Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 11 de marzo de 2022 Páx. 17249

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 17 de febreiro de 2022 pola que se autoriza a transmisión mortis causa da concesión administrativa e da batea Bemeso X.

Visto o expediente instruído para os efectos de transmisión da batea Bemeso X, e da concesión administrativa que a ampara, resulta:

a) Antecedentes:

Primeiro. Mediante escrito do 14 de xaneiro de 2022, Martín de la Torre Cerviño (***1634**) e Marcos de la Torre Cerviño (***1029**) solicitaron autorización para a transmisión mortis causa da concesión administrativa e da batea Bemeso X.

Segundo. Os interesados achegaron a documentación requirida para a tramitación.

Terceiro. O informe do Servizo de Planificación e Xestión da Acuicultura, sobre a tramitación do expediente, é favorable.

b) Consideracións legais e técnicas:

Primeira. Este órgano é competente para resolver o expediente, de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG número 243, do 16 de decembro), modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro (DOG número 243, do 15 de decembro) e coa Orde do 8 de setembro de 2017 de delegación de competencias na Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, nas direccións xerais e xefaturas territoriais e na Presidencia do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia (DOG número 180, do 21 de setembro).

Segunda. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG número 228, do 21 de novembro), e na Orde do 15 de xuño de 1999, pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións das bateas de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG número 126, do 2 de xullo).

Vistos os antecedentes citados e de acordo coas consideracións legais e técnicas, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión mortis causa, a favor de Martín de la Torre Cerviño (***1634**) e Marcos de la Torre Cerviño (***1029**), da concesión administrativa e da batea que se indica a seguir:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Bemeso X.

Situación:

Cuadrícula número: 93.

Polígono: A.

Distrito: Bueu (Pontevedra).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título administrativo habilitante: concesión de actividade.

Orde de outorgamento: 22.9.1965.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Actual titular: Martín de la Torre Graña (***9100**).

Novos titulares: Martín de la Torre Cerviño (***1634**) e Marcos de la Torre Cerviño (***1029**).

Os novos titulares da concesión subróganse nos dereitos e obrigas do anterior e, especialmente, subróganse en todas as obrigas contraídas polo transmitente en relación coa axuda tramitada, concedida e percibida mediante o expediente PE205C 2017/2-5, en concepto de subvencións para investimentos no ámbito da acuicultura por importe de 5.250,00 €. Así mesmo, os novos titulares comprométense a non efectuar ningunha modificación fundamental das establecidas no artigo 71 do Regulamento (UE) 1303/2013.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos dende o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE número 236, do 2 de outubro), e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa (BOE número 167, do 14 de xullo).

Vigo, 17 de febreiro de 2022

A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 8.9.2017)
Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo