Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 11 de marzo de 2022 Páx. 17247

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 4 de febreiro de 2022 pola que se autoriza a transmisión mortis causa da concesión administrativa e da batea Catedral II.

Visto o expediente instruído para os efectos de transmisión da batea Catedral II, e da concesión administrativa que a ampara, resulta:

a) Antecedentes:

Primeiro. Mediante escrito do 19 de novembro de 2021, María Isabel Leal García (***1172**) e Josefa Leal García (***1172**) solicitaron autorización para a transmisión mortis causa da concesión administrativa e da batea Catedral II.

Segundo. As interesadas achegaron a documentación requirida para a tramitación.

b) Consideracións legais e técnicas:

Primeira. Este órgano é competente para resolver o expediente, de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG número 243, do 16 de decembro), modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro (DOG número 243, do 15 de decembro) e coa Orde do 8 de setembro de 2017 de delegación de competencias na Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, nas direccións xerais e xefaturas territoriais e na Presidencia do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia (DOG número 180, do 21 de setembro).

Segunda. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG número 228, do 21 de novembro), e na Orde do 15 de xuño de 1999, pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións das bateas de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG número 126, do 2 de xullo).

Vistos os antecedentes citados e de acordo coas consideracións legais e técnicas, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión mortis causa, a favor de María Isabel Leal García (***1172**) e Josefa Leal García (***1172**), da concesión administrativa e da batea que se indica a continuación:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Catedral II.

Situación:

Cuadrícula número: 20.

Polígono: A.

Distrito: Bueu (Pontevedra).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título administrativo habilitante: concesión de actividade.

Orde de outorgamento: 8.11.1972.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Actual titular: Manuel Leal Rebouzas (***3380**).

Novas titulares: María Isabel Leal García (***1172**) e Josefa Leal García (***1172**).

As novas titulares da concesión subróganse nos dereitos e obrigas do anterior.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE número 236, do 2 de outubro), e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa (BOE número 167, do 14 de xullo).

Vigo, 4 de febreiro de 2022

A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 8.9.2017)
Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo