Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 11 de marzo de 2022 Páx. 17252

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 24 de febreiro de 2022 pola que se fai público o cofinanciamento pola Unión Europea do contrato de servizo para a elaboración do estudo de boas prácticas de economía circular en sistemas de saneamento e depuración, a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 % do gasto elixible, no marco do programa operativo Feder Plurirrexional de España (POPE) 2014-2020, proxecto Innovaugas 4.0.

missing image file

Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional

Para os efectos previstos na normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos en relación coa obriga de información e publicidade das actuacións cofinanciadas polos ditos fondos, anexo XII do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, dáse publicidade á actuación contratada, de acordo co disposto na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro, que a seguir se indica por razón do seu cofinanciamento pola Unión Europea:

1. Entidade adxudicadora.

Entidade: Augas de Galicia, entidade pública empresarial adscrita á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia.

Actividade principal exercida: infraestruturas e servizos hidráulicos.

Enderezo da internet: http://augasdegalicia.xunta.gal/

Perfil de contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/consultaorganismo.jsp?N=216. Tamén se terá acceso ao perfil de contratante desde a plataforma de contratos públicos de Galicia https://www.contratosdegalicia.gal, accesible así mesmo no portal web institucional da Xunta de Galicia https://www.xunta.gal e na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, o portal de transparencia de Galicia https://transparencia.xunta.gal, a plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es, por medio de ligazóns de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e á páxina web https://augasdegalicia.xunta.gal/

Dependencia que tramita o expediente: Contratación.

Tipo de contrato: servizo.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento de adxudicación: contrato menor (artigo 118 da LCSP).

2. Obxecto do contrato.

Título: contrato de servizo para a elaboración do estudo de boas prácticas de economía circular en sistemas de saneamento e depuración, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do proxecto Innovaugas 4.0.

Clave do expediente: GA.21165.

CPV (referencia de nomenclatura): 71311000-1 servizos de consultoría en enxeñaría civil.

Orzamento base: importe neto: 14.950,00 euros. Importe total: 18.089,50 euros.

Prazo de execución: 6 meses.

Importe da adxudicación: importe neto: 13.531,00 euros. Importe total: 16.372,51 euros.

Empresa contratista: Cuartazona Ingeniería, S.L.

3. Información sobre o contrato relacionado cun proxecto ou programa financiado con fondos da Unión Europea: actuación referida no punto 2 anterior cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 % do gasto elixible, no marco do programa operativo Feder Plurirrexional de España (POPE) 2014-2020.

A actuación enmárcase dentro do programa operativo no obxectivo temático 1: potenciar a investigación, o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación; prioridade de investimento 1.b: fomento do investimento empresarial en I+i, o desenvolvemento de vínculos e sinerxías entre as empresas, os centros de investigación e desenvolvemento e o sector do ensino superior, en particular, mediante o fomento do investimento no desenvolvemento de produtos e servizos, a transferencia de tecnoloxía, a innovación social, a innovación ecolóxica, as aplicacións de servizo público, o estímulo da demanda, a interconexión en rede, as agrupacións e a innovación aberta a través dunha especialización intelixente, e mediante o apoio á investigación tecnolóxica e aplicada, liñas piloto, accións de validación precoz dos produtos, capacidades de fabricación avanzada e primeira produción, en particular, en tecnoloxías facilitadoras esenciais e difusión de tecnoloxías polivalentes; obxectivo específico 1.2.1: impulso e promoción de actividades de I+i lideradas por empresas, apoio á creación e consolidación de empresas innovadoras e apoio á compra pública innovadora; actuación 1.2.1.4: liña de fomento da innovación desde a demanda (FID) e da compra pública innovadora (CPI) (segundo o documento de criterios e procedementos de selección de operacións (CPSO).

Santiago de Compostela, 24 de febreiro de 2022

A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia