor VULNERABLE SEVERO (a persoa solicitante é titular dunha subministración eléctrica beneficiaria do bono social cun 40 %-70 % de desconto no domicilio en que se actúa)».

2. Na páxina 14801, na epígrafe de características do electrodoméstico novo que se instala, onde di: «As clasificacións enerxéticas admisibles son: A, B ou encimeras de indución total», debe dicir: «As clasificacións enerxéticas admisibles son: A, B, C ou D para conxelador, frigorífico ou frigorífico-conxelador, A, B ou C para lavadoras e lavalouzas ou placas de cociña de indución total».

3. Na páxina 14805, na epígrafe de datos da persoa solicitante, onde di: «Persoa física maior de idade consumidor VULNERABLE (a persoa solicitante é titular dunha subministración eléctrica beneficiaria do bono social cun 25 % de desconto no domicilio no que se actúa). Persoa física maior de idade consumidor VULNERABLE SEVERO (a persoa solicitante é titular dunha subministración eléctrica beneficiaria do bono social cun 40 % de desconto no domicilio no que se actúa)», debe dicir: «Persoa física maior de idade consumidor VULNERABLE (a persoa solicitante é titular dunha subministración eléctrica beneficiaria do bono social cun 25 %-60 % de desconto no domicilio en que se actúa). Persoa física maior de idade consumidor VULNERABLE SEVERO (a persoa solicitante é titular dunha subministración eléctrica beneficiaria do bono social cun 40 %-70 % de desconto no domicilio en que se actúa)».

4. Na páxina 14805, na epígrafe de características do electrodoméstico novo que se instala, onde di: «As clasificacións enerxéticas admisibles son: A+++ ou placas de cociña de indución total», debe dicir: «As clasificacións enerxéticas admisibles son: A, B, C ou D para conxelador, frigorífico ou frigorífico-conxelador, A, B ou C para lavadoras e lavalouzas ou placas de cociña de indución total».

Con esta corrección achéganse os seguintes modelos: Anexo IV. Solicitude; Anexo VI. Solicitude de pagamento.

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file